Inicio arrow Traballadores do Ensino (FETE)
 
     
Actualidade
Traballadores do Ensino (FETE)
FETE-UGT MANIFESTACIÓN O 15 DE XUNIO Imprimir E-Mail
Escrito por FETE- UGT   
lunes, 07 de junio de 2010

O 15 DE XUÑO MOVILÍZATE POLOS TEUS DEREITOS

 Desde hai meses os representantes dos traballadores do ensino privado levamos pedindo á Consellería as mesmas cousas. E a Consellería non nos escoita, ou se escoita non fai caso. O día 19 de maio os delegados do sector mobilizáronse polos nosos dereitos.

 Agora tócache a ti, as organización sindicais FETE-UGT, CCOO, FSIE E USO contamos co teu apoio para seguir loitando por:

 

  • Un novo Acordo de Mantemento de Emprego (AME).
  • Un novo Acordo para o aboamento da Paga Extraordinaria de Antigüidade (PEA).
  • O cumprimento do Acordo para a mellora das condicións laborais e a calidade do ensino.

 FETE- UGT convoca aos traballadores da concertada a manifestarse en A Coruña contra a supresión dos nosos dereitos, o día 15 de xunio  as 19:00 horas en A Coruña diante  do OBELISCO (CANTÓN GRANDE). 

Recordade que xuntos podemos máis.



Modificado o ( lunes, 07 de junio de 2010 )
 
MOBILÍZATE POLOS TEUS DEREITOS Imprimir E-Mail
Escrito por FETE-UGT   
martes, 18 de mayo de 2010


“NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS”

 
 
MOBILIZATE


Xoves 20 de maio ás 18:00 H. Concentración diante da Delegación do Goberno. Praza de Ourense. A Coruña
Modificado o ( lunes, 24 de mayo de 2010 )
 
Medidas de recorte do goberno Imprimir E-Mail
Escrito por FETE- UGT   
jueves, 13 de mayo de 2010

FETE-UGT/GALICIA REXEITA AS DURAS MEDIDAS ADOPTADAS POLO GOBERNO

 

No día de onte o goberno anunciou unha serie de medidas de corte moi duro para facer fronte ás dificultades económicas que está a pasar o noso país. Entre elas, atópase a diminución salarial para os funcionarios, reflectida nunha perda do 5% a partir do mes de xuño e na conxelación para o ano 2011.

Esta medida supón, a falta de máis datos, un retroceso na masa salarial dos funcionarios e a ruptura dos acordos entre a administración e os sindicatos no ámbito da Mesa Xeral. Os funcionarios non somos os causantes da crise económica.

Ante as declaracións do Presidente do Goberno de España nas Cortes no día de onte, FETE-UGT/Galicia posiciónase en contra desta medida denunciando que os funcionarios sexamos, unha vez máis, os que máis aportemos para saír da crise (máis de cinco mil millóns de euros).

FETE-UGT/Galicia emprenderá con respostas contundentes as medidas necesarias na defensa dos intereses dos traballadores do ensino.


Modificado o ( lunes, 17 de mayo de 2010 )
 
Reunión da CTECP Imprimir E-Mail
Escrito por FETE-UGT   
miércoles, 14 de abril de 2010

A Consellería de Educación quere tomarlle o pelo aos docentes cunha proposta que empeora as nosas condicións laborais

 

“Total para que? Coa que está caendo, uns parados máis ou menos que máis da.”

 Supoñemos que isto é o que pensan os responsables da Administración educativa cando presentan unha proposta de Acordo de Mantemento de Emprego que empeora claramente as condicións do acordo precedente, segundo opinión unánime de todas as organizacións, tanto sindicais como empresariais, presentes na Comisión. Desde o ano 1991, con todos os gobernos anteriores, sempre se chegou a acordos que melloraron, ou polo menos mantiveron, as condicións do anterior. Menos agora. O acordo precedente rematou xa o 31 de agosto de 2009. FETE-UGT e as demais forzas sindicais cansámonos de insistir en que era necesario asinar un novo acordo.

Despois de moitas voltas e reviralvoltas, de plantarnos diante do despacho do Conselleiro para que continuasen unhas negociacións que estaban prácticamente conxeladas, conseguimos que se reunise a CTEPC o 18 de marzo, quedando emprazados para hoxe 15 de abril co fin de sacar adiante un novo Acordo de Mantemento de Emprego. A Consellería envía a súa marabillosa proposta

Modificado o ( lunes, 19 de abril de 2010 )
Leer más...
 
Campaña FETE recogida firmas Imprimir E-Mail
Escrito por FETE- UGT   
martes, 02 de marzo de 2010

campaña feteApoyo masivo de los docentes a la Campaña por la Jubilación Anticipada

UGT recoge más de 2800 firmas apoyando la iniciativa

 

La Federación de Trabajadores de la Enseñanza (FETE-UGT) inició una campaña a favor del mantenimiento de la jubilación anticipada voluntaria de los profesores, recogida en la Ley Orgánica de Educación (LOE). Sólo en la comarca de A Coruña han sido recogidas más de 2.800 firmas de apoyo entre los docentes...

Modificado o ( lunes, 15 de marzo de 2010 )
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 61 - 75 de 175
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE