Inicio arrow Traballadores do Ensino (FETE) arrow 10.000 persoas manifestáronse onte na Coruña contra a LOMCE
 
     
Actualidade
10.000 persoas manifestáronse onte na Coruña contra a LOMCE Imprimir E-Mail
Escrito por FETE-UGT   
viernes, 25 de octubre de 2013

10.000 persoas manifestáronse onte na Coruña contra a LOMCE

 No día de onte a comunidade educativa participiou masivamente na folga xeral, dende educación infantil ata a Universidade, contra os recortes en educación e contra a LOMCE aprobada no Congreso grazas á maioría absoluta do PP e co rexeitamento de toda a oposición e a comunidade educativa. A folga conseguiu paralizar o 90% dos centros educativos, pois seis de cada dez docentes da educación pública secundaron a folga.

Arredor de 10.000 persoas, estudantes, mestres, pais e nais e cidadanía en xeral manifestáronse en contra da reforma do ministro Wert nunha marcha que saiu ás 19.30 horas dende a praza da Palloza e na que participou a Pataforma Galega polo Dereiro ao Ensino, os sindicatos UGT e CCOO e CONFAPA.

Modificado o ( martes, 29 de octubre de 2013 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE