Inicio arrow O Teu Sindicato
 
     
Actualidade
O Teu Sindicato
UGT Coruña entrega os Premios 1º de Maio 2014 Imprimir E-Mail
Escrito por UGT A CORUÑA   
lunes, 28 de abril de 2014

UGT Coruña entrega os Premios 1º de Maio ao sindicalista Alejandro Martínez, o Banco de Alimentos Rías Altas de ao fotoxonalista Pedro Puig de Llano

 

 Os actos conmemorativos do 1º Maio en A Coruña comezaron o venres 25 de abril cos XI Premios 1º maio de UGT Coruña que o Sindicato entregou nun acto homenaxe no que participaron o Secretario Comarcal, José Carrillo, e a Secretaria de Organización de UGT Galicia, Irene Martínez.

Na súa intervención, José Carrillo salientou que “as nosas principais reivindicación para o 1º de maio seguen senso as políticas de recorte e reducción de dereitos dende o comezo da crise e que está afogando a milleiros de fogares e familias na comarca. Mentras o Goberno fala de recuperación, nós so vemos máis paro, máis desigualdade, máis pobreza e un maior recorte de dereitos sociais e laborais. Un exemplo: máis do 50% dos parados da nosa comarca non perciben ningunha prestación por desemprego nin outra axuda económica. Isto non se pode permitir nunha democracia”. Fan falta unha maior soliedaridade e compromiso polas administracións, con prestacións sociais que compensen a perda de empregoe protexan ás familias e menores.

Os actos continuarán o vindeiro xoves ás 10.00 na homenaxe conxunta de UGT e CCOO no cementerio civil e coa manifestación do 1º de maio ás 12:00 horas que partirá da praza da Palloza, na Coruña. 

UGT Coruña homenaxea a Alejandro Martínez, o Banco de Alimentos Rías Altas e a Pedro Puig de Llano.

O primeiro homenaxeado da mañá foi Alejandro Martínez, sindicalista dende o ano 76 na empresa do sector metal “EMESA”, na que foi delegado sindical e membro do comité de empresa durante 15 anos ininterrumpidos. Desempeñou tamén o cargo de Secretario de Organización da Federación comarcal de Metal, Construccións e Afíns de UGT durante 3 anos, e foi tamén Secretario de Organización da Unión Comarcal. Actualmente xa xubilado, segue sendo pertencendo á UGT en calidade de afiliado de base. Alejandro Martínez representa a unha boa parte da historia recente da UGT e da MCA. É unha persoa loitadora, traballadora e solidaria que sempre defendeu, na empresa e na rúa o dereito a un traballo digno.

O Banco de Alimentos Rías Altas é de recente creación, xa que se constitúe o 31 de maio de 2010. Nace co obxectivo de cubrir unha necesidade urxente e cada vez máis crecente de axudar ás persoas máis necesitadas da provincia da Coruña. O Banco de Alimentos funciona grazas ao entusiasmo e á entrega desinteresada dos voluntariose voluntarias que son os que desenvolven todo o traballo. O Banco de Alimentos Rías Altas contribúe ao benestar da cidadanía, axudando ás institucións asistenciais que se ven desbordadas polas crecentes demandas de alimentos, especialmente nun ano como o pasado marcado polos efectos dunha longa crise, e que se veu agravada por unha importante diminución dos alimentos facilitados polo Fondo Español de Garantía Agraria ( FEGA ). Por ese motivos, o Banco de Alimentos está a realizar intensas campañas de recollida de alimentos nos centros de ensino, Grandes Superficies comerciais e outras empresas privadas. Con este premio a UGT da Coruña quere pór en valor e recoñecer o fundamental traballo dos voluntarios e voluntarias que integran este Banco de Alimentose que benefician a 213 entidades de toda a provincia da Coruña.

Pedro Puig de Llano é o xefe de fotografía de El Ideal Gallego. Os seus comezos no mundo do fotoxornalismo remóntanse ao ano 85, cando traballaba na xa desaparecida Revista Marineda. Ahí inicia a súa relación coa información local, que continuaría máis tarde con diversas revistas galegas e deportivas, motivo polo cal o Deportivo da Coruña o fichara como fotógrafo oficial do clube, traballo que compaxinou con colaboracións en Marca e Diario 16. No ano 1995 entra a traballar no Ideal Galego, empresa na que contía actualmente. Ten participado en mumerosas exposicións fotográficas e recibiu numerosos premios que recoñecen a súa boa man para a fotografía. As fotografías de Pedro Puig poden atoparse en xornais e revistas de todo o mundo, dende xapón ata EEUU, pasando por Rusia e Sudáfrica. UGT quere recoñecer o paciente e incansable traballo de un foto xornalista coma Pedro Puig, pois a súa cámara reflexou coma ninguén a realidade cotiá da cidade e do deporte coruñés e tamén das movilizacións e actividades sindicais da comarca da Coruña.

Modificado o ( lunes, 28 de abril de 2014 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Siguiente > Final >>

Resultados 45 - 55 de 87
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE