Inicio
 
     
Actualidade
Fete-UGT denuncia o desgoberno da Xunta en Educación Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
viernes, 04 de marzo de 2011

rolda de prensa fete ugtFETE-UGT A CORUÑA DENUNCIA O CLARO DETERIORO DO ENSINO PÚBLICO NOS 2 ANOS DE GOBERNO DO PP

BALANCE DOUS ANOS DE DESGOBERNO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

FETE-UGT A Coruña fixo balance esta mañá en rolda de prensa  da situación do ensino público en Galicia, unha situación que nestes dous anos se caracteriza polo DESGOBERNO, a DESORGANIZACIÓN E a IMPROVISACIÓN:

- Proxecto Abalar: aínda sen rematar de implantar, con problemas de suministro, de adecuación das redes dos centros e de formación de profesorado.

- Decreto de Pluriligüismo: A Xunta consegueu romper a convivencia lingüística dos centros, desorganizounos internamente e inventou enquisas inútiles e ilegais.

- Anteproxecto de Lei de Convivencia: totalmente inoportuno, non se axusta á realidade de Galicia, innecesario, porque existen ferramentas para abordar a convivencia ( Obervatorios de Convivencia),  fraudulento, porque minte ás familias, dándolles expectativas de intervención nos centros que son ilegais (a canle legal son os Consellos Escolares), minte ao profesorado, porque os problemas de convivencia non son de autoridade.

- Reducción de profesorado, que incide directamente na atención aos alumnos: elimináronse os reforzos educativos, a atención ás bibliotecas escolares, os proxectos lectores, as implantacións de TICs, as prácticas en laboratorios, etc.

- Personal: Galicia é unha das poucas autonomías que ainda non negociaron a oferta de plazas para oposición, a dia de hoxe hai case 1000 plazas ocupadas por interinos, mais as que se sumen de xubilacións.

DOUS ANOS DE GOBERNO SERVIRON PARA AUMENTAR:

A INSEGURIDADE LABORAL, A PRECARIEDADE E O DETERIORO DA CALIDADE DO ENSINO.

Para o Goberno galego  a educación é un gasto en vez de unha inversión de futuro!

Modificado o ( viernes, 04 de marzo de 2011 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE