Inicio
 
     
Actualidade
Posicinamento sobre o anteproxecto de Lei de Convivencia Escolar Imprimir E-Mail
Escrito por FETE- UGT   
lunes, 10 de enero de 2011
ANTEPROXECTO DE LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN ESCOLAR.

O clima de preocupación polo comportamento do alumnado está a medrar na sociedade en xeral e non so nos centros escolares.

Con este motivo, xorden voces denunciando a crise de autoridade e esixindo medidas urxentes, esquecendo que antes de adoptar unha medida sería mellor realizar unha análise da situación e logo propoñer as medidas. Estase dando logo un problema derivado do modelo de sociedade, da forma na que se está educando ao noso alumnado e non se debe caer na simplificación de que se trata tan so dunha falla de autoridade das familias, forzas da orde, das institucións ou do profesorado.

O termo autoridade está referenciado a unha dobre natureza: a de poder e a de prestixio.

A autoridade como poder debe ser exercida por quen lexitimamente ten esa misión (autoridades públicas, forzas da orde …) para o bo funcionamento dunha sociedade democrática, baseada no estado de dereito gañado a base de modelos de comportamento e transmisión de valores, aspecto este último máis propio de familias e docentes.

A autoridade do profesorado debe fundamentarse nun prestixio que convenza ao alumnado e aos fillos para asumir determinadas condutas sen recorrer ao exercicio do poder: “un profesor ten poder cando o alumno obedece durante a clase, un profesor ten autoridade cando o alumno segue as pautas de conduta ensinadas despois de rematada a clase”...

De que se está a falar cando se di “ autoridade pública do profesorado?”.

En principio, do recoñecemento do principio de veracidade, pero tamén significa xudicializar as relacións alumno-profesor e en definitiva o proceso de aprendizaxe, o que significa ir en contra da natureza da educación.

Esta norma dotará dunha verdadeira autoridade ao profesorado?, quen lle explicou ao profesorado que dotalos de autoridade pública resolve os problemas de convivencia, que se lles tratará educadamente e por arte de maxia os alumnos, de súpeto, sentirán unhas enormes gañas de formarse e colocar aos seus profesores como iconas a seguir?, quen lle explicou ao profesorado que en caso de conflito ou denuncia na súa contra , se tramitará pola vía penal e non pola vía administrativa ou civil?, a que profesorado lle afecta esta norma, pública, concertada, privada …?

Resulta evidente que hai que reforzar a autoridade do profesorado e, parece claro, que a palabra dun profesional docente, dun funcionario docente, ten que ter a presunción de veracidade, pero existen e pódense arbitrar outras medidas distintas á de autoridade pública para reforzar a autoridade do profesorado. A LOE apunta algunhas nos artigos 104 e 105. Tan so falta desenvolvelas e aplicalas.

A mellora da convivencia nos centros escolares non se conseguirá publicando unha norma no Diario Oficial de Galicia, a non ser que vaia acompañada doutras actuacións dende a administración, a familia e a sociedade no seu conxunto, que actúe directamente sobre as causas e non soamente castigando os efectos.

Non é acertado nin correcto inventarse novos textos legais cun ánimo xustificativo de cara a opinión pública, deixando fóra do debate ao profesorado, tal e como xa sucedeu noutras ocasións. Cabe facerlle á Consellería de Educación novamente a pregunta de se non había outras datas para presentar este texto e ademais de presentalo coa premura que están solicitando un texto deste calibre, sen a apertura dun debate previo e calmo para atallar un problema tan sensible como o da convivencia. UGT ten propostas para mellorar este texto. En tempos de crise é preciso establecer prioridades. Para a actual Xunta de Galicia a educación non é unha prioridade cando se recorta nesta área.

FETE-UGT/Galicia emite este comunicado logo de facer unha consulta cos centros de traballo, circunstancia esta imposible antes da data do 10 de xaneiro por estar os centros pechados e razón pola cal a Consellería non pode sacar ningún cambio normativo que afecta ás condicións laborais dos e das docentes.

Modificado o ( viernes, 04 de febrero de 2011 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE