Inicio arrow Xuventude arrow 20 bolsas para deportistas
 
     
Actualidade
20 bolsas para deportistas Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
martes, 09 de marzo de 2010

20 bolsas para deportistas da provincia para o ano 2010

 

Organismo: Deputación Provincial da Coruña

Grupos segundo a idade dos aspirantes a bolsa:

Grupo A.- 14-17 anos cumpridos antes do 31 de decembro do 2010. Concederanse 10 bolsas de 2.000 € cada unha delas.

Grupo B.- 18-21 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2010. Concederanse 10 bolsas de 3.000 € cada unha delas.

 

Requisitos dos solicitantes: Poderán participar nesta convocatoria os deportistas residentes na provincia que reúnan os seguintes requisitos...

- Os deportes practicados polos deportistas aspirantes a beca deberán pertencer a un dos deportes olimpicos e disciplinas asociadas, tanto de verán como de inverno, incluidos no programa oficial nos últimos Xogos Olimpicos. Excepcionalmente admitiranse outros deportes que se poideran integrar nos seguintes Xogos Olímpicos e que estén aprobados polo Comité Olimpico Internacional.

 

- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación do correspondente certificado de empadroamento, cunha antigüidade de, polo menos, catro anos antes da data da convocatoria.

 

- Ter entre os catorce e os vinteún anos cumpridos con data límite do 31 de decembro de 2010.

 

- Dispoñer de licenza deportiva vixente no momento da convocatoria expedida pola Federación deportiva correspondente.

- Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro.

Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que pode obterse no Rexistro Xeral da Deputación ou na páxina www.dicoruna.es

A solicitude e resto de documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral desta Deputación ata o día 31 de marzo de 2010.

 

Publicación: BOP nº 45, 9 de marzo de 2010

 

Máis Información (Anexos): http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/03/09/bop_45.pdf#page=71

Deputación da Coruña: Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña. Tfno: 981 080300

Modificado o ( martes, 09 de marzo de 2010 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados