Inicio arrow Comerc;Host-Tur;Xogo (CHTX)
 
     
Actualidade
Comerc;Host-Tur;Xogo (CHTX)
Novo Convenio Provincial de Hostalería Imprimir E-Mail
Escrito por CHTX   
lunes, 26 de octubre de 2009

Publicado o novo Convenio de Hostalería da Provincia da Coruña 2006-2010

Este convenio colectivo afectará a tódalas as empresas e establecementos encadrados no sector de hostalería, ós que lles sexa de aplicación o acordo laboral de ámbito estatal para o sector da hostalería.

O presente convenio é de ámbito provincial e aplicarase, polo tanto, ás empresas e ós seus traballadores a que fan referencia os anteriores artigos, sempre que estean radicadas na provincia da Coruña.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de Xaneiro do 2006, independentemente da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Terá unha duración de cinco anos, ata o día 31 de decembro do ano 2010.

Modificado o ( lunes, 26 de octubre de 2009 )
 
publicación convenio comercio vario Imprimir E-Mail
Escrito por CHTX   
viernes, 31 de julio de 2009

Entra en vigor a aplicación do Convenio Colectivo de Comercio Vario

Os incrementos e atrasos recollidos no Convenio deberán abonarse na nómina do mes de agosto

O 30 de xullo procedeuse, tras unha longa espera e dunha duración negociación, a publicación do Convenio Colectivo de Comercio vario da Provincia da Coruña.

O Convenio será de aplicación a todas as empresas adicadas ao comercio de metal, textil, pel e materiais de construcción entre outros.

Este convenio supón un incremento nos salarios existentes (correspondentes ao ano 2007) do 5% para o ano 2008 e do 2,25% para o ano 2009. Esto traducido en euros supón – n a maioría das categorías- unha media aproximada de 900 ou 1000 euros de atrasos, que poderán verse incrementados atendendo á antiguedade dos traballadores.

O Convenio terase que aplicar – como moi tarde- na nómina do mes de agosto en todas as empresas do sector, así como os atrasos producidos.

No caso de que non sexa así, os traballadores/as deberán á súa empresa a aplicación de dito convenio.

Modificado o ( sábado, 01 de agosto de 2009 )
 
Despidos en Cortefiel Imprimir E-Mail
Escrito por CHTX   
viernes, 17 de julio de 2009

cortefielConcentración en Cortefiel

 

Os traballladores de Cortefiel, xunto con representantes sindicais de UGT, concentráronse esta mañá nas portas de Cortefiel na rúa Juan Flórez, en protesta polos despidos indiscriminados que está a levar a cabo a empresa.

Os traballadores de Cortefiel denuncian o despido de dúas traballadoras con máis de trinta anos de antigüedade co obxectivo de poder contratar a xente a tempo parcial.

Así mesmo, os representantes sindicais teñen que teñen claro que a empresa vai continuar cos despedimentos, tal como se veñen facendo noutras comunidades. Por outra parte, a empresa tampouco facilitou o balance económico e que se abriron recentemente outras tendas, o que contrasta a vontade de abaratar custos da empresa.

Álvaro Cajigal, representante de UGT, afirma que "isto non vai rematar aquí" e que están dispostos "a chegar a onde sexa necesario" para que se proceda á readmisión das dúas afectadas.



Modificado o ( viernes, 17 de julio de 2009 )
 
conflito Cortefiel Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por CHTX   
miércoles, 15 de julio de 2009

UGT culpa a Cortefiel de despedir aos traballadores máis veteranos

O despedimento de dúas mulleres "por baixa produtividade" segundo a empresa Cortefiel, apunta a que se procederá a futuros despedimentos de veteranos en favor de contratos parciais.

O pasado 12 de xullo, Mara Pereiro e Yolanda González, de 50 e 57 anos, foron despedidos tras máis de 30 anos de servizo á empresa téxtil Cortefiel. Os motivos, foron presentados por unha carta tipo na que establecían que o despedimento se debía por "baixa produtividade". Non obstante, tanto Mara Pereiro coma Yolanda González afirman que só estiveron de baixa unha e catro semanas, respectivamente.

Por outra parte, as prexudicadas afirman que cando se reuniron cos seus superiores, estes admitiron que os despedimentos se realizaban para abaratar custos.

A empresa xa contratou dúas empregadas máis nas dúas tendas de onde foron despedidas as afectadas. Deste modo, o voceiro afirma que "están a suprimir a xente de idade para fomentar os contratos de tempo parcial.

os representantes sindicais teñen que teñen claro que a empresa vai continuar cos despedimentos, tal como se veñen facendo noutras comunidades. Por outra parte, a empresa tampouco facilitou o balance económico e que se abriron recentemente outras tendas, o que contrasta a vontade de abaratar custos da empresa.

Álvaro Cajigal, representante de UGT, afirma que "isto non vai rematar aquí" e que están dispostos "a chegar a onde sexa necesario" para que se proceda á readmisión das dúas afectadas.

Modificado o ( viernes, 17 de julio de 2009 )
 
Acuerdo en Makro Imprimir E-Mail
Escrito por CHTX   
martes, 14 de julio de 2009

UGT logra alcanzar un acuerdo en Makro sobre la aplicación efectiva del descanso semanal


 Tras cerca de cuatro años de reivindicación, y con Sentencias favorables del Tribunal Supremo, UGT ha logrado alcanzar un acuerdo para la aplicación del descanso semanal de manera efectiva en Makro, manteniendo los avances logrados en cuanto a distribución de la jornada y de turnos de trabajo...

Modificado o ( lunes, 20 de julio de 2009 )
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Siguiente > Final >>

Resultados 16 - 30 de 60
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE