| 18 bolsas de investigación para o ano 2010 |
|
|
| Escrito por Xuventude | |
| martes, 09 de marzo de 2010 | |
|
18 bolsas de investigación para o ano 2010
Organismo: Deputación Provincial da Coruña Distribución das bolsas: Área de ciencias xurídicas e sociais: 3 bolsas Área de ciencias experimentais e da saúde: 8 bolsas Área de ensinanzas técnicas: 2 bolsas Área de humanidades: 5 bolsas Cuantía das bolsas: 7.625 €, cada unha... Requisitos dos solicitantes: Poderán participar nesta convocatoria todos os residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación, e que reúnan os seguintes requisitos: - Posuír a condición de titulado universitario. - Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación do correspondente certificado de empadroamento, cunha antigüidade de, polo menos, un ano antes da data da convocatoria. - Non ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa, de ningunha outra bolsa de investigación referida ao mesmo período, aínda que o proxecto para o que posúa a bolsa sexa diferente ao que se refire a súa solicitude. O ter sido titular da bolsa en anteriores convocatorias non exclúe da participación nesta, sempre que se cumpran os seus requisitos. Presentación de solicitudes: As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da deputación, na sección de Cultura e Deportes e na páxina www.dicoruna.es. A solicitude e resto de documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral desta Deputación ata o día 31 de marzo de 2010.
Publicación: BOP nº 45, 9 de marzo de 2010
Máis Información (Anexos): http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/03/09/2010_0000002706.html
|
|
| Modificado o ( martes, 09 de marzo de 2010 ) |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|







