Inicio arrow Traballadores do Ensino (FETE)
 
     
Actualidade
Traballadores do Ensino (FETE)
A Xunta de Galicia dsicrimina ao alumnado de necesidades especiais Imprimir E-Mail
Escrito por FETE-UGT   
lunes, 06 de junio de 2011

FETE-UGT DENUNCIA:

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA  DESPREZA AO ALUMNADO DE NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

O Informe da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 26 de xaneiro de 2011 determina que as actuacións realizadas polo profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe con alumnos de necesidades educativas especiais na etapa da E.S.O. non son “Materias curriculares nin áreas de coñecemento” é dicir, o que se ensina a este alumnado non é educación.

A Lei Orgánica de Educación do 3 de maio de maio de 2006, garanten o seu artigo 1.b, “a equidade na educación, que garanta a igualdade de oportunidades, a inclusión educativa e a non discriminación e actúe como elemento compensados das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial atención ás que deriven de discapacidade”.

Fete-Ugt cualifica o informe da Consellería de Educación:

-    Unha falta de respecto a este alumnado e ás súas familias.

-   Unha falta de respecto aos profesionais de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe ao non considerar docencia o a súa actividade cos alumnos/as.

- Unha forma de aproveitarse da parte máis débil do sistema educativo, o de menos opcións, para aforrar cartos e eliminar postos de traballo especializados.

Modificado o ( lunes, 06 de junio de 2011 )
 
Recorte de 200 prazas de mestres pola Xunta de Galicia Imprimir E-Mail
Escrito por FETE-UGT   
viernes, 13 de mayo de 2011

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN BLOQUEA 200 PRAZAS A TRAVÉS DO CONCURSO DETRASLADOS POÑENDO EN PRÁCTICA UN NOVORECORTE NA EDUCACIÓN EN GALICIA. 

Con este tipo de agresións ao ensino, a Consellería esquece que existe un ineludible dereito á Educación. A Educación non é materia mercantil é un dereito.  

O goberno galego amosa a súa total falta de implicación no desenvolvemento dun sistema educativo de calidade ao recortar o salario do profesorado, o seu poder adquisitivo, a redución da reposición do emprego público, e agora novamente leva a cabo un novo recorte podando 200 prazas a través da supresión no concurso de traslados.Unha vez máis facemos un chamamento á Consellería de Educación solicitándolle un cambio de rumbo nas súas políticas.

En tempo de crise é imprescindible priorizar. 

A Educación non pode ser relegada é unha prioridade. A Consellería de Educación, con competencias plenas nesta materia, ten a obriga de ser o garante da educación en Galicia.

Modificado o ( viernes, 13 de mayo de 2011 )
 
Concentración do profesorado Imprimir E-Mail
Escrito por FETE-UGT   
martes, 10 de mayo de 2011

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN BLOQUEA 200 PRAZAS A TRAVÉS DO CONCURSO DE TRASLADOS POÑENDO EN PRÁCTICA UN NOVO RECORTE NA EDUCACIÓN EN GALICIA.

O mércores 11 de maio ás 12:00 horas FETE-UGT levará a cabo unha concentración de delegados/as diante da Consellería de Educación e fai un chamamento ao resto de Organizacións Sindicais e ao profesorado a secundar esta concentración como medida de rexeitamento ás políticas da Administración. 

No contexto actual de crise económica como o que vivimos FETE-UGT/Galicia reivindica o papel da Educación como un dos instrumentos fundamentais para conseguir saír desta, e para iso hai que afondar nun novo modelo produtivo sostible; o emprego e a actividade económica nútrense dun nivel educativo de calidade, que é a maior riqueza e o principal recurso dun país e da súa cidadanía. 

Para FETE-UGT/Galicia, o actual modelo de xestión á baixa da Consellería de Educación ameaza o mantemento dun dos alicerces básicos do noso Estado do Benestar, a Educación, reducindo o orzamento en 2011 nun 6.6%. Con este tipo de agresións ao ensino, a Consellería  esquece que existe un ineludible dereito á Educación.

A Educación non é materia mercantil é un dereito. O goberno galego amosa a súa total falta de implicación no desenvolvemento dun sistema educativo de calidade ao recortar o salario do profesorado, o seu poder adquisitivo, a redución da reposición do emprego público, e agora novamente leva a cabo un novo recorte podando 200 prazas a través da supresión no concurso de traslados. 

Co obxectivo de converxer coa media europea  retrocédese, reducindo o gasto público en relación ao Produto Interior Bruto; aumentar o gasto público total e o gasto público por alumno debe ser prioritario. 

Unha vez máis facemos un chamamento á Consellería de Educación solicitándolle un cambio de rumbo nas súas políticas. En tempo de crise é imprescindible priorizar.  A Educación non pode ser relegada é unha prioridade. A Consellería de Educación, con competencias plenas nesta materia, ten a obriga de ser o garante da educación en Galicia.

Modificado o ( martes, 10 de mayo de 2011 )
 
Fete-UGT denuncia o desgoberno da Xunta en Educación Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
viernes, 04 de marzo de 2011

rolda de prensa fete ugtFETE-UGT A CORUÑA DENUNCIA O CLARO DETERIORO DO ENSINO PÚBLICO NOS 2 ANOS DE GOBERNO DO PP

BALANCE DOUS ANOS DE DESGOBERNO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

FETE-UGT A Coruña fixo balance esta mañá en rolda de prensa  da situación do ensino público en Galicia, unha situación que nestes dous anos se caracteriza polo DESGOBERNO, a DESORGANIZACIÓN E a IMPROVISACIÓN:

- Proxecto Abalar: aínda sen rematar de implantar, con problemas de suministro, de adecuación das redes dos centros e de formación de profesorado.

- Decreto de Pluriligüismo: A Xunta consegueu romper a convivencia lingüística dos centros, desorganizounos internamente e inventou enquisas inútiles e ilegais.

- Anteproxecto de Lei de Convivencia: totalmente inoportuno, non se axusta á realidade de Galicia, innecesario, porque existen ferramentas para abordar a convivencia ( Obervatorios de Convivencia),  fraudulento, porque minte ás familias, dándolles expectativas de intervención nos centros que son ilegais (a canle legal son os Consellos Escolares), minte ao profesorado, porque os problemas de convivencia non son de autoridade.

- Reducción de profesorado, que incide directamente na atención aos alumnos: elimináronse os reforzos educativos, a atención ás bibliotecas escolares, os proxectos lectores, as implantacións de TICs, as prácticas en laboratorios, etc.

- Personal: Galicia é unha das poucas autonomías que ainda non negociaron a oferta de plazas para oposición, a dia de hoxe hai case 1000 plazas ocupadas por interinos, mais as que se sumen de xubilacións.

DOUS ANOS DE GOBERNO SERVIRON PARA AUMENTAR:

A INSEGURIDADE LABORAL, A PRECARIEDADE E O DETERIORO DA CALIDADE DO ENSINO.

Para o Goberno galego  a educación é un gasto en vez de unha inversión de futuro!

Modificado o ( viernes, 04 de marzo de 2011 )
 
ETE- UGT DENUNCIA O DESGOBERNO NA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN Imprimir E-Mail
Escrito por FETE- UGT   
sábado, 26 de febrero de 2011

FETE- UGT A CORUÑA DENUNCIA O DESGOBERNO NA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

NA PROVINCIA DE LUGO O USO DO HIYAB ESTÁ PERMITIDO DENDE O 2009

 

Ante un problema similar ao xurdido coa nena de Arteixo, a Xefatura Territorial de Lugo decidiu no ano 2009 que a prevalencia do dereito a educación permitia a asistencia ao centro educativo da alumna co seu hiyab.

FETE-UGT A Coruña entende que a indefinición e a situación de falta de responsabilidade da Consellería de Educación ten como consecuencia esta situación, que dependendo da provincia as nenas teñen diferentes dereitos.

Este desgoberno ven a sumarse as outras situacións que aumentan a dificultade para dirixir os centros, para garantir a convivencia e a igualdade de oportunidades na educación, un dereito IRRENUNCIABLE para a FETE-UGT.

Modificado o ( viernes, 25 de febrero de 2011 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 46 - 60 de 175
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE