Inicio arrow Acción Sindical arrow “NOITE E DÍA: CONTRA A REFORMA LABORAL”
 
     
Actualidade
“NOITE E DÍA: CONTRA A REFORMA LABORAL” Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
miércoles, 23 de mayo de 2012

NOITE E DÍA: CONTRA A REFORMA LABORAL

 

UGT e CC.OO facemos un chamamento aos traballadores/as, á sociedade e ás organizacións máis dinámicas e representativas, para tecer unha resposta contra a Reforma do Mercado de Traballo aprobada polo Goberno do Partido Popular, participando nas concentracións que baixo o lema “NOITE E DÍA: CONTRA A REFORMA LABORAL” celebraremos hoxe 23 de maio ás 22:00 horas e mañá 24 de maio ás 12:00 horas na Delegación do Goberno (da Plaza de Ourense).

A reforma laboral máis regresiva da Democracia vaise aprobar polo Goberno do Partido Popular, o vindeiro día 24 de maio no Parlamento Español. Unha reforma que non serve para xerar emprego. O obxectivo foi poñer o servizo dos empresarios o mercado de traballo, desregulando as relacións laborais. Os obxectivos de reducción dos déficit públicos tampouco poden cumplirse, a pesar dos brutais recortes orzamentarios, ou precisamente por eles.

A Reforma Laboral e as políticas de axuste únicamente serven para prolongar a recesión, que continúe aumentando o número de parados e que incremente a pobreza.

Os danos destas políticas son dramáticas: recesión económica en boa parte da Unión Europea, máis paro, máis pobreza, máis desigualdade.

España é un dos países europeos que máis está sufrindo as consecuencias. As nosas cifras de desempregados son as peores da UE:

·         5,3 millóns de persoas no desemprego (case o 23% da poboación activa e o 50% dos mozos), e unha tendencia cara aos 6 millóns a finais de 2012.

·         Crece o número de parados que non percibe ningún tipo de prestación por desemprego.

·         Máis da cuarta parte da poboación está por baixo do índice de pobreza, e crece a desigualdade social.

As políticas de benestar social e as propostas relacionadas cós servizos públicos foron elementos esenciais ná construción europea, e agora os detractores do papel do Estado e os que defenden os mercados, entre eles o español, sacrifican os servizos públicos ó servizo do cidadán en aras do cumprimento do déficit.

A crise xenerada polo sector financieiro especulativo actúa sen ningún tipo de escrúpulos ni control para acadar os máximos beneficios no menor tempo posible. A pesar das inxentes cantidades de capital inxectado ó sector financieiro, o crédito sigue sen chegar ós cidadáns e as empresas, o que provoca unha caída no consumo e o peche de miles de empresas con un aumento constante de desemprego.

        

NON Á REFORMA LABORAL: POR INUTIL, INEFICAZ E INXUSTA.

 

 


Modificado o ( martes, 11 de diciembre de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE