Inicio arrow Acción Sindical
 
     
Actualidade
Acción Sindical
Informe "Despidos en España" Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
lunes, 08 de junio de 2009

paroO 80% das persoas que perderon o seu emprego no último ano foron traballadores con contrato temporal

Os que piden maior flexibilidade na contratación, pretenden máis facilidades para destruír emprego...

Modificado o ( sábado, 13 de junio de 2009 )
Leer más...
 
Manifesto UGT Coruña ante as eleccións ao Parlamento Europeo Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruna   
lunes, 01 de junio de 2009

eleccionsA Unión Europea é unha necesidade!


As eleccións europeas de xuño 2009 concernen a todos os traballadores en Europa. Nun momento económico como o actual, a clase traballadora defende o valor central do traballo como o motor do desenvolvemento económico e social e como garantía de cohesión...

Modificado o ( sábado, 06 de junio de 2009 )
Leer más...
 
UGT e CCOO presentan un documento de proposta para impulsar o Diálogo Social Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
martes, 26 de mayo de 2009

propostas sindicaisUGT aposta por revitalizar o Diálogo Social e achegar alternativas para alcanzar un acordo social para o emprego e a protección social


UGT e CCOO presentaron onte as propostas sindicais para un acordo polo emprego e a protección social, unha alternativa sindical para encontrar a saída á crise.


 O documento pretende revitalizar o Diálogo Social entre sindicatos, patronal e Goberno e achegar alternativas para alcanzar un acordo social para o emprego e a protección social dos traballadores.


Os Sindicatos apostan por dous paquetes de medidas:

 

- Unhas de carácter urxente: a necesidade de ampliar e mellorar a protección por desemprego e a achega de iniciativas para reactivar a liquidez en beneficio das familias e as pequenas empresas.

 

- Outras de carácter estratéxico: un cambio do modelo produtivo no noso país, de maneira que a través do Diálogo Social cren as condicións para que o motor do crecemento económico e do noso modelo de desenvolvemento proveña do impulso e a mellora da formación e da innovación tecnolóxica. 

 

O Secretario Xeral de UGT sinalou que o financiamento destas propostas pode levarse a cabo aproveitando as marxes de débeda, reforzando a loita contra a fraude fiscal e reformulando o sistema actual xa que a presión fiscal no noso país está por debaixo da media europea. Subliñou ademais que ten que haber unha implicación de todas as administracións públicas, para conseguir un mecanismo de coordinación estable na loita contra a crise económica entre o Goberno e as Comunidades Autónomas porque hai competencias e recursos abondo. 

 

 + Información Relacionada 

 

> Propuestas sindicales para un acuerdo por el empleo y la protección social (Resumen) 

> Propuestas sindicales para un acuerdo por el empleo y la protección social

Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
 
Subida das pensións mínimas Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
viernes, 06 de febrero de 2009

PENSIONSUGT reclama que, ademais das pensións mínimas, se revaloricen as prestacións familiares


O sindicato valora o aumento das pensións mínimas malia a crise

UGT valora que a revalorización das pensións mínimas en 2009 continúe mellorando, a semellanza dos exercicios anteriores, a pesar de que o contexto económico é bastante máis negativo. Non obstante, recorda que aínda seguen sin actualizarse as prestacións familiares, as contías das cales son, evidentemente, insuficientes.

En 2009 as pensións mínimas incrementáronse con carácter xeral un 3% (un 2% no caso das pensións non contributivas), incrementándose en 15 euros máis ao mes as pensións mínimas de viuvez, as de xubilación ou incapacidade con cónxuxe a cargo e as daqueles fogares formados por unha unidade económica unipersonal...

Modificado o ( viernes, 06 de febrero de 2009 )
Leer más...
 
Rolda de Prensa en Carballo. Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
jueves, 29 de enero de 2009

roldaUGT anuncia o novo servizo de asesoría xurídica en Carballo.

 O pasado martes o Secretario Comarcal de UGT, José Carrillo,  xunto coa executiva comarcal, fixeron presentación do servizo de asesoría xurídica do Sindicato. Un avogado de UGT atenderá aos afiliados e traballadores e traballadoras da comarca de Bergantiños que así o precisen todos os xoves polas tardes na sede de UGT Carballo (Vázquez de Parga, nº 4, 1º).  

Así mesmo, na rolda de prensa recordouse que tamén está a disposición dos traballadores/as o servizo de orientación laboral da UGT, así como a posibilidade de realizar cursos de formación para traballadores en activo e para parados. Todos os interesados poden informarse achegándose a sede de UGT, ou a través desta páxina web (Sección de formación). 

José Carrillo fixo tamén unha análise global dos efectos da crise nas comarcas da Coruña e Bergantiños, posto que o paro se ven incrementando notablemente nos últimos meses- especialmente no sector da industria e da construción-  superando xa o 12,26 de persoas desempregadas en decembro de 2008, cando en decembro de 2007, a tasa de desemprego non chegaba ao 10% (9,93%).  

«Dende a UGT instamos aos gobernos municipais a que apliquen con celeridade o Fondo Estatal de Inversión Local, que pode amortecer os efectos do desemprego durante este ano. Temos a previsión de que ao longo do 2009 a situación permaneza estable. Confiamos en que a finais do ano se empece a recuperar a economía, pero non se xerará emprego, porque todos os analistas indican que para crear postos de traballo é necesario que España creza por enriba do 2,5%,».  

«Estamos a rematar un estudo, en colaboración con Comisións Obreiras, para intentar dinamizar o Pacto Territorial Polo Emprego. Cremos que podemos tomar medidas dende este organismo que axuden a mellorar o panorama».


O Secretario Xeral de UGT na zona tamén anunciou que o sindicato solicitará ao Goberno unha cobertura especial para os traballadores que se vexan implicados nun expediente de regulación de emprego. «A nivel central pediremos ao executivo español que as persoas afectadas por un ERE non computen no desemprego». 

José Carrillo móstrase preocupado coa situación económica actual e esixe ás administracións públicas e aos gobernos que regulen o mercado e o funcionamento das entidades financieras, ao mesmo tempo que se defende un sistema impositivo mais progresivo.

Segundo Carrillo “estamos ante a primeira crise da globalización, pero non debemos permitir que sexamos os traballadores e traballadoras os que paguen as consecuencias da avaricia e a falta de control do mercado por parte das grandes potencias, especialmente EEUU. 

Modificado o ( jueves, 29 de enero de 2009 )
 
Galicia entre as máis afectadas Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
miércoles, 21 de enero de 2009

empresas afectadasUGT demanda á Inspección e Administración Laboral que comprobe e cuestione os ERE en empresas con beneficios.
Aumentou o número de traballadores afectados case o 42%, nos dez primeiros meses do pasado ano


O número de Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) e de traballadores aumentou considerablemente. Só nos dez primeiros meses de 2008 se autorizaron 3.857, que afectaron 67.567 traballadores, un 41,8% máis que igual período de 2007.
 O sindicato propón un maior control sobre os elementos que determinan os ERE por parte da Inspección de Traballo e a Administración Laboral, entre outras medidas, comprobar e garantir as causas alegadas para solicitar un ERE e mesmo cuestionar os casos de empresas que, tendo beneficios, formulan regulacións de emprego con extinción ou suspensión de contrato...

Modificado o ( miércoles, 21 de enero de 2009 )
Leer más...
 
Respostas e Propostas de UGT ante a crise Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
martes, 13 de enero de 2009

Respostas ante a crise UGT presenta a campaña "Respostas e Propostas de UGT ante a crise".


O Secretario Xeral de UGT, Cándido Méndez, presentou esta mañá a campaña "Respostas e Propostas de UGT ante a crise" , e destacou as últimas propostas de UGT ao Goberno para paliar os efectos da crise sobre os traballadores: esgotar as posibilidades de ampliar as prestacións sociais daqueles colectivos que as consumen por diversas causas e establecer mecanismos reguladores para que, tanto os empresarios como os sindicatos, manteñan un seguimento exhaustivo do plan de investimentos públicos do Executivo.


A UGT considera que, a pesar da ampla cobertura do actual sistema de prestacións por desemprego "é necesaria a súa modificación porque hai desaxustes na prestación dalgúns colectivos". Así mesmo faise esencial "realizar un seguimento da inxección de liquidez do Goberno ás empresas, xa que as iniciativas que está a tomar o Executivo para os investimentos públicos non estiveron vinculadas ao Diálogo Social"...

Modificado o ( martes, 13 de enero de 2009 )
Leer más...
 
Efectos da crise na comarca da Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
sábado, 10 de enero de 2009
paro

O avance do paro na Coruña urxe a intensificación de medidas para a creación de emprego e a protección dos  afectados pola crise. 

 

O mal dato do paro evidencia os efectos negativos que a crise económica está a ter sobre o emprego na comarca da Coruña. O desemprego rexistrado en decembro aumentou en 1.163 persoas respecto a novembro (o 3,71%), o que implica rematar o ano con 32.474 persoas paradas, é dicir un 21,15% máis que hai un ano (5.669 novas persoas desempregadas).

Por sectores de actividade, destaca este mes o incremento experimentado polo sector da construción con 573 persoas máis en desemprego, é dicir, un 14,98% máis, seguido polo sector de servizos (339 persoas) e a industria (298). En termos interanuais, se ben a construción vai incrementada a súa cifra de desemprego un 58,77% (1.628 persoas), é o sector servizos o que sumou unha maior cantidade de persoas ás cifras de desemprego, 3.245 (20,34%)...

 

Modificado o ( martes, 13 de enero de 2009 )
Leer más...
 
245.000 emails contra a directiva das 65 h Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
jueves, 10 de julio de 2008

Máis de 245.000 correos electrónicos enviados aos eurodiputados

españoies contra a directiva das 65 horas

Dende que Avalot - Novos de UGT de Catalunya puxeron en marcha a cibercampaña contra a Directiva das 65 horas, os eurodeputados españois xa recibiron un total de 245.484 correos electrónicos para que voten en contra no Parlamento Europeo.



En 25 días, 4.546 cidadáns e cidadás adheríronse á cibercampaña e enviaron dende o blog www.hazteelsueco.org un correo electrónico aos 54 eurodeputados españois para que voten en contra da directiva sobre o tempo de traballo, que amplía a xornada laboral a 60 ou 65 horas semanais, aprobada polos ministros de Traballo da UE, e que se deberá de aprobar definitivamente no Parlamento Europeo.



Hazteelsueco.org é un blog creado por Avalot - Novos de UGT de Catalunya para criticar as dificultades de conciliación da vida laboral e persoal que padecemos no noso país e para abrir un debate social sobre a necesidade de racionalizar os horarios laborais. O blog é o diario dunha persoa que se quere facer sueca para beneficiarse das condicións de vida deste país nórdico. O blog, posto en marcha hai un mes, xa o visitaron 26.500 persoas.

Modificado o ( jueves, 10 de julio de 2008 )
 
Derechos y salarios dignos para los trabajadores del textil deportivo mundial Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
lunes, 12 de mayo de 2008

La campaña Juega Limpio 2008 reclama derechos y salarios dignos para los trabajadores del textil deportivo mundial


 

Salvando obstáculosMarcas de ropa deportiva como Nike y Adidas, que gastan millones de euros en patrocinio deportivo, han aumentado sus beneficios en los últimos cuatro años en más del 50%. Pese a esto, en China, un trabajador pega calzado deportivo por 1,25 euros al día y cose balones por 0,30 euros cada uno. Ésta es una de las conclusiones de la campaña JUEGA LIMPIO 2008, en la que interviene UGT.

El informe “Salvando obstáculos: pasos para mejorar los salarios y las condiciones de trabajo en la industria mundial de artículos deportivos”, revela la situación laboral precaria de los trabajadores de las marcas deportivas en el sector textil.

La campaña aboga por exigir a los proveedores de las marcas deportivas que adopten políticas de libertad sindical de manera proactiva. Las marcas y los minoristas de artículos deportivos deben ofrecer incentivos para las fábricas que cuentan con acuerdos de contratación colectiva con sindicatos independientes.

Asimismo, los compradores deben informar públicamente de las políticas de la compañía para la selección de sus proveedores o vendedores y emprender una revisión de los precios pagados a los proveedores, con el fin de lograr salarios dignos y garantizar el cumplimiento de las normas internacionales de trabajo.


Modificado o ( domingo, 25 de mayo de 2008 )
Leer más...
 
Manifesto 1º Maio Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
martes, 22 de abril de 2008

MANIFESTO DO 1º DE MAIO DE 2008

É o momento da igualdade, o salario digno e o investimento produtivo

O 1º de maio os traballadores e traballadoras estamos chamados a celebrar o día Internacional do Traballo para reclamar, con firmeza, avances nos valores universais da Xustiza, a Liberdade, a Igualdade e a Paz, así como nos dereitos laborais e sindicais.

Moitos foron os que, en distintos lugares e ao longo do tempo, loitaron para conseguir a implantación destes valores. Aínda hoxe é alarmante o número de persoas que perderon a vida ou sofren represión polas súas actividades sindicais.

Reafirmamos co sindicalismo internacional, o noso compromiso cos dereitos humanos no mundo e, expresamos a máis firme solidariedade co pobo iraquí, vítima dunha guerra ilegal e inxusta; cos pobos de ahara, Palestina ou o Tibet e esiximos á comunidade internacional a procura e saídas urxentes aos conflitos que padecen.

Modificado o ( jueves, 04 de septiembre de 2008 )
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Siguiente > Final >>

Resultados 64 - 84 de 101
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE