Inicio arrow Gabinete Comunicación arrow Soliedariedade cos traballadores/as da SER
 
     
Actualidade
Soliedariedade cos traballadores/as da SER Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
lunes, 02 de julio de 2012

UGT apoia aos traballadores/as da Cadena Ser Galicia diante dun ERE que pode afectar a 200 persoas en toda España


UGT manifesta o seu apoio aos traballadores e traballadoras da CADENA SER GALICIA á vez que denuncia o novo Expedente de Regulación de Emprego (ERE) que pretende poñer en marcha a empresa PRISA RADIO en toda España, e que suporía o despedimento de máis de 200 traballadores e unha redución salarial media dun 10 por cento. Este apoio faise estensivo aos empregados das emisoras asociadas á Cadena SER, nas que aínda está por ver a repercusión deste ERE na empresa matríz.

O cadro de persoal da SER está chamado a una folga de vintecatro horas para o próximo venres, 29 de xuño

As medidas de axuste non afectarían as “estrelas da programación” xa que a empresa anuncia novas fichaxes

 

O cadro de persoal de Cadena SER xa sufriu un ERE fai tres meses, que supuxo a saía da empresa de máis de 300 persoas en toda España. É de temer que este novo ERE que pretende a empresa iniciar afectaría as partes máis débiles da empresa: as emisoras locais e ao persoal de administración. Este ERE se levaría a cabo a pesares de existir unha cláusula de garantía na que a empresa se comprometía a non realizar ningún despedimento colectivo durante 18 meses, ata abril de 2013.

Os traballadores e traballadoras plantexaron, como medidas alternativas outras posibilidade que non foran o despedimento  (suspensións temporais, redución salarial, etc), pero parece que as novas estrelas da programación van  estar exentas destas medidas, xa que a empresa ten anunciado a contratación de novas fichaxes para a vindeira tempada.

Como consecuencia desta postura da empresa, os traballadores e traballadoras da Cadena SER manteñen a convocatoria dunha folga de vintecatro horas para o próximo 29 de xuño, venres.

Modificado o ( lunes, 02 de julio de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados