Inicio arrow O Teu Sindicato
 
     
Actualidade
O Teu Sindicato
Manifestación domingo 10 de Marzo Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
martes, 26 de febrero de 2013

Manifestación domingo 10 de Marzo “Por unha democracia social e participativa”

Maniféstate contra a fraude, os paraísos fiscais, a corrupción, o empobrecemento, o desafiuzamento e a violencia social

O Comité executivo da CES, do que forman parte UGT e CCOO acordou convocar a todas as persoas traballadoras a unha mobilización en todas as cidades do Estado en defensa do emprego e do crecemento.

As manifestacións terán lugar o vindeiro domingo 10 de marzo, e na Coruña partirá ás 12 horas da praza da palloza e rematará no Obelisco.

Ditas mobilizacións terán lugar catro días antes da gran concentración en Bruxelas coincidindo co Cumio de Primaveira, en demanda dun presuposto comunitario plurianual 2014-2015 que no rebaixe e sexa equitativo.

Demándase, asimesmo, que as iniciativas en favor do emprego xove teña un marco orzamentario adecuado e que o presuposto sexa, en definitiva, coherente cos obxectivos da Estratexia 2020.

 

Ler o manifesto da Convocatoria do 10 M en Galicia

 

Modificado o ( lunes, 11 de marzo de 2013 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Siguiente > Final >>

Resultados 56 - 66 de 90
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE