Inicio arrow Xuventude
 
     
Actualidade
Xuventude
Subvencións normalización linguística Imprimir E-Mail
Escrito por xuventude   
lunes, 01 de junio de 2009

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DA CORUÑA A ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO PARA REALIZAREN ACCIÓNS DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA (EXERCICIO 2009)

 

A Concellaría de Normalización Lingüística ten previsto como actividade prioritaria para o exercicio 2009 promover e estender o uso social da lingua galega. Con esta finalidade, crea unha liña de subvencións de apoio a iniciativas normalizadoras para entidades sen ánimo de lucro.

 

Modificado o ( lunes, 01 de junio de 2009 )
 
O Autoemprego como alternativa profesional Imprimir E-Mail
Escrito por xuventude   
miércoles, 20 de mayo de 2009

ugt xuventudeO Autoemprego como alternativa profesional

 

Ugt Xuventude acaba de publicar no seu blog http://www.ugtcoruna.es/xuventude unha nova sección dedicada ao Autoemprego, no que poderás atopar información referente aos trámites precisos para constituír a túa propia empresa, ás formas xurídicas máis comúns, subvencións e axudas para a creación de empresas, etc.  

Hai moitas razóns polas que unha persoa pode decidir escoller o autoemprego como saída profesional, pois nos permite dar unha solución ao paro. Tamén implica un reto persoal: poder levar a cabo unha idea de negocio constitúe, posiblemente, un dos maiores retos persoais que se pode atopar ao longo da vida. 

Estas razóns supoñen, así mesmo, unha serie de vantaxes como poder contar con certo grao de independencia económica, ser o noso propio xefe, poder aplicar as nosas propias aptitudes persoais, poder gozar dun máis flexible horario...etc

En definitiva, crear unha empresa debe ser tomado como unha alternativa, unha opción máis a elixir entre as distintas posibilidades dispoñibles, aínda cando nos últimos anos se fala cada vez máis do autoemprego como un elemento imprescindible para a creación de postos de traballo.

Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
 
I Xornadas Educación para a Igualdade Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
miércoles, 13 de mayo de 2009

educar para a igualdade Educar “en” Igualdade e “para” a Igualdade.

 

A finais de 2008 celebramos na Universidade da Coruña as I Xornadas de Educación para a Igualdade, organizadas pola Secretaría de Xuventude de UGT Coruña e a Asociación estudiantil IESGA, e nas que tamén contamos coa colaboración da UDC, da Facultade de Ciencias da Educación, de FETE-UGT, o Consello da Xuventude de Galicia...

Ao longo das sesións abordáronse temas interesantísimos, para os que contamos con ponentes de moita relevancia, que nos aportaron a súa visión da educación para a igualdade e da situación na que nos atopamos actualmente cando falamos de igualdade entre homes e mulleres e de participación das mulleres na toma de decisións. Ademáis, os e as ponentes compartiron tamén con nós a súa visión e experiencia persoal e profesional, o que nos resulta moito máis atractivo e interesante se cabe.

Pola outra banda, ao longo das Xornadas UGT Coruña presentou os resultados dun estudio (realizado en 2008) sobre a situación da muller na comarca da Coruña, no ámbito laboral e no ámbito de participación político-social. Así mesmo, analizouse, nun terceiro documento, a situación da muller no ámbito da Universidade da Coruña, abordándose a problemática dos teitos de cristal nas élites científicas (UDC).  

A continuación poderedes descargarvos a documentación xerada no seo destas Xornadas. Finalmente, na páxina web da Asociación Cultural Fala (entidade colaboradora), poderedes acceder ao audios dose das ponentes participantes nas Xornadas.

Documentación das I Xornadas de Educación para a Igualdade.

UGT A Coruña - Sª de Xuventude- IESGA

- Programa das Xornadas (descargar)

- Estudio "A situación laboral da muller na comarca da Coruña" (descargar

- Resumo do estudo sobre "A situación laboral da muller na comarca da Coruña" (descargar

- Resumo do estudo sobre "Diferencias salariais por xénero na comarca da Coruña" (descargar

- Estudo "Teitos de Cristal, análise da participación política das mulleres. O caso galego e da Coruña" (descargar)

- Estudo "Teitos de Cristal na Universidade española. O caso da Universidade da Coruña" (descargar)

- Ponencia. Vanessa Naya: Coeducación e visibilización das mulleres na educación (descargar).

Modificado o ( miércoles, 13 de mayo de 2009 )
 
UGT Coruña en Facebook! Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Xuventude   
miércoles, 13 de mayo de 2009

facebookUGT Coruña crea un grupo en Facebook



A Secretaría de Xuventude de UGT A Coruña creou un grupo de traballo en Facebook, unha rede social con millóns de usuarios en todo o mundo que nos permitirá difundir as noticias e propostas  do sindicato e coñecer as preocupacións e demandas dos mozos que utilizan estes mecanismos de intercambio de información.

Con motivo do desenvolvemento das novas tecnoloxías da información, a UGT desenvolve esta iniciativa que forma parte dunha batería de ferramentas destinadas a compartir espazos de socialización e saír ao encontro daqueles colectivos que utilizan estes espazos como ferramentas de comunicación. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Modificado o ( miércoles, 20 de mayo de 2009 )
 
Consello da Xuventude de Galicia Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
lunes, 30 de marzo de 2009

Azucena Rodríguez, nova presidenta do Consello da Xuventude de Galicia.

UGT Xuventude formará parte da Comisión Permanente do CXG ostentando a Vicepresidencia 2ª.

O organismo representativo da mocidade galega contará nesta nova etapa cun vicepresidente do sindicato UGT-GALICIA e inclúe no seu comité permanente a entidades de tempo libre como INICE, Scouts de Galicia-ASDE, JMV ou A Tropa dos Xacobiños

A XL Asemblea do Consello da Xuventude de Galicia tivo lugar o pasado sábado 28 na sala de reunións da Casa da Xuventude de Santiago, e entre outros puntos abordou a elección dunha nova presidenta e do novo comité permanente que dirixirá o organismo xuvenil durante os vindeiros dous anos.

  Azucena Rodríguez, coordinadora nacional de IESGA, foi elixida por maioría absoluta presidenta deste organismo público. O Consello da Xuventude de Galicia foi creado por lei do parlamento de Galicia no ano 1987 e aglutina as organizacións xuvenís de carácter autonómico.

  A presidenta electa manifestou que "é fundamental potenciar o asociacionismo xuvenil e iso é un reto no que estamos comprometidos para os vindeiros dous anos". "Teremos unha actitude dialogante coas administracións pero sobre todo seremos reivindicativos dos dereitos dos mozos e das mozas porque ese é o noso cometido", engadiu.

 "Apostamos pola pluralidade, cun comité permanente onde teñen presenza entidades estudantís, de tempo libre, políticas, sindicais. Fixemos unha candidatura aberta á participación. Aqueles que non quixeron participar desta candidatura fixeron uso da súa liberdade pero a maioría do consello é hoxe unha maioría plural que aspiro a que englobe aínda a máis entidades xuvenís nun futuro inmediato", concluíu.

O organismo representativo da mocidade galega contará nesta nova etapa cun vicepresidente do sindicato UGT-GALICIA e inclúe no seu comité permanente a entidades de tempo libre como INICE, Scouts de Galicia-ASDE, JMV ou A Tropa dos Xacobiños. A xestión do comité permanente saínte foi votado cun respaldo maioritario despois de que a presidenta saínte, Loli Rodríguez Amoroso explicara "o importante salto dado polo CXG nestes anos".

Modificado o ( lunes, 30 de marzo de 2009 )
 
LINGUA DE AMOR Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
martes, 17 de marzo de 2009

galegoO Consello da Xuventude de Galicia presentou a terceira edición de Lingua de Amor con destacadas novidades


“Lingua de Amor” conta nesta edición cunha nova modalidade, a musical; é dicir, a maiores das declaracións de amor a través do correo electrónico (dun máximo de 350 caracteres), tamén se poderán enviar cancións. Ademais hai tamén a posibilidade de participar como votantes. O prazo para enviar mensaxes e cancións será ata o 10 de maio e para as votacións do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu

O obxectivo principal do concurso segue a ser dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles como son os correos electrónicos, foros, chats...

Ao igual que na edición anterior, mantéñense as dúas categorías de idade (de 14 a 19 e de 20 a 35 anos), mentres que os premios serán os seguintes:

Modificado o ( martes, 17 de marzo de 2009 )
Leer más...
 
Xornadas Educación para a Igualdade Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
lunes, 02 de febrero de 2009

Recollida de diplomas das Xornadas de Igualdade

 

 

Xa están dispoñibles os diplomas de asistencia das I Xornadas de Educación para a Igualdade.

 

Podedes pasar a recoller os diplomas polo local de IESGA na Facultade de Dereito (no corredor camiño da cafetería) do Campus de Elviña, no seguinte horario:

 

 ·        Luns 2 de Febreiro: de 10:00 a 14:00, e de 16:00 a 20:30.

·        Martes 3 de Febreiro: de 10:00 a 14:00

·        Mércores 4 de Febreiro: de 10:00 a 14:00

·        Xoves 5 de Febreiro: de 10:00 a 14:00, e de 16:00 a 20:30

·        Venres 6 de Febreiro: de 16:00 a 21:00

 Se tes algún problema coas datas de recollida podes poñerte en contacto con IESGA (981 167000 ext 1513) para buscar unha data alternativa. 

 

Modificado o ( lunes, 02 de febrero de 2009 )
 
Precariedade laboral xuvenil Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
lunes, 26 de enero de 2009

Os datos da EPA reflicten unha subida interanual de 2.41 puntos na taxa de temporalidade xuvenil.

Urxe un cambio de modelo produtivo en Galicia.


Os datos da EPA correspondentes ao cuarto trimestre de 2008, en relación ao cuarto trimestre de 2007, mostran un descenso da poboación galega entre os 16 e os 34 anos de 16.700 persoas, o que sitúa en 688.300 o número de mozas e mozos desas idades.

Datos de Ocupación:

O número de persoas activas menores de 35 anos baixa con respecto a fai un ano en 500 persoas. Situándose a taxa de actividade no 72.28%, o que implica unha subida de 1.8 puntos. Sen embargo, con respecto ao trimestre anterior experimenta unha baixada de -1.69 puntos.

As persoas ocupadas menores de 35 anos son 433.850 o que supón 12.300 persoas menos que hai un ano. A taxa de ocupación mantense en relación ao cuarto trimestre de 2007, experimentando unha subida de 0.27 puntos, situándose no 65.71% ao referirnos aos mozos e no 59.23% cando facemos referencia ás mozas. Nada menos que 6.48 puntos de diferenza separan a ocupación feminina da masculina...

Modificado o ( martes, 27 de enero de 2009 )
Leer más...
 
UGT no FACEBOOK! Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
miércoles, 21 de enero de 2009

facebookUGT crea un grupo de traballo en Facebook



A Secretaría Confederal de Xuventude Traballadora de UGT creou un grupo de traballo en Facebook, unha rede social con millóns de usuarios en todo o mundo que nos permitirá difundir as propostas  do sindicato e coñecer as preocupacións e demandas dos mozos que utilizan estes mecanismos de intercambio de información.

Con motivo do desenvolvemento das novas tecnoloxías da información, a UGT desenvolve esta iniciativa que forma parte dunha batería de ferramentas destinadas a compartir espazos de socialización e saír ao encontro daqueles colectivos que utilizan estes espazos como ferramentas de comunicación. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Modificado o ( miércoles, 21 de enero de 2009 )
 
Informe Xuventude en España 2008 Imprimir E-Mail
Escrito por Xuventude   
martes, 13 de enero de 2009

xuventudeInforme Xuventude en España 2008


O informe, realizado polo Instituto da Xuventude de España (INJUVE) e baseado na enquisa aplicada a unha mostra de 5.000 mozos de entre 15 e 29 anos en novembro de 2007, converteuse nunha das liñas de estudo máis consistentes da poboación nova.

Esta análise sociolóxica de carácter cuatrianual converteuse, 24 anos despois da súa primeira publicación, nunha das liñas de estudo actuais máis consistentes sobre a situación da xuventude. Está baseado na enquisa aplicada en novembro de 2007 a unha mostra de 5.000 mozos, de entre 15 e 29 anos, en todo o territorio nacional.

 

Resultados:

No Informe maniféstase que as mulleres obteñen maiores niveis educativos que os varóns (un 17,2% das mulleres concluíron estudos superiores, fronte ao 14,1% dos varóns). Sen embargo, as mulleres seguen discriminadas laboralmente con respecto aos varóns: maiores taxas de ocupación (están ocupados o 61,1% dos varóns fronte a case o 53% das mulleres), inactividade (34,5% das mulleres fronte ao 29,2% dos mozos masculinos) e desemprego (o paro afecta o 12,6% das mulleres novas enquisadas fronte ao 9,6% dos varóns)...

Modificado o ( martes, 13 de enero de 2009 )
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Siguiente > Final >>

Resultados 81 - 100 de 141
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE