Un ano máis a UGT da Coruña fará recoñecemento, no Día Internacional da Muller Traballadora, do traballo sindical e do esforzo desempeñado polas compañeiras en defensa dos dereitos da clase obreira, nun ano de crise económica cuxas consecuencias as mulleres tamén sofren severamente.
Co gallo do 8 de marzo, dende a Unión Comarcal de UGT Coruña ponse de manifesto as terribles consecuencias que a crise económica está a ter sobre as mulleres - un sector da poboación en risco de exclusión social- e o impacto que as medidas de recorte e de reforma laboral do Goberno sobre as traballadoras e paradas.
O acto terá lugar o vindeiro xoves 8 de marzo ás 10:30 horas, na sala de xuntas da sede de UGT Coruña (Fernández Latorre, 27, 1º andar).