Inicio arrow Gabinete Comunicación arrow Actualidade arrow Manifestacion 19 Xullo contra a reforma laboral
 
     
Actualidade
Manifestacion 19 Xullo contra a reforma laboral Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
viernes, 20 de julio de 2012

Máis de 70.000 persoas claman na Coruña contra o «saqueo» que representan os recortes do Goberno do PP

 

As manifestacións máis multitudinarias en Galicia nos últimos anos

A cidadanía mobilizouse de xeito masivo en dez localidades galegas convocadas por UGT, CCOO e CIG


Na tarde do xoves máis de 350.000 persoas participaron nas dez manifestacións convocadas por UGT, CCOO e CIG por todo o territorio galego. De xeito unitario e masivo clamaron contra o «saqueo» que representan os últimos recortes aprobados polo Goberno central, en mans do PP, que agravan os efectos dos impostos semanas e meses atrás.

Na Coruña, 70.000 persoas partiron da praza da Palloza, nunha das mobilizacións máis multitudinarias que se lembran. Os tres dirixentes sindicais denunciaron, unha vez máis, o «saqueo» que supón para a clase traballadora o novo paquete de medidas, que cualificaron tamén de «insolidarias», «inxustificadas» e «inxustas».

Advertiron tamén de que este plan de recortes, especialmente lesivo para quen menos ten, non vai quedar sen resposta.

Para CIG, CCOO e UGT, o «programa oculto» do PP, agora por fin revelado, ten como obxectivo eliminar dereitos, deteriorar os servizos públicos e precarizar e desregular o máis posible as condicións de vida e de traballo.

Por iso aprobaron a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción ou a suba do tipo xeral do IVE do 18 ao 21% e do reducido do 8 ao 10%... 

Na mesma liña van a supresión da paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e da súa negociación colectiva; a redución das empresas e fundacións públicas; a delimitación da prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; a liberalización do sector dos servizos e flexibilización dos horarios comerciais e a privatización dos sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras.

Mentres iso sucede, os auténticos responsables da crise vense beneficiados por amnistías fiscais e políticas favorables aos seus intereses.

Aproveitando a súa maioría absoluta tanto en Galicia como no Estado, o PP estase limitando a gobernar a golpe de decreto. Néganse ao diálogo e converten as mesas e espazos legais de negociación en simples trámites informativos.

Ante a ausencia de talante democrático de quen goberna, o movemento sindical expresarase mediante mobilizacións, advirten CCOO, UGT e CIG.

Modificado o ( viernes, 24 de agosto de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados