Inicio arrow Gabinete Comunicación arrow 30.000 persoas mobilizáronse no Primeiro de Maio baixo o lema "Queren acabar con todo"
 
     
Actualidade
30.000 persoas mobilizáronse no Primeiro de Maio baixo o lema "Queren acabar con todo" Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
martes, 01 de mayo de 2012

30.000 persoas maniféstanse na Coruña no 1º de maio contra os recortes do Goberno

 A manifestación da Coruña contou coa participación dos secretarios xerais de ambos sindicatos en Galicia, Xosé Manuel Sánchez (CCOO) e José Antonio Gómez (UGT). Este Primeiro de Maio celébrase dentro dun contexto de mobilizacións iniciado o pasado 19 de febreiro e que se manterá no tempo mentres o Goberno non mude o seu xeito de actuar.

UGT e CCOO rexeitan que o Executivo continúe a adoptar medidas de axuste que resultan lesivas e que só contribúen a minguar os dereitos dos traballadores e o Estado do benestar, polo que non serven para recuperar a actividade económica. De feito, xa este domingo tiveron lugar en Galicia varias manifestacións para denunciar que “Coa educación e a sanidade non se xoga”, contando cunha participación cidadá moi significativa...

Este ano, o Primeiro de Maio vén marcado polo recrudecemento da crise global. O fracaso das políticas neoliberais que se aplicaron para combatela é un feito incuestionable e con efectos dramáticos, pois aumentaron a destrución de emprego, a pobreza e as desigualdades.

As políticas impulsadas polas institucións europeas son moi inxustas e están tendo consecuencias: máis persoas en paro, máis pobreza e máis desigualdade social. Ademais, son un fracaso en termos económicos. Os obxectivos explícitos están lonxe de poderse cumprir, dado que as políticas de austeridade levaron a unha

Preto de 125.000 persoas saíron ás rúas das principais vilas e cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Burela, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo e Ribeira), convocadas por UGT e CCOO, para denunciar que "Queren acabar con todo. Traballo, dignidade e dereitos".

Modificado o ( miércoles, 02 de mayo de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados