Inicio arrow Servizos Públicos (FSP) arrow Concentración diante do CHUAC en apoio á Teresa Romero, a enfermeira contaxiada por Ébola
 
     
Actualidade
Concentración diante do CHUAC en apoio á Teresa Romero, a enfermeira contaxiada por Ébola Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT Coruña   
lunes, 13 de octubre de 2014

Concentración na Coruña en apoio á Teresa Romero, a enfermeira contaxiada por Ébola

 Traballadoras/es do CHUAC e representantes sindicais concentráronse esta mañá diante do Complexo Hospitalario da Coruña- CHUAC para amosar o seu apoio á Teresa Romero, a auxiliar de enfermería que resultou contaxiada polo virus ébola, despois de presentarse voluntaria para prestar tratamento sanitario a un enfermo nun Hospital da Comunidade de Madrid.

Dadas as últimas declaracións realizadas por diferentes representantes públicos, como o propio conselleiro de sanidade do goberno de Madrid, que chegaron a cuestionar a profesionalidade de Teresa Romero, UGT quere manifestar o seu apoio á Teresa Romero así coma a todo o personal sanitario que está a atender – poñendo en risco a súa saúde- a crise do ébola en España.

UGT remitiu a pasada semana unha carta á Ministra de Sanidade, Ana Mato, para que informe convenientemente sobre a xestión dos casos de infección por virus de Ébola importados a España, a xestión que se está a realizar coa profesional sanitaria do Hospital Carlos III afectada,e as actuacións en saúde pública que se están a desenvolver. 

É de suma importancia que se aborden, tanto os aspectos relacionados coa prevención de riscos laborais para o persoal dos servizos esenciais, sanitario e non sanitario que puidesen expoñerse ao virus, coma as medidas de saúde pública que deben adoptarse co conxunto da poboación.

Non abonda con colgar na páxina web do MSSSI información dirixida aos cidadáns/viaxeiros, información adicional para profesionais e enlaces de páxinas oficiais de interese; a información debe estar dispoñible en español e en todos as linguas oficiais do Estado e facela chegar aos profesionais a través dos representantes sindicais dos traballadores e das canles organizativas establecidas no sistema sanitario.

Outro aspecto fundamental nunha crise destas características é a vixilancia, adecuación, control e verificación do cumprimento dos protocolos, así como a formación do persoal que ten que actuar nestas situacións, tanto nos centros sanitarios, como nas empresas contratadas para a subministración de servizos ao sistema sanitario. Por último, esta crise do virus Ébola pon en evidencia as políticas de recortes que deterioran os sistemas sanitarios públicos e poñen en risco a saúde dos traballadores e os cidadáns....


Modificado o ( jueves, 16 de octubre de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE