Inicio arrow Xuventude arrow Carta Aberta pola Ciencia mobilizarase o 14 de xuño baixo o lema «Salvemos a investigación»
 
     
Actualidade
Carta Aberta pola Ciencia mobilizarase o 14 de xuño baixo o lema «Salvemos a investigación» Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
jueves, 13 de junio de 2013
O colectivo Carta Aberta pola Ciencia mobilizarase o 14 de xuño baixo o lema «Salvemos a investigación»O colectivo Carta Aberta pola Ciencia mobilizarase o 14 de xuño baixo o lema «Salvemos a investigación»


O colectivo Carta Aberta pola Ciencia, do que forman parte UGT e CC OO, denuncia que as reducións nas asignacións orzamentarias en I+D+i superan o 30 % no que levamos de lexislatura, abocando a universidades e organismos públicos de investigación a unha crise irreparable, incapaces de manteren as súas infraestruturas e de reteren o capital humano xerado.

O Plan Nacional de Investigación sofre atrasos de meses nas convocatorias de 2013, ao tempo que os fondos de 2012 aínda non foron librados. A Axencia Estatal de Investigación segue sen se crear. O Programa Nacional de Reformas 2020 prevé alcanzar o 2 % do pib en I+D+i nese ano, no canto do 3 % fixado pola UE. E iso confiando en que sexa o sector privado o que asuma o incremento do financiamento da I+D+i, a sabendas de que a súa achega leva caendo desde 2004...

Carta Aberta pola Ciencia reitera a súa mensaxe de que «Coa I+D+i hai futuro», conscientes de que só mediante a investigación e a innovación a nosa sociedade pode encarar o futuro con posibilidades. Para iso elaboraron unha nova Carta aberta pola Ciencia co título «Salvemos a Investigación», que xa leva recollidas decenas de miles de sinaturas de apoio que entregarán no Ministerio de Economía e Competitividade o venres, 14 de xuño.

Coincidindo con este acto, convócanse actos de apoio, concentracións e manifestacións noutras localidades. En Galicia haberá unha concentración ás 13:30 horas na praza do Obradoiro. Desde o Sindicato Nacional de CC OO Galicia e a UGT Galicia chamamos á participación nestes actos reivindicativos en defensa da investigación.

Modificado o ( jueves, 13 de junio de 2013 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE