Inicio arrow Acción Sindical arrow Máis de 20.000 persoas mobilizáronse nas principais vilas e cidades galegas polo emprego e a xustiza
 
     
Actualidade
Máis de 20.000 persoas mobilizáronse nas principais vilas e cidades galegas polo emprego e a xustiza Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
miércoles, 29 de febrero de 2012

Máis de 20.000 persoas mobilizáronse onte nas principais urbes galegas polo emprego e a xustiza social


Máis de 20.000 persoas, convocadas por UGT e CCOO, mobilizáronse esta tarde na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo en defensa do emprego e a xustiza social. As concentracións e manifestacións formaron parte da Xornada de Acción Europea, convoca pola Confederación Europea de Sindicatos (CES) para que os traballadores e traballadoras da UE puidesen expresar o seu rexeitamento ás políticas que as autoridades comunitarias están impoñendo, e apoiar tamén as alternativas do movemento sindical para saír da crise.

Máis de 20.000 persoas, convocadas por UGT e CCOO, mobilizáronse esta tarde na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo en defensa do emprego e a xustiza social. As concentracións e manifestacións formaron parte da Xornada de Acción Europea, convoca pola Confederación Europea de Sindicatos (CES) para que os traballadores e traballadoras da UE puidesen expresar o seu rexeitamento ás políticas que as autoridades comunitarias están impoñendo, e apoiar tamén as alternativas do movemento sindical para saír da crise.

Precisamente, froito destas políticas, o Goberno de España impuxo unha reforma laboral inxusta cos traballadores e as traballadoras, ineficaz para a economía e inútil para o emprego. Unha agresión en toda regra aos dereitos da clase traballadora e cargada de ideoloxía ultraliberal que contenta aos mercados e á chamada troika europea. Esta é unha reforma laboral na que todos os seus camiños conducen ao despedimento, é, en definitiva, a normativa laboral máis dura e perniciosa das que se teñen feito neste país no período democrático.

Esta reforma facilita e abarata o despedimento; suprime a autorización administrativa para os ERE e ábrese a porta para despedir o persoal con contrato laboral fixo das administracións públicas. Permítese o despedimento procedente de traballadores e traballadoras que teñan unha baixa xustificada por enfermidade. O novo contrato para empresas de menos de 50 traballadores, especialmente bonificado, terá despedimento libre e gratuíto durante o primeiro ano. Este contrato, xunto co novo, e tamén precario, de formación para mozas e mozos desmenten todo o dito sobre a necesidade de reducir os tipos de contratación. Tamén se degrada o contrato a tempo parcial permitindo que o empresario modifique unilateralmente a súa xornada. No referente á negociación colectiva, vulnera en cuestións claves o acordo recentemente subscrito entre CCOO, UGT e CEOE-CEPYME, concedéndolle ao empresario a capacidade para modificar unilateralmente todo o pactado no convenio, incluídos os salarios, equiparando as causas de descolgue ás do despedimento obxectivo. UGT e CCOO denuncian que toda a nova norma está orientada a individualizar as relacións laborais, potenciar o convenio de empresa e reforzar ao máximo a capacidade de decisión unilateral dos empresarios para fixar as condicións de traballo, debilitando a capacidade de acción dos sindicatos para defender aos traballadores e ás traballadoras.

MÁIS MANIFESTACIÓNS O VINDEIRO 11 DE MARZO

Xa para denunciar isto, máis de 140.000 persoas ateigaron as rúas galegas o pasado día 19 e hoxe, de novo, deixáronse oír proclamas e mensaxes contra esta reforma laboral, en defensa do emprego e dos servizos públicos. Pero a loita non vai acabar aquí, o vindeiro día 11 de marzo ambos sindicatos convocan unha nova xornada de manifestacións en todo o país contra a reforma laboral e en defensa dos servizos públicos, que forman parte dun proceso sostido e crecente de mobilizacións.

CCOO e UGT denuncia que dende maio de 2010 as institucións da UE están impoñendo políticas de austeridade, axustes orzamentarios e recortes sociais e as chamadas reformas estruturais, especialmente nos mercados de traballo, como exemplo claro disto o que ven de suceder neste país. Estas políticas, que tiñan como obxectivos declarados gañar a confianza dos mercados para que os estados puideran financiarse con tipos de xuro baixos e reducir os niveis de déficit e débeda públicos nun corto espazo de tempo, resultaron un claro fracaso. A crise das débedas soberanas estendeuse e fíxose máis aguda. E os danos colaterais destas políticas son dramáticos, pasouse da recuperación da economía a unha nova recesión en toda a UE, o paro incrementouse, o mesmo que a pobreza e a desigualdade. A crise pasa a ser social e política.

Modificado o ( jueves, 01 de marzo de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE