| A Xunta reducirá os concertos cos centros privados nun 4,5% |
|
|
| Escrito por FETE-UGT | |
| lunes, 30 de julio de 2012 | |
O conselleiro Jesús Vázquez asegura aos representantes de FETE-UGT, CCOO, FSIE e USO que se fará unha redución na masa salarial dos docentes equivalente ao 4’5 %Como xa informamos (www.feteugtgalicia.es) o RD lei 20/2012 establece un recorte no módulos de concertos dos salarios, un 4’5% no de gastos variables e o 1’5% no de “outros gastos”. As organizacións sindicais solicitamos á Consellería a reunión da CTEPC para que se clarificase a repercusión que isto ía ter para os traballadores do ensino concertado en Galicia. Ao pouco tempo enterámonos de que as organizacións empresariais foran convocadas o 19 de xullo polo Consellerior para tratar este asunto, entre outros. Tamén nos chega o rumor de que se nos suprimirá íntegra a paga extra de decembro, o que supón unha redución superior ao 4’5% da establecida no decreto. Así as cousas, os representantes sindicais de FETE-UGT, CCOO, FSIE e USO decidimos ir falar, sen previa cita, co Conselleiro para que nos dea as explicacións pertinentes. Así o fixemos. Ás 12:30 do día 27 presentámonos no seu despacho e, para sorpresa nosa, recibiunos.' FETE-UGT e demais OOSS expresámoslle a nosa indignación pola discriminación que supón convocar aos representantes das organizacións empresariais e non facer o propio cos representantes dos traballadores. Preguntado o Conselleiro sobre a repercusión do decreto responde que se aplicará unha redución do 4’5% na masa salarial, é dicir, salario base e complemento autonómico. Engadiu que esta redución se aplicará na paga extra de decembro e asegurou que se convocaría a CTEPC para aclarar este asunto. En fin, unha vez máis a Administración educativa demostrou o seu desprezo polos traballadores e os seus representantes, ignorándoos olímpicamente. |
|
| Modificado o ( lunes, 30 de julio de 2012 ) |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|








