Inicio
 
     
Actualidade
"Xornada mundial polo traballo decente" Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
miércoles, 08 de octubre de 2014

Cadros e delegados de UGT e CCOO movilizáronse na Coruña o 7 de outubro "Xornada mundial polo traballo decente"

 

Unha xornada que non é puramente conmemorativa, senón que hai razóns e causas suficientes para a mobilización. O traballo decente é emprego con dereitos, é salario digno, é protección social e tamén é o respecto polos dereitos de liberdade sindical e á negociación colectiva.

Este ano, a pesar do proceso de recuperación económica publicitado polo Goberno e as organizacións empresariais, a realidade é outra: a crise continúa, cunhas taxas de desemprego cada vez máis preocupantes e unha conxuntura que se empeza a enquistar.

Hai 284.300 persoas en situación de desemprego en Galicia, segundo os últimos datos da EPA (5.600.00 en todo o Estado). Destas, 171.900 levan máis dun ano no paro e 118.000, máis de dous.

Ademais, o emprego que se crea é temporal, precario e a tempo parcial. A taxa de temporalidade xa é en Galicia do 23,8 por cento e máis do 60 por cento dos que traballan a tempo parcial non o fan voluntariamente, senón porque non atoparon un emprego a tempo completo. Ademais, para as persoas que traballan, a depreciación de salarios e rendas é cada vez meirande. O mesmo lles ocorre ao colectivo de pensionistas.

Hoxe, neste país, ter un traballo ou cobrar unha pensión xa non garante unha vida digna e, de feito, son moitas as persoas que nesta situación cruzan a liña da exclusión social. Calcúlase que máis dun 27 por cento da poboación está en risco de pobreza, unha porcentaxe que se eleva ao 40 por cento no caso das persoas desempregadas. Cómpre lembrar que en Galicia hai 93.700 fogares con todos os seus activos no paro e 32.000 nos que non se percibe ningún tipo de ingreso...

p { margin-bottom: 0.21cm; }a.cjk:link { }a.ctl:link { }

Por todo isto, UGT e CCOO consideran que hai motivos de sobra para que este 7 de outubro fose un día de mobilización e para reforzar a esixencia de que o Goberno cumpra cos compromisos adquiridos cos interlocutores sociais o pasado 29 de xullo. Antes de que remate o mes, o Goberno debe reforzar a protección social cunha nova renda, pois hai, como se dixo máis arriba, 740.000 fogares en toda España sen ningún tipo de ingreso e 32.000 en Galicia. É unha cuestión de xustiza social e o Goberno debe acelerar o proceso de diálogo social neste terreo.

Nas mobilizacións convocadas tamén se demandou unha modificación dos Orzamentos xerais do Estado para o 2015 porque son insostibles na conxuntura actual. Resultan incomprensibles as partidas destinadas a protección por desemprego, políticas activas, Fogasa, I+D+i, servizos públicos ou emprego público.

Finalmente, nas mobilizacións tamén se lle demandou ao Executivo, unha vez máis, que retire o artigo 315.3 do Código penal, tal e como se comprometeu o ex-ministro de Xustiza, pois en España hai máis de douscentos sindicalistas procesados por exerceren a liberdade sindical e participaren en folgas e manifestacións. Ademais, pediuse que se restableza a forza vinculante que ten o convenio colectivo, algo que foi vulnerado pola reforma laboral.



Modificado o ( lunes, 13 de octubre de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >