Inicio
 
     
Actualidade
Manifesto 8 de marzo de UGT Coruñai Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
martes, 09 de marzo de 2010

manifesto 8 marzoMANIFESTO 8 DE MARZO DE 2010 DE UGT CORUÑA.


Un ano máis a UGT da Coruña conmemora o Día da Muller Traballadora, un dia no que facemos recoñecemento do traballo sindical e do esforzo desempeñado polas compañeiras en defensa dos dereitos da clase obreira, nun ano de crise económica cuxas consecuencias as mulleres tamén sofren severamente.

Os últimos datos do paro reflexan que as mulleres seguen sufrindo as maiores tasas de desemprego, ao tempo que teñen menores tasas de actividade e soportan -xunto coa mocidade e a inmigración- unha maior precariedade laboral. As mulleres ocupan a maioría dos contratos temporais e máis do 79% dos contratos a tempo parcial no noso país, polo que as cuantías das prestacións por desemprego serán tamén menores, como tamén o son as pensións.

É precisamente a desigualdade laboral o que convirte ás mulleres en persoas máis vulnerables á crise, o que conleva un maior riesco de exclusión social...

Ao longo de 2009 houbo avances lexislativos importantes, como as melloras introducidas no eido da seguridade social, como o permiso de paternidade, as prestacións de maternidade e paternidade, ou as cotizacións en redución de xornada por coidado de menor, etc.

Así mesmo a lei para a interrupción voluntaria do embarazo e a saúde reprodutiva suporá un avance no respecto da autonomía das mulleres e o seu dereito a decidir e confire maiores garantías xurídicas ás mulleres e profesionais.

Non obstante, debemos seguir avanzando no marco da concertación laboral e da negociación colectiva para lograr a igualdade salarial entre homes e mulleres, a eliminación da segregación laboral da muller, tanto horizontal como vertical.

Porque a crise non pode ser unha escusa para retroceder en ningún dos avances que con tanto esforzo acadamos nestes anos.

Son precisas máis medidas de carácter social e político: demandarmos políticas activas que protexan a maternidade e incentiven a corresponsabilidade no coidado dos fillos e fillas. Reivindicamos maiores investimentos públicos en infraestruturas sociais para educación infantil, para a atención aos dependentes, eliminando os obstáculos dalgunhas administracións á aplicación efectiva da Lei de Dependencia.

Hoxe máis ca nunca, debemos estar todos xuntos na loita polo emprego e a igualdade. Aínda nos queda moito camiño por percorrer, máis non debemos retroceder ou perder aquelo que acadamos con tanto esforzo.

Porque defender e loitar pola igualdade, contra a discriminación laboral, contra a violencia de xénero e contra a pobreza, significa tamén avanzar cara a construción dunha sociedade máis libre, máis xusta e máis igualitaria.

Modificado o ( lunes, 15 de marzo de 2010 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados
Enquisas
¿Qué data prefires de festivo local na Coruña?
 
Últimas noticias