Inicio arrow Metal; Construc; Afíns (MCA) arrow UGT esixe unha investigación sobre Hércules Armamento
 
     
Actualidade
UGT esixe unha investigación sobre Hércules Armamento Imprimir E-Mail
Escrito por MCA-UGT Coruña   
viernes, 07 de noviembre de 2014

UGT esixe unha investigación sobre a nova concesionaria de Santa Bárbara

 

Enlace permanente de imagen incrustada

UGT alerta dun posible delito de falsidade documental e fraude fiscal por parte da adxudicataria de Santa Bárbara, Hércules de Armamento.

Antigos traballadores da fábrica de armas e afiliados de UGT solicitaron onte no Rexistro Municipal da Coruña que o concello e o alcalde, Carlos Negreira fagan "as actuacións necesarias para evitar un posible delito de falsidade documental e fraude fiscal" por parte de Hércules de Armamento, a compañía adxudicataria da planta.
 
Durante unha concentración celebrada o pasado venres na praza de María Pita, o secretario xeral de UGT- MCA Coruña, Roberto Teijido, pediu ás administracións "implicación" para investigar un concurso "ilegal" pois, "segundo a documentación que manexamos, a empresa "non" está ao día nas súas obrigas tributarias".
Modificado o ( martes, 11 de noviembre de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE