Inicio arrow Servizos (FES) arrow FES-UGT abre unha conta solidaria cos traballadores de Urbaser de Lugo que levan máis dun mes en fol
 
     
Actualidade
FES-UGT abre unha conta solidaria cos traballadores de Urbaser de Lugo que levan máis dun mes en fol Imprimir E-Mail
Escrito por FES-UGT Coruña   
martes, 15 de julio de 2014

FES-UGT abre unha conta solidaria cos traballadores de Urbaser de Lugo que levan máis dun mes en folga

 

A Federación de Servizos de UGT - FES-UGT ven de abrir unha conta solidaria cos traballadores de Urbaser de Lugo ( IBAN ES24 0075 8911 2506 0080 0142) que levan 37 días en situación de folga indefinida ante a imposibilidade de pechar coa empresa un acordo digno de Convenio colectivo.

 

O pasado luns día 9 de xuño ás 23:00 horas iniciouse un conflito no servizo de recollida de lixo do Concello de Lugo, cuxa empresa concesionaria é URBASER. Este conflicto se inicia porque a empresa URBASER, en plena negociación do novo Convenio Colectivo, pretende incumprir o acordo alcanzado no Convenio vixente do ano 2012, rebaixando aos traballadores tanto as condicións económicas como as condicións sociais, o que motiva o rexeitamento por parte dos traballadores e a consiguinte ruptura das negociacións por parte de la empresa. 

Produto desta situación o Comité de Empresa, no cal UGT ten a maioría absoluta e representación CIG e USO, viuse abocado a convocar Folga Indefinida. Desde o inicio da folga a empresa mantivo unha actitude de absoluto pasotismo, como se o conflito non fose con ela, a mesma actitude se lle pode achacar ao Concello de Lugo e máis concretamente á figura do seu alcalde.

Ao inicio da folga decrétanse, por parte do Concello, uns servizos mínimos do 70% e do 100% o cal vulnera claramente o dereito de folga; isto leva á decisión, por unanimidade dos traballadores, de incumprir ditos servizos mínimos, ante o cal a empresa decide despedir a 12 traballadores, sendo dous deles membros do Comité de Empresa, e abre expediente disciplinario a outros 11, que non son outros que os que compoñen o Comité de Folga.

Modificado o ( viernes, 18 de julio de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE