| Deficiencias na xestión Colexio Santiago Apostol |
|
|
| Escrito por FSP | |
| jueves, 28 de enero de 2010 | |
INOPERANCIA E INCAPACIDADE DA XUNTA DE GALICIA PARA XESTIONAR O CENTRO DE ASISTENCIA E EDUCACIÓN ESPECIAL SANTIAGO APÓSTOL
O comité provincial da Coruña dependente da Consellería de Traballo e benestar, respecto do Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstol: MANIFESTA: Este comité ten xa denunciado en reiteradas ocasións e por todas as vías posibles, o deterioro das instalacións do centro: goteiras, deficiencias de clefacción, gretas, barreiras arquitectónicas, condicións de auga deterioradas, falla de espazos de xogo cobertor e o aire libre... Incluso existe un pavillón pechado en estado ruinoso, onde non se realiza ningún tipo de actividade e ue representa un perigo manifesto para os usuarios e os traballadores do Centro. Este comité quere facer pública a súa preocupación polo presente e polo futuro deste centro e quere manifestar que cada vez que pregunta aos responsables da Xunta de Galicia o que pretenden facer, a contestación que se nos dá é que non o saben. É vergoñento que os xestores da nosa Administración autonómica sexan tan inoperantes, incompetentes e incapaces de solucionar cuestións tan graves como a que estamos a denunciar... A escusa que presentaba o goberno bipartito anterior, era que non facían nada oas instalacións porque o Santiago Apóstol íase desagregar, pasando parte os seus usuarios á Educación, e que acontecendo isto, arranxaríase a teima as instalacións. Todo este proxecto de desagregación, quedouse no olvido co cambio de goberno, e agora, os novos administradores da Xunta, elucubran sobre un posible traspaso de todo o centro a Educación, ainda que sen ningún proxecto concreto.
Tendo en conta que contando cun centro público pioneiro e de referencia en Galicia no campo da educación especial, que conta con persoal cunha alta cualificación, que ten instalacións que adecuadas axeitadamente serían idóneas para o uso para o cal foron construídas, este comité esixe que se tomen as medidas pertinentes para adecuar as instalacións e rentabilizar os efectivos e os cartos investidos nos servizos públicos, xa que toda a cidadanía ten dereito a acceder en condicións adecuadas ao uso dos seus servizos públicos debidamente xestionados e de calidade. |
|
| Modificado o ( miércoles, 03 de febrero de 2010 ) |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|











