Inicio arrow Xuventude arrow Foro de emprego para xovenes titulados en FP
 
     
Actualidade
Foro de emprego para xovenes titulados en FP Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
martes, 04 de febrero de 2014

Foro de emprego para xovenes titulados en FP

O pasado día 31 de xaneiro tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela o Foro de Emprego para xovenes titulados en Formación Profesional que forma parte do Plan de Actividades de EURES para 2014 e que corresponde desenvolver ao Consello Sindical Interrexional (achégase programa da xornada).

 O Foro de Emprego para xovenes de FP realizouse no salón de actos do politécnico contando con 157 participantes que na súa maior parte eran alumnos do centro de formación dos ciclos medios e superiores. O programa de traballo desenvolveuse en dous paneis sendo o primeiro deles para a participación dos representantes da administración portuguesa e da Xunta de Galicia, así como persoal da Oficina de Coordinación do EURES Transfronteirizo.

 O segundo panel tratou sobre a situación actual e perspectivas de futuro para a formación profesional, e na mesma interviron representantes dos catro sindicatos que forman o Consello Sindical Interrexional e das confederacións de empresarios de Galicia e do Norte de Portugal...

As principais intervencións e conclusións das diferentes posicións expresadas polos ponentes foron as seguintes:

  • E necesario establecer un sistema claro, transparente e accesible para os cidadáns sobre o recoñecemento das titulacións de FP que permitan o exercicio das actividades profesionais respectivas entre Galicia e Portugal.

  • Necesidade de identificar un procedemento para o recoñecemento das cualificacións profesionais entre Galicia e Portugal, comezando por aquelas profesións que teñen maior mobilidade transfronteiriza.

  • Asegurar a coordinación das políticas de formación profesional coa participación dos axentes sociais, poñendo límite ás duplicidades.

  • En relación á modalidade de FP dual o realista sería que conviva co actual sistema de FP, e que sexa cursada por alumnos que teñan abandonado o sistema educativo e se atopen no mercado de traballo, así como por traballadores demandantes de emprego e por unha parte significativa de alumnos en idade escolar.

  • A modalidade dual debe centrarse preferentemente na oferta de títulos de grado medios de FP co obxecto de ofrecer un estímulo aos xovenes que finalizaron a educación secundaria obrigatoria e reducir así o abandono escolar temperá e aumentar a taxa de cualificación de niveis intermedios da poboación activa.

  • A relación laboral da modalidade dual de FP podería establecerse a través dos contratos de formación e aprendizaxe. Cunha duración máxima de 3 anos e uns tempos de estudio mínimos do 25% (primeiro ano) e 15% (segundo ano) que deberían ser suficientes para cursar nos centros educativos as materias soporte, as correspondentes ás competencias básicas e as de contidos mais xeralistas dos títulos de FP ou dos certificados de profesionalidade

  • Mellora da xestión dos centros de FP coa participación dos axentes sociais e comunidade educativa buscando a adaptación do propio alumnado ao novo modelo realizando a avaliación dos resultados da implantación do novo sistema de formación profesional.

  • Continuar coa planificación e posta en marcha de proxectos de FP transfronteiriza que teñan o dobre recoñecemento e que aporten valor engadido á formación do traballador.

Modificado o ( martes, 04 de febrero de 2014 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE