Inicio arrow Xuventude arrow Boletín Informativo arrow Programa integración Aulas da Natureza
 
     
Actualidade
Programa integración Aulas da Natureza Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
lunes, 01 de marzo de 2010

Axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza 2010.

 

Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Obxectivos das axudas: Esta convocatoria ten por obxecto promover a convivencia e integración dos alumnos participantes con outros compañeiros de distintas zonas e culturas, ademais da integración de alumnos de réxime xeral e alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, no centro de programas educativos de Viérnolesen Torrelavega (Cantabria).

 

Requisitos dos beneficiarios:  Poderán solicitar a súa participación os alumnos matriculados en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Para os alumnos de réxime xeral: ter unha idade comprendida entre os 11 e os 13 anos durante o período de realización da actividade.

b) Os alumnos con necesidades específicas de apoio educativo deberán estar escolarizados en centros ordinarios ou específicos. Así mesmo, deberán posuír un grao de autonomía e condicións persoais que posibiliten a súa adaptación a programas de integración e a súa participación en actividades de grupo, polo que, tratándose de minusvalidez psíquica, o grao de discapacidade será lixeiro ou moderado, requisito que deberá ser certificado polo director do centro docente en que o alumno estea matriculado no curso 2009-2010.

Así mesmo, estes alumnos deberán ter idades comprendidas entre os 11 e os 13 anos durante o período de realización da actividade, ben que, de forma excepcional, poderán participar alumnos de ata 16 anos, sempre que esta circunstancia sexa aconsellada polo responsable do equipo de orientación específico ou do departamento de orientación do centro no correspondente anexo III, e se trate de alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, escolarizados en centros ordinarios ou específicos.

 

Presentación de solicitudes: Os alumnos que desexen participar deberán solicitalo a través do centro educativo no cal estean escolarizados, cubrindo o modelo de instancia que figura como anexo I da orde das axudas (ver "Máis Información").

 

Prazo de presentación: do 26 de febreiro ao 25 de marzo de 2010, ambos incluídos.

 

Publicación: DOG nº 38, xoves 25 de febreiro de 2010

 

Máis Información (Anexos): http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/3cf0ce069e8c5023c12576d40048ea7b/$FILE/03800D005P013.PDF

 

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Edificios Administrativos - San Caetano, s/n 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 545 400 - Fax: 981 545 443

Web: <http://www.edu.xunta.es/>

 

***************** *********************************** *******

Modificado o ( lunes, 01 de marzo de 2010 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados