Inicio
 
     
Actualidade
Convenio educacion concertada Imprimir E-Mail
Escrito por FETE- UGT   
lunes, 08 de marzo de 2010

Plantámonos na Consellería


ACORDOS CONCERTADA XA!

Os representantes de FETE-UGT e demais organizacións sindicais, fartos de sermos ignorados pola Administración educativa, sen previa invitación presentámonos hoxe 4 de marzo no despacho do Conselleiro de Educación. Debemos dicir que o Conselleiro recibiunos con prontitude e que acadamos o compromiso de que a Comisión Tripartita de Ensino Privado Concertado (CTEPC) será convocada o 16 de marzo.

Pero isto merece unha explicación. De todos é coñecido que a Administración educativa está a incumprir o Acordo Retributivo asinado en 2008, posto que non está aplicando o incremento previsto para o 2010, é dicir, o 2% no Complemento Autonómico máis 45€ mensuais. Tampouco está a aboar e Paga de Antigüidade nin recolocando aos compañeiros que perderon o seu posto de traballo por supresión de unidades, posto que se nega a renovar os respectivos acordos...

De todo isto, por suposto, ten a culpa a crise. En tempos de crise a Consellería de Educación ten potestade para aplicar o artigo 38 do Estatuto básico do empregado público que permite á Administración a suspensión da aplicación dos pactos ou acordos que supoñan incrementos retributivos. A cuestión é que nós NON SOMOS EMPREGADOS PÚBLICOS.

 

Estes asuntos estaban sendo negociados xa hai moito tempo. De feito o día 23 de decembro estaba convocada a CTEPC para a súa negociación. O día 22 a Consellería suspende a reunión. Desde entón ningunha explicación. O día 18 de febreiro FETE-UGT e demais organizacións sindicais presentamos un escrito á Administración educativa esixindo que se convocase a CTEPC para dar resposta a estes problemas. Silencio administrativo.


Entón actuamos: despois de presentar unha queixa ao Valedor do Pobo polo incumprimento da Consellería do Acordo Retributivo (publicado en DOG e BOE) dirixímonos ao Rexistro Xeral da Xunta onde rexistramos un novo escrito reivindicativo adxuntándolle copia da queixa ao Valedor do Pobo. Alí despregamos a pancarta co lema: ACORDOS CONCERTADA, XA! E de aí ao despacho do Conselleiro, co resultado xa dito.


Veremos o que nos contan o día 16. Esperanzas, poucas.


Modificado o ( martes, 09 de marzo de 2010 )
 
Siguiente >
 
Destacados
Enquisas
¿Qué data prefires de festivo local na Coruña?
 
Últimas noticias