Inicio arrow Medio Ambiente arrow Axudas para a protección dos animais domésticos
 
     
Actualidade
Axudas para a protección dos animais domésticos Imprimir E-Mail
Escrito por medioambiente   
miércoles, 21 de abril de 2010

Axudas para a protección dos animais domésticos. 

ORDE DO 14 DE ABRIL DE 2010 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DE ACTUACIÓNS DESTINADAS Á PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS REALIZADAS POR ASOCIACIÓNS PROTECTORAS DE ANIMAIS DOMÉSTICOS, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA 2010. (DOG, MARTES, 20 DE ABRIL DO 2010, Nº 73, PÁX. 6182)

 http://www.siam-cma.org/lexislacion/norma.asp?idn=5948 

Destinatarios:

1. Poderanse acoller a estas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural con anterioridade á data de publicación desta orde.

 2. As asociacións beneficiarias deberán ter como actividade principal a recolla e aloxamento de animais abandonados nun centro ou albergue para tal fin, desenvolvida de xeito continuado desde polo menos o 1 de xaneiro de 2010.

3. Os ditos albergues deberán estar inscritos como centros de recollida de animais abandonados no Rexistro de Establecementos de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia, ou polo menos ter iniciado o trámite de inscrición con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes desta orde. 

Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer unha liña de axudas destinada a garantir o correcto mantemento sanitario e nutricional dos animais de compañía abandonados e recollidos polas asociacións protectoras de animais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Convoca: Consellería de Medio Rural de Galicia. Prazo: O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Modificado o ( miércoles, 21 de abril de 2010 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE