Inicio arrow Xuventude arrow Curso de monitor de actividades de tempo libre concello de Cambre
 
     
Actualidade
Curso de monitor de actividades de tempo libre concello de Cambre Imprimir E-Mail
Escrito por xuventude   
lunes, 01 de octubre de 2012

Curso MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

 

O título de Monitor de ATL está homologado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia; ten coma obxectivo formar persoas capaces de realizar actividades  de lecer, recreativas e socioculturais, tanto no tempo libre urbán como na natureza.  Sendo monitor/a, poderás traballar con nenos, mocidade e maiores, en campamentos, comedores escolares, saídas, excursións, actividades extraescolares, ludotecas, etc...

 

DATAS DE INSCRICIÓN: dende o luns 1/10/2012 ao venres 5/10/2012, ás 14 horas.

INICIO/FINAL DO CURSO: comeza o 20 de outubro. Remata o 2 de febreiro de 2013

LUGAR DAS CLASES: As clases teóricas-prácticas serán na Casa da Xuventude (Casa das Palmeiras, rúa Tapia 1, 15679 O Temple-Cambre). Haberá saídas e acampada.

PRAZAS: 25. Os participantes deben ser maiores de idade e estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: ESO, Graduado escolar ou Técnico auxiliar en formación profesional. Teñen preferencia os empadroados menores de 30 anos.

INFORMACIÓN XERAL:  curso oficial de Monitor de Actividades de Tempo Libre  

HORARIOS DAS CLASES: 9 a 14 horas e de 15,30 a 20,30 horas

As clases serán, basicamente, en sábados. Haberá un fin de semana completo de clase (venres tarde, sábado e domingo, para facer o modulo de campismo e aire libre). Tamén haberá clase, de xeito ocasional e puntual, algún domingo.

O curso ten unha duración de 200 horas lectivas e 150 horas de prácticas.

PROTOCOLOS DE INSCRICIÓN: Se o número de solicitudes supera o número de prazas ofertadas farase un sorteo o luns 8, ás 10 horas. Os participantes non empadroados non entran en sorteo, e deberán esperar a que haxa prazas libres para poder formalizar a inscrición definitiva.

INSCRICIÓN DEFINITIVA: a partir do luns 8, ás 10 da mañá (ás 12 horas se houbese necesidade de sorteo), pódese pasar pola OMIX ou pola Casa da Xuventude para formalizar a inscrición. O pago efectuarase ata o mércores 10 ás 14 horas. Senón se acredita dito pago causará baixa na lista e perderá a praza.

As persoas que non entraron no primeiro sorteo deberán chamar ou acudir á OMIX ou á casa da Xuventude o mércores 9, a partir das 19 horas. E  se obteñen praza teñen o xoves 11, ata as 20 horas, para efectuar e acreditar o pagamento. E así sucesivamente (chamar un día e o seguinte para efectuar o pagamento)

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 3 fotos carné, copia DNI, copia título académico, FIPAX

 

PREZO

EMPADROADO

NON EMPADROADO

Xeral

220,00 euros

275,00 euros

Familia Numerosa

 

110,00 euros

-------------------

Tarxetom (carné da OMIX)

Pertenza a AAXX

165,00 euros

Carné Xove

165,00 euros

220,00 euros

Parado

154,00 euros

---------

Voluntariado de Cambre

209,00 euros

 

DATAS DAS CLASES

OUTUBRO: 20, 27

NOVEMBRO: 3, 4, 10, 11, 16-17-18, 24

DECEMBRO: 1, 2, 8, 15, 22, 29

XANEIRO: 5, 12, 19, 26

FEBREIRO: 2

 

MAIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

DEPARTAMENTO DE XUVENTUDE

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

CASA DA XUVENTUDE

Adro 1, 15660 Cambre

Tlf. 981.613.170

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

Tapia 1, 15679 O Temple- Cambre

Tlf. 981.650.269

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 

Modificado o ( lunes, 01 de octubre de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE