FETE-UGT reclama a extensión da xornada única ao 100% dos centros educativos de Bergantiños. Tan só a metade poden aplicar a xornada única. FETE-UGT denuncia que tan só a metade dos centros escolares da comarca de Bergantiños poden aplicar a xornada única, a pesares de que tanto pais coma profesores reclaman a implantación do horario ininterrumpido. Isto débese, segundo Antonio Cisneros, Sª Xeral de FETE-UGT Coruña “á vixencia, vinte anos despois da súa posta en marcha, dunha serie de rutas de transporte escolar obsoletas nas que se está a escudar a Consellería de Educación para denegar, case de forma sistemática, todas as peticións de cambio de horarios...
Así, segundo denunciaron onte en Carballo os secretario xerais da federación en Galicia e A Coruña, Marcelino Brea Mella e Antonio Álvarez Cisneros, respectivamente, no caso de Bergantiños teñen continúan vixentes rutas de transporte escolar postas en marcha hai 30 anos, a pesares dos cambios producidos e que fan innecesarias moitas das paradas. “O transporte escolar non pode ser un condicionante da xornada única», segundo Marcelino Brea, quen explicou que «hai rutas, por exemplo, que na súa orixe implicaban unha viaxe de 45 minutos, pero co tempo, debido aos cambios demográficos e á supresión de paradas innecesarias e á mellora das estradas, só son necesarios 15 minutos». Pese á reducción no tempo empregado a Xunta de Galicia segue a considerar a súa duración inicial. “Os problemas en las rutas escolares recrudécese máis canto máis nos alonxamos das áreas urbanas, polo que a Costa da Morte está moi afectada” . Baixada ao terreo Por todo ello, FETE-UGT demándalle á Consellería de Educación que saian dos despachos de San Caetano e comproben sobre o terreo que moitas das rutas están «anticuadas e desfasadas». Pola contra, fronte a falta de resposta do goberno galego, algúns profesores teñen realizado os seus propios estudos, que demostran a viabilidade de modificar algunas das rutas de transporte escolar. FETE-UGT non entende por qué a Xunta se empeña en denegar as solicitudes de xornada única cando é unha ventaxa para o alumnado. Éstá demostrado que ningún centro escolar que opta pola modificación volve atrás. A reestruturación non suporía custes engadidos e satisfaría as peticións de moitas asociacións de pais. Reunión con profesores dos centros de ensino de Bergantiños FETE-UGT/Galicia reuniuse no día de onte con varios profesores dos centros de ensino infantil e primaria da comarca de Bergantiños na que se puxo de manifesto a denuncia da constante negativa por parte da Administración educativa á concesión da xornada continuada. A reivindicación manifestada por varios docentes da comarca bergantiñán para acadar a implantación da xornada lectiva continuada –só polas mañás- vaise trasladar á propia Consellería de Educación en Santiago. Así se puxo de manifesto na reunión con representantes de FETE-UGT/Galicia na que foi asumido este compromiso. O TRANSPORTE ESCOLAR É UN SERVIZO COMPLEMENTARIO DA ESCOLA, A ESCOLA NON É UN SERVIZO COMPLEMENTARIO DO TRANSPORTE ESCOLAR. FETE-Galicia quere deixar constancia do esforzo realizado polos docentes da comarca no senso dos estudios aportados que posibilitan a concreción dos datos expostos anteriormente. Unha vez máis os docentes poñen en evidencia a incapacidade da Administración educativa con estudios e datos que son responsabilidade das autoridades educativas e que os docentes ademais de cumprir coa súa obriga nas tarefas que lle son propias do quefacer diario fan o traballo no que a Administración se declara incompetente.
|