Inicio
 
     
Actualidade
Comerc;Host-Tur;Xogo (CHTX)
ugt denuncia as malas praticas empresariais da empresa bocatin Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
miércoles, 30 de mayo de 2007

UGT DENUNCIA PÚBLICAMENTE AS MALAS PRÁCTICAS EMPRESARIAIS DA EMPRESA BOCATÍN.


A Federación de Comercio, Hostelería, Turismo e Xogo de UGT-A Coruña quere DENUNCIAR públicamente á empresa JAMONERÍA- CHARCUTERÍA BOCATÍN polas persecucións, ameazas e acoso laboral que sofre un dos seus traballadores, con 20 anos de antigüedade na empresa.

Esta situación, que se ven repetindo dende hai tres anos, levou a dito traballador a defender ante os tribunais os seus dereitos laborais e personais, gañando en firme, ata o día de hoxe, todas e cada unha das denuncias presentadas, incluso un despido que o xuíz declarou IMPROCEDENTE.

Ante esta sentenza, o empresario readmitiu ao traballador, co único fin de non aboarlle a indemnización correspondente. Non obstante, o traballador decidiu recurrir esta readmisión irregular, porque se segue a sufrir acoso laboral, planteando a resolución do contrato co fin de pór fin a un calvario que afectou a saúde e vida persoal, e poder recuperar a súa dignidade como traballador e persoa.

Dende UGT queremos denunciar públicamente a empresas que, como BOCATÍN, atentan contra os dereitos laborais e a dgnidade dos traballadores.

 
UGT gaña as eleccións en Claudio Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
miércoles, 30 de mayo de 2007

UGT GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN SUPERMERCADOS CLAUDIO


A A Federación de Comercio, Hostelería, Turismo e Xogo de UGT-A Coruña gañou eleccións sindicais na empresa Supermercados Claudio. Os resultados foron os seguintes:

UGT: 8 delegados.

CCOO: 6 delegados.

CIG: 6 delegados.

USO: 5 delegados.


Despois da campaña de desprestixio realizada polos demais sindicatos en contra de UGT, a Sección Sindical de UGT- Claudio quere agradecer o apoio maioritario depositado pola maior parte dos traballadores, considerando “un triunfo os resultados obtidos, e a confianza depositada no traballado da UGT”.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Siguiente > Final >>

Resultados 61 - 62 de 62
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE