Inicio
 
     
Actualidade
O Proxecto de Lei de Orzamentos de 2014 mantén os recortes no ensino concertado Imprimir E-Mail
Escrito por FETE-UGT   
lunes, 18 de noviembre de 2013

O Proxecto de Lei de Orzamentos de 2014 mantén os recortes no ensino concertado


Os representantes das organizacións do ensino concertado, asinantes deste comunicado, manifestan a súa total oposición ao mantemento, no proxecto de Lei de Orzamentos para o ano 2014, dos recortes que este sector está a padecer dende o ano 2OLO, e que se sustancia en:

1. Os docentes dos centros concertados sofren dende o ano 2010 dunha importante redución dos seus salarios, que abona a administración educativa en virtude do pago delegado, non só pola suspensión unilateral dos acordos subscritos coa propia Administración Educativa no ano 2008, senón polos recortes salariais que veñen recollendo os orzamentos dos anos 2011, 2OL2 e 2013. En termos porcentuais o salario dos docentes do ensino concertado sufriu unha minoración do 12% dende o ano 2010...

2. Os centros educativos están a sufrir a minoración da partida de gastos ordinarios e de funcionamento, no que está incluído o salario do Persoal de Administración e Servizos.

3. Para o noso alumnado e as súas familias, tamén afectados pola crise, estes orzamentos omiten, unha vez mais, calquera tipo de axuda para comedores escolares, actividades extraescolares, coidadores e outras dotacións.

4. A utilización pola administración educativa, unha vez máis, da Lei de Orzamentos non só para manter esta política de recortes, senón para evitar o cumprimento dos Acordos que a propia administración asinou en anos anteriores (por exemplo prohíbir o abono da Paga Extraordinaria por Antigüidade) ou para omitir a súa responsabilidade con respecto ao pagamento das Xefaturas de Departamento, responsabilidade sancionada neste caso por reiteradas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O goberno do Partido Popular, dende a súa chegada á Consellería de Cultura,

Educación e Ordenación Universitaria, non formalizou ningún tipo de acordo para este sector, reiterando a súa negativa incluso a reunir coa frecuencia debida á Comisión Tripartita do Ensino Concertado.

Modificado o ( lunes, 18 de noviembre de 2013 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE