Inicio arrow Medio Ambiente
 
     
Actualidade
Medio Ambiente
O visón americano xa está por toda Galicia Imprimir E-Mail
Escrito por medio ambiente   
martes, 17 de febrero de 2009

bisonO visón americano xa está por toda Galicia e ameaza as aves acuáticas

A presenza e as soltas de visón americano en Galicia, é un perigo para as aves acuáticas, como se reflectiu no parque nacional das Illas Atlánticas. Esta especie da que se documentou unha alimentación a base de crustáceos, peixes, anfibios e pequenos mamíferos, nadou mesmo até illas e illotes do note e sur galaico, onde se fixo graves impactos sobre colonias de aves acuáticas, como o corvo mariño moñudo especie protexida.  

O visón americano ocupa actualmente en galicia gran cantidade de ecosistemas acuáticos e semiacuáticos, son perseguidos hai anos pero é unha tarefa case imposible erradicalos, xa que ademais de ser grandes nadadores, as súas camadas son máis numerosas que as da especie europea e a maioría destes proveñen da solta deliberada procedentes de granxas de peletería por grupos autodenominados "de liberación animal".

 

O visón americano leva 40 anos de expansión en Galicia unha vez que o introduciron as granxas peleteras, onde ás veces se produciron fugas masivas. Nun informe de 1991, os biólogos Munilla, Romeu e Joaquín Giménez de Azcárate detectaron o mustélido invasor en áreas do suroeste de Pontevedra, e sinais nos ríos Caselas, Miñor, no río Xuvia e en varios da Terra Chá luguesa. No Mero, conca baixa do Miño e tramo inferior do Lérez era frecuente velos e recolleron testemuños de observacións frecuentes en Pontedeume, Noia, Padrón, Oza dos Ríos, Gondomar, A Guarda, Ponteareas, Vila de Cruces ou Monteporreiro. Aos núcleos estables nos ríos Tea, Lérez e Almofrei uníanse os da península do Morrazo.

Modificado o ( martes, 19 de mayo de 2009 )
 
Sistema Integral de Información da Biodiversidade Imprimir E-Mail
Escrito por medio ambiente   
lunes, 02 de febrero de 2009

biodiversidadeNovo Sistema Integral de Información da Biodiversidade 

O director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, presentou hoxe o Sistema de Información Territorial e da Biodiversidade de Galicia (SITEB), que integra toda a información relativa á riqueza biolóxica e xeolóxica do territorio.

O SITEB ten un acceso doado, a través de páxina web, e permite consultar bases de datos, documentación e información ambiental de interese a través dun visor cartográfico. Esta ferramenta pretende dotar aos técnicos da administración, consultores e investigadores de Galicia, dunha ferramenta para a análise, valoración, planificación e ordenación do territorio dende o punto de vista da conservación da natureza.  

FONTE:  CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. 

 A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible puxo hoxe en marcha o Sistema de Información Territorial e de Biodiversidade de Galicia (SITEB), que ten como obxectivo mellorar o proceso de intercomunicación entre o cidadán e a consellería. O director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, presentou esta ferramenta, que supón a integración da información relativa á riqueza biolóxica e xeolóxica do noso territorio mediante a tecnoloxía SIX (Sistemas de Información Xeográfica), permitindo un acceso doado e intuitivo á información ambiental de Galicia.

Modificado o ( martes, 19 de mayo de 2009 )
Leer más...
 
Rexistro galego de empresas verdes Imprimir E-Mail
Escrito por medio ambiente   
lunes, 02 de febrero de 2009

rexistroRexistro galego de empresas verdes

 

As empresas galegas que de modo voluntario contribúan activamente á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro incluiranse nun Rexistro de Empresas Subscriptoras de Acordos Voluntarios sobre Redución de Emisións en Galicia. O anuncio foi efectuado polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, na xornada Cambio Climático: Tendencias e Oportunidades Empresariais, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD). 

O rexistro, que segundo explicou Emilio Fernández, director xeral de Desenvolvemento Sostible, podería estar operativo "a fins deste primeiro semestre", estará aberto a todo tipo de empresas e actividades, desde unha panadaría a un taxista...

Modificado o ( martes, 19 de mayo de 2009 )
Leer más...
 
Placas solares transparentes Imprimir E-Mail
Escrito por medio ambiente   
domingo, 01 de febrero de 2009

Placas solares transparentes

A compañía norteamericana Konarka Technologies Ind lanzou un prototipo de células solares transparentes, que se poden instalar en ventás, como alternativa as clásicas placas fotovoltaicas. A instalación destas é moito máis sinxela e quedan moito máis discretas. 

A empresa ideadora destas placas firmou un acordo cunha emplesa constructora para incorporear estas células en algúns materiais de construcción, especialmetne nos cristais das ventás. Así ademáis de optimizar o aproveitamento enerxéricos respétase a estética da casa. 

Aínda que esta alternativa pode resultar moi atractiva, ainda hay que sergurir investigando, ya que a vida útil destas células é moito menor ca das placas fotovoltaicas (que son útiles unhos 25 anos); por outro lado o seu nivel de eficiencia é menor, as placas normales de silicio é de aproximadamente un 20% e éstas só alcanzan un máximo do 6%.

 

Modificado o ( martes, 19 de mayo de 2009 )
 
La Eurocámara limita el uso de pesticidas Imprimir E-Mail
Escrito por medio ambiente   
martes, 13 de enero de 2009

pestividasLa Eurocámara limita el uso de pesticidas

 Una normativa aprobada hoy en Estrasburgo prohíbe el empleo de productos fitosanitarios en zonas públicas y las pulverizaciones aéreas  

EFE - Estrasburgo (Francia).  El pleno del Parlamento Europeo (PE) ha aprobado hoy una normativa que pactó con los ministros de la Unión Europea (UE) que impone reglas más rígidas a la hora de autorizar el uso de productos fitosanitarios. En virtud de tal normativa, se restringe más el empleo de pesticidas y se prohíbe su uso cerca de parques, escuelas, hospitales o de los ríos. Las medidas han sido acordadas tras una larga tramitación con controversia por el rechazo de las industrias, los agricultores y otros sectores afectados...

Modificado o ( miércoles, 20 de mayo de 2009 )
Leer más...
 
Programa pioneiro en Europa Imprimir E-Mail
Escrito por medio ambiente   
viernes, 09 de enero de 2009

mexillonMedio Ambiente executa un programa pioneiro para inspeccionar os emisarios submarinos da costa e planificar medidas de protección e uso do litoral

 A inspección dos emisarios realizaranse con equipos de filmación remota que proporcionan imaxes de calidade superior en tempo real e permiten visualizar en detalle as zonas nas que se detecten incidencias. A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, investirá 1,1 millóns de euros nesta actuación. As inspeccións permitirán coñecer as condicións das infraestruturas de saneamento urbanas e industriais existentes en máis de 1.700 km de costa, mediante o seguimento de máis de 100 titulares de vertidos. Este programa culmina o Plan de Saneamento Integral de Galicia, que supuxo a construcción, ampliación e mellora de 76 novas depuradoras.  

FONTE:  CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE.  

A Consellería de Medio Ambiente porá en marcha un sistema pioneiro en Europa que permitirá coñecer o grao de contaminación do mar e, en consecuencia, planificar medidas de  protección e uso do litoral. Este sistema enmárcase no Plan de Control de Vertidos de Emisarios Submarinos de Galicia, que hoxe presentaron o titular deste departamento, Manuel Vázquez, e a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).  

O proxecto Identificación, localización e inspección dos emisarios submarinos de vertidos de augas residuais levará a coñecer con detalle a totalidade das rías galegas, así como avaliar os vertidos no mar procedentes dos emisarios submarinos, tanto con orixe industrial como urbana ou mixtos. Estes traballos realizaranse por un prazo de 15 meses,  ate finais do ano 2009...

Modificado o ( martes, 19 de mayo de 2009 )
Leer más...
 
El Gobierno gastará 23 millones en 2009 para tratar residuos Imprimir E-Mail
Escrito por medio ambiente   
sábado, 27 de diciembre de 2008

residuosEl Gobierno gastará 23 millones en 2009 para tratar residuos 

El Consejo de Ministros aprueba el nuevo plan nacional, que llegará hasta 2015, y pretende erradicar los vertidos ilegales  

EFE / ELPAÍS.com - Madrid –  

El Ejecutivo ha dado luz verde esta mañana el Plan Nacional Integrado de Residuos 2008-2015 (PNIR), que partirá con una dotación de 23 millones de euros en 2009. Este plan, aprobado el pasado día 22 por la Comisión Delegada para el Cambio Climático, tiene como principales objetivos frenar el crecimiento de residuos, erradicar el vertido ilegal, fomentar la prevención y la reutilización y consolidar el reciclado y su valoración.

 

  

Modificado o ( miércoles, 20 de mayo de 2009 )
Leer más...
 
O noso Nadal, galego e verde Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
lunes, 22 de diciembre de 2008

guia O Consello da Xuventude de Galicia, distribúe a guía O noso Nadal, galego e verde

 

Esta guía, elaborada dende o Consello da Xuventude de Galicia, entidade de interese público á que pertence UGT Xuventude, ten como obxectivo principal promover entre toda a poboación, especialmente entre os mozos e mozas, un Nadal en galego e un Nadal verde, para o que se facilitan alternativas e ideas para celebrar estas festas recuperando tradicións propias, respectando o medio e sendo orixinais.

A guía de galego ofrece información para vivir un Nadal integramente en galego e recuperar tradicións que se están a perder ou son descoñecidas entre a poboación xuvenil, como poden ser os cantares de Nadal ou algunhas receitas típicas galegas propias desta época. Por outra banda, tamén se dan algunhas suxestións para agasallar literatura, música ou novas tecnoloxías en galego.

Polo que respecta á guía verde, facilítanse consellos para que a celebración destas festas sexan máis ecolóxicas e respectuosas co medio, cos animais e coas plantas, deste xeito a nosa pegada ecolóxica será menor. As propostas refírense aos diferentes aspectos do Nadal: a decoración das casas, a iluminación e acondicionamento, a compra dos alimentos, os agasallos e, finalmente, os residuos. Neste sentido, ofrécense receitas verdes e ideas sobre regalos alternativos, ecolóxicos e solidarios.

 

 

Modificado o ( lunes, 22 de diciembre de 2008 )
 
Convención de Cambio Climático Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
martes, 09 de diciembre de 2008

CO2UGT demanda ao Goberno unha posición negociadora firme en favor do acordo multilateral para frear o cambio climático

Modificado o ( miércoles, 17 de diciembre de 2008 )
Leer más...
 
Aulas na Costa da Morte Imprimir E-Mail
Escrito por medio ambiente   
lunes, 20 de octubre de 2008

AULAS NA COSTA DA MORTE - IV 2008.

 

XORNADAS SOBRE SOSTIBILIDADE. CLAVES MEDIOAMBIENTAIS, SOCIOCULTURAIS E EDUCATIVAS PARA A COMPRENSIÓN DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE.

 

http://www.udc.es/dep/ps/grupo/aulas/programa.pdf

Contido: Esta actividade se centrará no estudio e a análise dos aspectos que teñen que ver co desenvolvemento e a realidade social de Galicia, con especial fincapé nos concellos da Costa da Morte.

As distintas sesións de conferencias contempladas no programa promoverán a discusión e a formación de aulas de debate e participación que enriquecerán así os lugares onde se desconcentrará esta actividade académica e divulgativa, permitindo que os concellos máis pequenos se sirvan deste estímulo á execución de programas de cultura ambiental e desenvolvemento sostible a escala municipal e supramunicipal. Abordaránse as seguintes temáticas:

1) Medio ambiente e desenvolvemento sostible.

2) A posta en marcha de Axendas-21 nos concellos.

3) A rendabilidade de investir no ambiental. A explotación do verde.

4) O desenvolvemento turístico: unha opción sostible. 5) A cultura como eixo da acción ambiental.Lugar: Zas, Cee, Laxe e Muxía


Organizador: Instituto de Estudios e Investigación Psicosocial "Xoán Vicente Viqueira"

Data de inscrición: Ata o 24/10/2008

Data de inicio: 25/10/2008

Data de fin: 22/11/2008

Máis info: http://www.xoanvicenteviqueira.org/

Modificado o ( lunes, 20 de octubre de 2008 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Siguiente > Final >>

Resultados 101 - 120 de 158
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE