Inicio
 
     
Actualidade
1 de cada 4 empregados públicos galegos son temporais Imprimir E-Mail
Escrito por FSP   
martes, 20 de diciembre de 2011
Así o reflicte este extracto do informe sobre “A defensa dos Servizos Públicos e o seu reforzamento nos momentos de crises” que UGT presentou o pasado mes de outubro na sede do Consello Económico e Social (CES), onde se demostra que o volume de empregados públicos no noso país ten marxe de crecemento e as súas condicións non son tan privilexiadas como se quere facer crer.

Neste sentido, nas administracións públicas, a temporalidade é moi elevada, en torno ao 24%, -no caso de Galicia sería o 24,2%- de forma que unha de cada catro acodes asalariadas no sector público non ten emprego estable. Esta cifra vese incrementada nalgúns sectores, como a Educación, a Sanidade ou a Administración Local, onde pode superar o 35% -datos concordantes con Galicia- . Se a iso engadímoslle que moitos deles perciben ao redor de 1000 euros ao mes, o perfil do traballador privilexiado desaparece.

Ademais, en España, a poboación empregada no sector público é inferior ao 10%, mentres que a media da Europa dos 15 é do 16% (en Grecia e Reino Unido é do 14%, en Francia alcánzase o 17% e en Dinamarca o 25%), cun gasto público total inferior ao resto dos países da Unión Europea, sendo o país que menos gasta en salarios dos empregados públicos.

Por todo iso, desde UGT de Galicia defendemos o papel dos empregados públicos e rexeitamos as campañas de desprestixio cara aos traballadores que prestan servizo aos cidadáns no exercicio dos seus dereitos e en situacións de necesidade, como é o caso dos que coidan aos enfermos e aos maiores, que educan aos nenos, novos e adultos, que garanten a seguridade e a xustiza ou que desempeñan as funcións de socorro e responden en situacións de urxencia.

Modificado o ( jueves, 22 de diciembre de 2011 )
 
< Anterior   Siguiente >