Inicio arrow Industria-Trab. Agrarios (FITAG) arrow Folga dos traballadores de Leyma
 
     
Actualidade
Folga dos traballadores de Leyma Imprimir E-Mail
Escrito por FTA-UGT   
viernes, 04 de noviembre de 2011

O Comité de Empresa de LEYMA convoca unha folga para esixir que se cumpra o convenio colectivo

  • A folga levarase a efectos o próximo luns, 7 de novembro durante toda a xornada laboral, afectando a todos os turnos de traballo..

  • O seu obxectivo é instar á dirección da empresa a que se produza un cambio radical na súa actitude e se cumpra o pactado no Convenio Colectivo.

O Comité de Empresa de Leyma Central Lechera S.A ten convocada unha nova xornada de folga para o próximo luns día 7 de novembro ante a negativa da empresa de cumprir o pactado en convenio colectivo.

A empresa aínda non abonou a día de hoxe os salarios correspondentes ao mes de outubro noutra clara maniobra de chantaxe aos traballadores e traballadoras” sinalan fontes sindicais. Segundo estas mesmas fontes, “esta actitude e un claro exemplo da forma de actuar que ten Jesús Lence, propietario tamén da lucense Leite Rio, quen non fai máis que menguar os dereitos dos traballadores e traballadoras de Leyma e trata de presionalos con chantaxes deste tipo”.

Entre os motivos polos que se convoca a folga destaca a negativa da empresa a restablecer o servizo de bus, malia a ter unha sentenza na que se recoñece este servizo aos traballadores da empresa, así como a decisión de non abonarlles a paga lineal que se viña cobrando no mes de setembro e a eliminación da festividade de San Isidro.

A destrución de emprego levada a cabo pola actual dirección da empresa e o trato vexatorio ao que Jesús Lence somete aos seus traballadores e traballadoras fan que o clima laboral que se vive dentro da empresa sexa insostible.

A folga, que se desenvolverá durante toda a xornada laboral, afectará a todos os turnos e os traballadores permanecerán concentrados diante da empresa con pancartas durante a xornada do vindeiro luns para reivindicar os seus dereitos.

Así mesmo, os traballadores teñen previstas novas movilizacións se a empresa segue con está actitude de imposición e de incumprimento do convenio colectivo.

Modificado o ( martes, 11 de diciembre de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE