| 18 bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos |
|
|
| Escrito por Xuventude | |
| martes, 09 de marzo de 2010 | |
|
18 bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos para o ano 2010
Organismo: Deputación Provincial da Coruña Distribución das bolsas: Área de artes plásticas: 3 bolsas Área de danza: 2 bolsas Área de interpretación: 4 bolsas Área de música: 6 bolsas Área de imaxe: 3 bolsas
Cuantía das bolsas: 8.950 € cada unha...
Requisitos dos solicitantes: Poderán participar nesta convocatoria todos os residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar estudos de perfeccionamento artístico fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e que reúnan os seguintes requisitos:
–Ter nacido a partir do día un de xaneiro de 1980 (incluído este), agás os que xa foran titulares da bolsa na convocatoria do ano anterior, que poderán ter nacido a partir do un de xaneiro de 1979.
–Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación do correspondente certificado de empadroamento, cunha antigüidade de, polo menos, un ano antes da data da convocatoria.
O ter sido titular doutra bolsa similar en anteriores convocatorias non exclúe da participación nesta sempre que se cumpran os seus requisitos.
Presentación de solicitudes: As solicitudes formularanse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, na Sección de Cultura e Deportes e na páxina www.dicoruna.es.
A solicitude e resto de documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral desta Deputación ata o día 31 de marzo de 2010.
Publicación: BOP nº 45, 9 de marzo de 2010
Máis Información (Anexos): http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/03/09/bop_45.pdf#page=64
|
|
| Modificado o ( martes, 09 de marzo de 2010 ) |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|







