Inicio arrow Acción Sindical arrow Declaración de UGT e CCOO. Queren acabar con todo, cos dereitos sociais e laborais
 
     
Actualidade
Declaración de UGT e CCOO. Queren acabar con todo, cos dereitos sociais e laborais Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
miércoles, 14 de marzo de 2012

UGT e CCOO respetan pero discrepan da negativa da CIG a realizar manifestacións conxuntas coa a reforma laboral 


UGT e CCOO respetan pero discrepan da negativa da CIG a realizar actos unitarios e manifestacións conxuntas

UGT-Galicia e CCOO de Galicia respetan pero discrepan da negativa da CIG diante da proposta que se lles fixo para a celebración de xeito conxunto e unitario de manifestacións e actos en contra da Reforma Laboral e contra os recortes nos servizos públicos, que desembocaran na Folga Xeral o 29 de marzo. UGT e CCOO fixeron esta proposta entendendo que conseguir a unidade de actuación de todas as centrais sindicais era o sentir unánime de todos os traballadores e traballadoras.

CCOO e UGT consideran que nun momento en que os traballadores e a cidadanía en xeral está sendo obxecto de agresións brutais contra os seus dereitos, conseguidos despois de moito traballo desde a recuperación da democracia, e de recortes contra os servizos públicos e todo o que representa o estado de benestar, era importante que as centrais sindicais de clase traballaran conxuntamente para darlle resposta a estas agresións.

 

UGT e CCOO consideran tamén que é moito máis importante a unidade nos obxectivos que as diferenzas puntuais que se poidan ter coa central nacionalista, neste senso, máis aló que se realicen manifestacións conxuntas ou por separado, manifestan a súa vontade de traballar para conseguir o obxectivo común de que a Folga Xeral do 29 de marzo sexa un exito e sirva para frear a Reforma Laboral e para evitar que a crise a paguen sempre os máis débiles.

Modificado o ( miércoles, 14 de marzo de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE