Inicio arrow Xuventude arrow Desemprego e contratación xuvenil. Agosto 2011
 
     
Actualidade
Desemprego e contratación xuvenil. Agosto 2011 Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
domingo, 04 de septiembre de 2011

UGT-Galicia valora o descenso da cifras de desemprego xuvenil, pero a taxa de paro segue a ser insostible.

O Sindicato insiste na necesidade de consensuar políticas de estímulo á creación de emprego e mantemento da protección social

No mes de agosto rexistráronse un total de 18.877 desempregados menores de 25 anos en Galicia, o que supón un descenso do 0,32 por cento en relación ao mes anterior. No Estado este descenso foi do 0,33 por cento, con 1.388 mozos desempregados menos...

Os últimos datos do INEM en Galicia arroxan unha cifra de 18.877 persoas menores de 25 anos desempregadas, o que supón 60 persoas menos que no mes precedente, xullo, un -0,32 % menos. Ao comparar estas cifras coas que corresponden ao conxunto de idades en Galicia observamos que no total de idades o aumento mensual é do 0,71%.

Un 4.3% da caída do desemprego na mocidade no Estado no mes prodúcese na nosa comunidade, así da caída en 1.388 (-0.33%) desempregados menores de 25 anos no Estado, proceden de Galicia 60 deles.

Analizando a situación actual respecto a que tiñamos en agosto de 2010, atopámonos cunha variación relativa do -4,82% entre a mocidade (o que implica que existen -956 persoas novas desempregadas no último ano en Galicia) mentres que no conxunto de idades a variación anual é de crecemento, do 6,17 %.

Confrontando os datos de desemprego xuvenil en Galicia, cos datos de desemprego xuvenil no conxunto do Estado, destaca que:

-mensualmente o desemprego entre a mocidade en España cae un -0,33 %, e - 0,32 % na nosa Comunidade.

-interanualmente, no conxunto do Estado o desemprego é do -0.97%, (mentres que na nosa Comunidade experiméntase unha baixada reseñable, do -4,82 %).

Por sexos, os datos poñen de manifesto que existe un bo comportamento do desemprego nos mozos, o -1,74 %, mentres que entre as mozas ten un aumento do 1,50 %. Aínda con esta evolución, o desemprego xuvenil na nosa Comunidade ten sexo masculino, hai 10.438 mozos desempregados fronte ás 8.439 mozas desempregadas.

Mensualmente o desemprego aumenta nas provincias de A Coruña un 1.9%, en Lugo o 2.0%. Ourense e Pontevedra sofren unha caída do 6.7% e do 1% respectivamente. Interanualmente destacar que a provincia de A Coruña é a que mellor comportamento experimenta, o desemprego entre a mocidade baixa un 6,8%, séguelle a provincia de Ourense na que a baixada interanual é do 5,2 %, e Pontevedra cun -4,5%, mentres que na provincia de Lugo aumenta un 1,7%.

En xullo, 12.036 persoas menores de 25 anos foron contratadas en Galicia, (-5.473 contratos menos que o mes pasado), nada menos que un 31,3% menos, caendo tamén a indefinida, pero nunha porcentaxe moi baixa, o 18,0 % como a temporal, esta última un 31,8 %. Dos contratos asinados son contratos temporais, nas súas diferentes modalidades, 11.463 contratos, o que supón o 95.2% dos contratos asinados pola xuventude en Galicia. Os contratos indefinidos, iniciais máis conversións, supoñen unicamente o 4.8% dos contratos asinados polas persoas menores de 25 anos en Galicia.

Ao comparar estes datos cos de fai un ano, sinalamos que a contratación xuvenil cae nun -5,5 %. A contratación indefinida cae un -5,8% e a contratación temporal tamén cae un -5,5%.

Modificado o ( miércoles, 07 de septiembre de 2011 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE