Inicio arrow Servizos (FES) arrow As/os traballadoras/es de limpeza do Mº de Defensa na Coruña inician unha folga indefinida
 
     
Actualidade
As/os traballadoras/es de limpeza do Mº de Defensa na Coruña inician unha folga indefinida Imprimir E-Mail
Escrito por FES-UGT Coruña   
martes, 28 de octubre de 2014

Enlace permanente de imagen incrustada

As/os traballadoras/es de limpeza do Mº de Defensa na Coruña  inician unha folga indefinida 

 

 As/os traballadoras/es dos servizos de limpeza das dependencias do Ministerio de Defensa na Coruña, pertencentes á empresa concesionaria CLEANETcomezaron esta semana unha folga indefinida motivada polo impago de salarios dende o mes de setembro ao que se suma os atrasos reiterados no cobro por parte da empresa dende que lle foi asignado o servizo. 

Dende o luns 27 de outubro, as traballadoras de CLEANET comezaron unha folga indefinida e convocarán unha serie de concentracións ante o edificio de Capitanía, na Delegación de Defensa e no cuartel de Atocha.

Ditas concentracións terán lugar todos os días ás 9.30 horas en Capitanía e ás 10:00 horas no cuartel de Atocha

O secretario xeral de FeS-UGT Coruña, Juan Manuel Carreira, manifestou o luns durante a primeira concentración que "non se pode permitir que as empresas adxudicatarias de servizos públicos xoguen coa vida das súas traballadoras, non abonando o seu salario, e incumprindo o convenio colectivo, mentras os organismos estatais miren cara a outro lado, en vez de velar polo cumprimento dos dereitos laborais".

Modificado o ( domingo, 09 de noviembre de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE