Inicio arrow Igualdade
 
     
Actualidade
Igualdade
Premios 8 de marzo de UGT Coruña-Cee Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
lunes, 10 de marzo de 2014

UGT Coruña-Cee entrega o premio 8 de marzo a Catalina Rodríguez Galán, delegada da empresa Xuntos 40

 A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee conmemorou o Día Internacional da Muller Traballadora cun acto reivindicativo que se celebrou o sábado 8 de marzo ás 11.00 horas na sede Sindical de Fdz Latorre.

No acto interviron a Secretaria de Organización de UGT Galicia, Delia Irene Martínez e a Secretaria de Igualdade de UGT Coruña-Cee, Isabel Lema e no que fará recoñecemento do traballo sindical e do esforzo desempeñado polas compañeiras en defensa dos dereitos da clase obreira, nun ano especialmente duro para moitas mulleres da comarca que están a sufrir as consecuencias da crise económica e os recortes sociais, tal e como amosan os recentes datos do paro.

As mulleres seguen tendo unha tasa de paro maior e máis alta que hai un ano. Non existe recuperación económica cando máis de 25.000 mulleres na nosa comarca se encontran en situación de desemprego, e cando seguen sendo as mulleres as que teñen que aceptar, maioritariamente un emprego a tempo parcial, sufrindo unha maior segregación ocupacional, maior temporalidade e maior risco de exclusión social” manifestaba o sábado a secretaria de igualdade, Isabel Lema.

A isto únese a menor protección social das mulleres (10 puntos inferior á dos homes), a insoportable violencia de xénero —54 mulleres asasinadas en 2013— e o agravamento da feminización da pobreza e a exclusión social. “vivimos un 8 de Marzo marcado pola reforma laboral, unha reforma educativa que fomenta a desigualdade nas aulas, e o ataque frontal aos dereitos en materia de saúde sexual e reprodutiva, duns Gobernos para os que a igualdade de xénero non é unha prioridade”.

Premio 8 Marzo de 2014: Catalina Rodríguez Galán.

UGT Coruña entregou o Premio 8 de Marzo á compañeira da Federación de Servizos Públicos Catalina Rodríguez Galán, afiliada á UGT dende o ano 1999 e delegada de UGT durante máis de 10 anos da empresa Xuntos 40. Actualmente xubilada, Catalina é unha muller moi querida no sindicato pola súa implicación persoal e sindical, sempre presente en manifestacións e movilizacións en defensa das traballadoras/es.

Modificado o ( lunes, 10 de marzo de 2014 )
 
8 de marzo, Día internacional da muller traballadora Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
lunes, 03 de marzo de 2014

8 de marzo, Día internacional da muller traballadora. A crise empeora a situación da muller no mercado laboral, aumenta as desigualdades de xénero e incide na parcialidade da súa contratación

Con motivo do 8 de marzo, Día internacional da muller traballadora, UGT-Galicia denuncia unha situación social, política e económica de claro retroceso no modelo democrático de relacións laborais e de dereitos sociais.

Existe unha importante responsabilidade política á hora de activar medidas que melloren a situación das traballadoras pero tamén detéctase que no eido persoal é necesario fomentar a corresponsabilidade para favorecer a presenza das mulleres no mercado laboral

En termos de actividade, a crise expulsou amoitos homes do mercado laboral, mentres que fixo que a taxa de actividade feminina aumentase. Pero non se pode obviar que, a pesar disto, o emprego masculino segue amosando unha posición maís consolidada, cunha taxa de actividade do 60 por cento, fronte ao 49,1 por cento do feminino, datos do cuarto trimestre de 2013 da EPA (4.2 puntos por debaixo da media estatal).

En relación ao mesmo trimestre do ano 2007, previo ao comezo da crise, a taxa de actividade diminúe entre os homes (3,5 puntos) e increméntase nas mulleres 3,5 puntos. Existe unha clara incorporación das mulleres ao mercado laboral pero compróbase que en condicións nada favorables.

Se se analiza a ocupación, hai unha caída dende o comezo da crise no caso feminino de 42.600 empregos e no masculino de 166.100 empregos perdidos. Aínda así, segue habendo 517.000 homes ocupados, fronte a 470.400 mulleres.

En só un ano, entre o 2012 e o 2013, hai unha perda de 25.000 empregos masculinos e 13.500 femininos, polo que resulta difícil afirmar que a crise está remitindo...

Modificado o ( lunes, 03 de marzo de 2014 )
Leer más...
 
As mulleres galegas cobran un 23,3 % menos que os homes Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
sábado, 22 de febrero de 2014

22 de febreiro, Día pola igualdade salarial entre mulleres e homes

As mulleres galegas cobran un 23,3 por cento menos que os homes e teñen a ganancia media por hora menor de todo o Estado


Un ano máis, o 22 de febreiro conmemórase o Día pola igualdade salarial entre mulleres e homes. Unha xornada para denunciar a desigualdade salarial por sexos e demandar a súa erradicación que debe ser abordada sen escusas en todos os ámbitos, non só no laboral, senón taménn no político, económico e social.

O 22 de febreiro constítúe en día simbólico que se celebra dende o ano 2010 tomando como referencia a diferenza media de salarios entre mulleres e homes de todos os países da UE, calculando os días de máis que ten que traballar unha muller respecto a un home para cobrar o mesmo. UGT-Galicia incide en que o salario condiciona o presente e o futuro, xa que, por un lado, é garantía de independencia da muller pero tamén repercute na protección futura.

En todos os tratados da UE plásmase o principio de igualdade de retribución para homes e mulleres por un traballo igual pero a brecha salarial por sexos segue sendo notoria. Concretamente, en Galicia, dun 23,3 por cento. O salario medio anual percibido en Galicia no 2012 foi de 17.737 euros. No caso dos homes foi de 19.865 e no das mulleres de 15.227, 4.638 euros ao ano menos que os homes...

Modificado o ( lunes, 24 de febrero de 2014 )
Leer más...
 
informe “El empleo no impide el empobrecimiento de las mujeres” Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
miércoles, 19 de febrero de 2014

UGT presenta el informe “El empleo no impide el empobrecimiento de las mujeres”, con motivo del 22 de febrero, Día de la Igualdad Salarial

UGT ha presentado esta semana el informe “El empleo no impide el empobrecimiento de las mujeres”, que se ha realizado con motivo del Día de la Igualdad Salarial que se celebra el próximo 22 de febrero.

Un informe que refleja que la brecha salarial se sitúa ya en un 22,99% de media anual, incrementándose un 0,5% respecto al año anterior “por lo que las mujeres españolas tendríamos que trabajar 84 días más que los hombres para percibir el mismo salario”.

UGT denuncia que “a pesar de todas las declaraciones que se hacen, incluido el propio discurso de investidura del Presidente del Gobierno, donde planteó como uno de los objetivos estratégicos el luchar contra la desigualdad retributiva, no hemos visto ninguna medida dirigida a corregir esas desigualdades y, desde luego, nos asombra porque, evidentemente, una forma de ocultar el problema es desconocer el problema, así el problema no existe”.

Si realmente este país no quiere cometer un suicidio, desde el punto de vista social, tiene que hacer lo que han hecho otros países en políticas de igualdad: favorecer e incrementar la tasa de actividad de las mujeres y hacer políticas públicas que favorezcan la conciliación, en ningún caso que vayan en detrimento de las posibilidades de empleo, ni de calidad del empleo de las mujeres.

La falta de “políticas públicas a favor de la igualdad y que favorezcan la conciliación, sin un coste personal en términos de derechos de las mujeres, lo que está trayendo consigo es menos tasa de actividad de las mujeres y menos niños para este país, lo que tiene consecuencias sociales muy graves”...

Modificado o ( miércoles, 19 de febrero de 2014 )
Leer más...
 
Convocatoria de movilizacións da Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
sábado, 15 de febrero de 2014

Convocatoria de movilizacións da Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña

 A Plataforma polo Dereito ao Aborto - da que UGT forma parte- continuará coas mobilizacións contra a reforma da Lei do Aborto presentada por Gallardón e anuncia que na nosa comarca vanse desenvoler os seguintes ACTOS, programados polo grupo de traballo da Coruña:

 - Recollida de sinaturas e presentación dun escrito ao Valedor do Pobo de “Solicitude amparo ao Valedor do Pobo en relación cos dereitos humanos e constitucionais das mulleres”, o sábado 22 de febreiro ás 12:00 no Parlamento de Galicia (Compostela).

- O vindeiro 27 de febreiro, ás 21:00 horas tras a manifestación convocada pola Alianza Social Galega, as entidades integrantes da Plataforma celebraramos o “xoves do comadres”, retomando o espírito subversivo e de ruptura das convencións sociais e de cambio de roles que supón o entroido.

- O 6 de marzo, realizarase unha “performance” (escenificación teatral), nas inmediacións no cruce de Rego de Auga coa Rúa Real, diante o Teatro Rosalía, ás 19:30 horas.

- Gran manifestación nacional o día 9 de marzo en Compostela, que sairá ás 12:00 horas da estación de trens e rematará na Praza da Quintana.

UGT Coruña-Cee anima á toda a cidadanía a participar nos actos convocados en defensa dos dereitos das mulleres a decidir sobre o seu corpo e contra a reforma da lei de prazos actual, que conta co consenso da inmensa maioría da ciadanía.

Modificado o ( sábado, 15 de febrero de 2014 )
 
Movilizacións contra a reforma da Lei do Aborto na Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
martes, 28 de enero de 2014

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña esixe a inmediata retirada da “contrarreforma” do ministro Gallardón porque atenta contra os dereitos fundamentais das mulleres e amósalles a súa anulación e desprezo máis absoluto

A Plataforma da Comarca da Coruña, da que UGT forma parte, anunciou os próximos actos de protesta, entre os que está una gran manifestación nacional o 9 de marzo.

  As organizacións integrantes da Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña abordaron nunha rolda de prensa as reivindicacións fundamentais das mulleres con respecto á  “contrarreforma” aprobada polo do Goberno do Estado do Partido Popular en Consello de Ministros e anunciaron una serie de actos que se levarán a cabo dende xa mesmo ata marzo para esixir a retirada inmediata de dita reforma. 

As organizacións integrantes da Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña abordaron nunha rolda de prensa as reivindicacións fundamentais das mulleres con respecto á pretendida “contrarreforma” do Goberno do Estado do Partido Popular e anunciaron una serie de actos que se levarán a cabo dende xa mesmo ata marzo para esixir a retirada inmediata de dita reforma.

Entre as cuestións abordadas na comparecencia, destacáronse as seguintes:

As mulleres galegas queremos dicir hoxe ben alto que NON queremos esta contrarreforma de Gallardón a unha Lei que foi froito do consenso e da demanda dunha ampla maioría social, que hoxe mesmo segue apostando polo mantemento da Lei de 2010

A Lei de 2010 está avalada polo Consello de Estado e resposta a unha recomendación de Europa, que aposta por unha Lei de prazos como a aprobada en 2010 e similar a moitos países do continente. As mulleres galegas pensamos que as morais privadas non poden facer leis nunha sociedade aberta e, por iso, anunciamos que vamos loitar e a utilizar todas as ferramentas que teñamos ao noso alcance para impedir que esta contrarreforma machista, retrógada, restrictiva (a máis restrictiva dos 35 anos de democracia), inútil e cruel se mire como se mire, se aprobe e entre en vigor...

Modificado o ( sábado, 15 de febrero de 2014 )
Leer más...
 
UGT rechaza la reforma de la Ley del Aborto Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
viernes, 20 de diciembre de 2013

UGT rechaza la reforma de la Ley del Aborto

La reforma de la actual Ley Orgánica 2/2010 de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo, que ha aprobado hoy el Consejo de Ministros supone un retroceso de casi treinta años en los derechos de las mujeres.

Además, genera una gran inseguridad jurídica para las y los profesionales sanitarios, encargados de practicar las intervenciones de interrupción voluntaria de los embarazos, porque da un paso atrás en la regulación de la práctica de un derecho reconocido e implementado desde el año 2010, con supuestos mucho más restrictivos.

La reforma aprobada hoy va a suponer la vuelta al oscurantismo de la mayor parte de las interrupciones voluntarias de embarazo, una situación en la que se pone en riesgo la vida y la integridad de las mujeres al tiempo que se condena a la clandestinidad, la labor de los profesionales que hoy realizan legalmente estas intervenciones.

Desde UGT rechazamos la reforma de la Ley Orgánica 2/2010 de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo, por suponer una vuelta de tuerca más a los derechos de las mujeres en general y de las trabajadoras en particular

Modificado o ( lunes, 23 de diciembre de 2013 )
 
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
viernes, 22 de noviembre de 2013
 

25N. UGT e CC OO manifestan a súa repulsa de todo tipo de violencia contra as mulleres, froito da desigualdade, situación que se agudiza na actual conxuntura de crise

15.000 denuncias retiradas. A crise empeora o acceso das vítimas á xustiza.

Un ano máis, este 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres neste país, xa con 44 mulleres asasinadas no que vai de ano a mans das súas parellas ou ex-parellas. É evidente que, por desgraza, esta lacra social continúa e hai que seguir loitando para erradicala.

UGT e CCOOO denuncian o paso atrás que van supoñer nesta loita a lei Wert, coa supresión de educación para a cidadanía, a reforma da Administración local, que deixará máis desprotexidas as vítimas, e as modificacións lexislativas anunciadas no eido da saúde sexual e da reprodución. UGT e CCOO amosan a súa repulsa de todo tipo de violencia machista, xa sexa a exercida física, psicolóxica, sexual ou economicamente, consecuencia da desigualdade entre mulleres e homes e un grave atentado contra os dereitos fundamentais.

Corenta e catro mulleres asasinadas no que vai de ano a mans das súas parellas ou ex-parellas amosan a gravidade da situación, pero son só a punta do iceberg de toda a violencia soportada e, na maioría dos casos, nin sequera denunciada. É evidente que cómpre máis eficacia e compromiso por parte das administracións, institucións e da sociedade en xeral para a eliminación desta lacra. Unha lacra que non cesa e mesmo aumenta en parellas novas. A Fiscalía de menores alerta de que se incrementan as causas xudiciais por razón de violencia de xénero en adolescentes de entre 15 e 17 anos.

MÁIS DE 15.000 DENUNCIAS FORON RETIRADAS. A CRISE ESTÁ A EMPEORAR AS CONDICIÓNS PARA QUE AS VÍTIMAS ACUDAN Á XUSTIZA

Outro dato certamente alarmante é o que ofrece o Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, onde se constata que en 2012 se produciron 128.592 denuncias, un catro por cento menos que o ano anterior, pero é que máis de 15.000, un 12,13 %, foron retiradas. Evidénciase que a crise está empeorando as condicións e poñendo trabas para que as vítimas de violencia machista acudan á xustiza. UGT e CC OO consideran que a loita contra a violencia de xénero debe ser unha prioridade para as administracións e non se pode supeditar ás conxunturas económicas dun país. Hai que recuperar e incrementar os esforzos económicos para combater este grave problema social...

Modificado o ( lunes, 25 de noviembre de 2013 )
Leer más...
 
UGT logra la readmisión de un trabajador que fue despedido por ser transexual Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
sábado, 28 de septiembre de 2013

UGT logra la readmisión de un trabajador que fue despedido por ser transexual


UGT ha conseguido que el joven Daniel Román, de 25 años, que fue despedido de su trabajo como enfermero el pasado 15 de agosto por ser transexual, sea readmitido en la ONG Nuevo Futuro Sirio.

Meses después de que anunciara en su trabajo que estaba inmerso en un proceso de cambio de sexo, Daniel fue despedido por esta ONG que se encarga de tutelar a niños y adolescentes (de entre 10 y 17 años) del Instituto del Menor de la Comunidad de Madrid para su reinserción en la sociedad alegando que, su intención de cambiar de sexo, podría afectar a los niños con los que trabajaba.

Daniel Román recibió el despido tras volver de sus vacaciones con el argumento de que habían "constatado la indisciplina y la desobediencia" en el trabajo y "una disminución continuada" de su rendimiento.

En realidad,
 los problemas para el enfermero comenzaron cuando decidió explicar a la directora de la ONG la intención de iniciar un tratamiento para el cambio de sexo.

UGT denunció ante los tribunales este despido inadmisible por la clara vulneración de los derechos fundamentales recogidos por nuestra Carta Magna. De hecho, la Secretaria de Igualdad y Asuntos Sociales del sindicato en Madrid, Ana Sánchez de la Coba, ya había señalado la intención del sindicato de llevar a este asunto hasta las últimas instancias afirmando que "UGT habría acudido a la Corte de Estrasburgo si hubiera sido necesario porque se trataba de un despido totalmente nulo".

Gracias a la presión, la denuncia y la repercusión mediática se ha logrado la readmisión del trabajador por parte de esta ONG.

Modificado o ( sábado, 28 de septiembre de 2013 )
 
Marcha silenciosa polo dereito ao aborto Imprimir E-Mail
Escrito por Igualdade   
martes, 24 de septiembre de 2013

UGT Coruña apoia as movilizacións da Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto convocadas para o 25 e 28 de setembro

 

A Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto, da que a Unión Xeral de Traballadores forma parte, organizará na Coruña unha MARCHA SILENCIOSA o vindeiro mércores día 25 de setembro ás 19:30 horas. A marcha -durante a que se realizará un reparto de información sobre a reforma da lei do Aborto- comezará na Praza de Galicia (diante do pazo de Xustiza) e rematará diante do Obelisco, onde se extenderá un lazo violeta e as organizacións convocantes lerán un manifesto.


Modificado o ( jueves, 03 de octubre de 2013 )
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 41 - 60 de 237
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE