Inicio arrow Acción Sindical arrow 30.000 personas manifestáronse na Coruña contra a reforma laboral
 
     
Actualidade
30.000 personas manifestáronse na Coruña contra a reforma laboral Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
lunes, 12 de marzo de 2012

30.000 personas manifestánse na Coruña contra a reforma laboral


Preto de 30.000 persoas na Coruiña (máis de 150.000 persoas en toda Galicia) acudiron á movilización convocada polas Unións comarcais de UGT e CCOO para rexeitar e denunciar a reforma laboral imposta polo Goberno, e xa convalidada no Congreso este xoves polo PP co apoio de CiU, UPN e FAC.

Estas manifestacións e concentracións enmárcase no calendario de mobilizacións que ambos sindicatos abriron o pasado día 19 de febreiro, continuaron o día 29, o día de hoxe para chegar o 29 de marzo á folga xeral.

O apoio masivo da cidadanía reitera o desacordo cunha reforma ineficaz, inútil e moi inxusta cos traballadores e traballadoras do país. A máis lesiva que se ten coñecido neste país no período democrático. Á reforma en si, ás medidas que contén, hai que engadirlle as formas utilizadas polo Goberno. Primeiro recurre á imposición da norma e aprobación en Consello de Ministros e posterior convalidación no Congreso.
 
Todo isto sen atender en ningún momento as reiteradas chamadas ao diálogo de UGT e CCOO, incluso co envío de sendos escritos ao presidente do Goberno nos que se expoñían unha serie de alternativas a esta reforma que ten como única vía de actuación e como centro da súa filosofía o despedimento e o seu abaratamento...

Quizá esta reforma laboral sirva ao Goberno para demostrar, ante os poderes financeiros e os lobbys comunitarios, que é capaz de tomar decisións agresivas fronte aos seus cidadáns. Pero o Goberno sabe, e nós tamén, que non servirá para dar solución ao noso principal problema: o desemprego.

É  unha reforma laboral contra os parados porque a única forma de xerar traballo para os máis de cinco millóns de persoas desempregadas é con crecemento económico. As previsións económicas din que boa parte dos países da Unión Europea entrarán en recesión ao longo de 2012, do mesmo xeito que o noso país, para o que se prevé un crecemento negativo do PIB do 1,7%. Non é verdade que a reforma laboral sirva para crear emprego.

É unha reforma laboral discriminatoria, especialmente para as persoas que non teñen prestacións por desemprego, porque concede privilexios económicos ás empresas de menos de cincuenta traballadores que contraten desempregados con prestación.

É unha reforma laboral contra os traballadores porque converte o despedimento nun recurso fácil, rápido e barato para os empresarios. Hai un consenso xeral en que con esta reforma xa non hai impedimento algún para despedir a calquera traballador/a e que a indemnización máis habitual será de 20 días por ano traballado.

É unha reforma contra os traballadores porque os salarios, os horarios, os postos, a mobilidade xeográfica e calquera outra circunstancia laboral dependen agora da vontade do empresario, sen que o traballador teña opcións de negociación.

É unha reforma laboral contra os traballadores porque inventa unha nova forma de contrato, especial para as empresas de menos de 50 traballadores, é dicir, para case todas. Con ese novo tipo de contrato “para emprendedores”, calquera traballador contratado estará no “limbo laboral” durante o primeiro ano porque se considerará que está “a proba” e, polo tanto, é susceptible de ser despedido en calquera momento, sen requisitos, sen indemnización e sen dereitos.

É unha reforma contra os traballadores porque dificulta a acción colectiva, porque se pretende eliminar a protección dos dereitos colectivos e individuais regulados nos convenios sectoriais e imponse a individualización das relacións laborais coa empresa, porque fai inflexible a renovación dos convenios colectivos, porque elimina, en moitos casos, a protección xurídica recuperando o laudo obrigatorio en contra do dereito constitucional á negociación colectiva. En definitiva, porque é unha reforma laboral que desregula, desvirtúa e desmantela os fundamentos básicos do dereito do traballo.

É unha reforma contra os mozos porque non xerará emprego e, xa que logo, non servirá para reducir o 48 por cento de taxa de desemprego xuvenil que se rexistrou a finais de 2011. Porque amplía os contratos de formación e aprendizaxe ata os 33 anos, porque eses contratos poderán ser de ata tres anos e porque se prolonga o tempo de traballo efectivo ata o 85 por cento no segundo e terceiro ano e poderanse encadear contratos nunha mesma empresa.

É unha reforma laboral contra as mulleres porque a discrecionalidade empresarial e a eliminación de moitos dereitos e proteccións legais aumentarán as desigualdades retributivas que xa padecen, a infravaloración do seu traballo e a permanencia en formas de traballo precario.

É unha reforma contra o crecemento económico porque xerará máis paro e reducirá os salarios dos traballadores con emprego. Ambas as cousas suporán un menor consumo das familias, menos ingresos para o Estado, máis dificultades para afrontar o xa anoréxico gasto público, e xa que logo maior perigo para a pervivencia dos servizos e prestacións públicas... nunha espiral suicida.

É unha reforma laboral contra a cohesión social porque non actúa a favor da xustiza e a eliminación das desigualdades propiciando o crecemento do número de persoas por baixo do limiar da pobreza, que xa se incrementou, de xeito moi significativo, durante os catro anos da crise. A redución do déficit en 2012 nos termos expostos polo Goberno e o teito de gasto imposto ás comunidades autónomas e concellos agravará a situación dos servizos públicos esenciais como sanidade, educación, dependencia... que xestionan as citadas institucións.

É unha reforma laboral contra as condicións de traballo dos empregados públicos autorizando, por primeira vez na historia, ás administracións expedientes de extinción do persoal laboral. A conxunción dunha reforma baseada no despedimento e en recortes brutais provocará un aumento inasumible do desemprego como o propio Goberno recoñece sen pudor. Todo iso acabará ademais afectando negativamente á protección por desemprego dos traballadores españois.

É unha reforma contra o diálogo e a concertación social porque se fixo sen negociación cos interlocutores sociais e sen acordo político. Os brutais axustes económicos que se están adoptando, en España e en toda Europa, son inxustos socialmente, regresivos laboralmente e nacidos para satisfacer a uns poderes financeiros aos que ninguén -e menos a Constitución Española- recoñece como depositarios da soberanía democrática do noso país.

É unha reforma contra o futuro porque nos aboca a un presente de paro e precariedade, un presente no que deberíamos ter a oportunidade de tecer o noso futuro como persoas e o dos nosos fillos, con máis e mellores servizos públicos e con sistemas de protección social que nos aseguren os recursos para unha vellez digna; un futuro no que podamos crecer como persoas no marco dunha sociedade baseada no entendemento, a xustiza, e a solidariedade.

Por todo isto, UGT e CCOO agradecemos, unha vez máis o apoio da cidadanía galega e chamamos a secundar a folgado 29 de marzo porque consideramos que non se pode permitir que, unha vez máis, os traballadores sexamos os paganos dunha situación que non xeneramos, e que se nos impoñan unha serie de normas laborais que nos fan perder todos os dereitos conseguidos con moitas loitas e traballo no período democrático.

Modificado o ( miércoles, 14 de marzo de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE