Inicio arrow Acción Sindical arrow Movilizacións 29 de Febreiro
 
     
Actualidade
Movilizacións 29 de Febreiro Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
viernes, 24 de febrero de 2012

UGT e CC OO chaman á cidadanía da comarca da Coruña a movilizarse o 29F, polo emprego e a xustiza social"

Esta Xornada foi convocada pola CES en todos os países europeos para mostrar a súa firme oposición ás políticas de austeridade, axustes orzamentarios e recortes sociais que desde hai dous anos levan impulsando as institucións europeas baixo a batuta do Goberno alemán. Estas políticas, ademais de seren socialmente inxustas e promoveren a pobreza e a desigualdade, resultaron un «completo fracaso», pois non só non serviron para alcanzar os obxectivos polos que foron impostas, senón que conduciron a Europa a unha nova recesión. Neste sentido, UGT e CC OO sinalan ós políticos europeos como os «responsables de que se manteña a inestabilidade financeira, pola suicida tardanza en adoptar decisións, pola súa negativa a adoptar as solucións adecuadas ou polos graves erros que favoreceron a inestabilidade e a especulación».

Pola súa banda, a CES advirte que coa aplicación do novo tratado «os interlocutores sociais, europeos e nacionais, tamén quedarán apartados de decisións que lles afectan directamente». «Equivócase no diagnóstico o Consello Europeo ao achacar a caída do crecemento económico só á inestabilidade financeira, sen mencionar a súa causa principal: a depresión da demanda interna europea motivada polas mesmas políticas de austeridade e axustes».

Para a Confederación Europea de Sindicatos, o novo tratado internacional para a gobernanza económica europea consagra esas políticas «inxustas e fracasadas», razón pola que, por primeira vez na historia, esta organización opúxose a un tratado fundamental da UE.

En Galicia a Xornada de Acción Europea vaise desenvolver coa celebración de nove concentracións convocadas por CC OO e UGT nas seguintes cidades:

  • Ferrol, concentración na Praza de Armas a partir das 19.00 horas
  • A Coruña, concentración Delegación do Goberno ás 20.00 horas
  • Santiago, concentración Praza do Toural ás 19.30 horas
  • Lugo, concentración Subdelegación do Goberno ás 20.00 horas
  • Viveiro, concentración Praza da Fonte Nova ás 20.00 horas
  • Ourense, concentración Subdelegación do Goberno ás 20.00 horas
  • Vigo, concentración na Rúa Príncipe, fronte O Marco ás 20.00 horas
  • Pontevedra, manifestación con saída da Praza da Ferrería ás 20.00 horas
  • Vilagarcía, manifestación con saída da Praza de Ravella ás 20.00 horas

Por todo iso, UGT e CC OO consideran moi importante —despois do grande éxito das manifestacións do 19 de febreiro— que os traballadores e traballadoras manteñan a mobilización e participen nas concentracións convocadas en Galicia, co obxectivo de frear a reforma laboral.

Modificado o ( martes, 11 de diciembre de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE