|
Día Mundial do Docente |
|
|
|
Escrito por FETE
|
|
viernes, 03 de octubre de 2008 |
UGT reclama o recoñecemento do labor do profesorado
No Día Mundial dos Docentes, que se celebra cada 5 de outubro, a Internacional da Educación (I.E) chama a atención nesta ocasión co slogan "os docentes si contan".
Os docentes alzarán a súa voz para explicar que en millóns de aulas de todo o mundo se leva a cabo o esforzo universal do ensino e a aprendizaxe na que o profesorado é unha peza fundamental.
Os docentes si contan en todo o proceso de ensino aprendizaxe no que os nosos nenos e nenas viven en toda a súa etapa escolar, dende os 0 anos á idade adulta. Nas aulas, nos espazos escolares, nos centros educativos o profesorado comparte cos seus alumnos e alumnas as súas inquietudes, os seus intereses, a súa curiosidade, as súas vivencias, as súas desidias, o seu afán por aprender.... Por iso, esta data festexa que cando se comparte o coñecemento, se adquiren aptitudes que preparan para encarar con responsabilidade os cambios que nos depara a vida.
Porque os docentes si contan, FETE-UGT reclama melloras nas condicións do profesorado, posto que estas significan mellores condicións de aprendizaxe para os alumnos e alumnas... |
|
Leer más...
|
|
Recoñecemento a Concha Espinosa |
|
|
|
Escrito por FETE UGT
|
|
miércoles, 01 de octubre de 2008 |
Recoñecemento de UGT ao labor de Concha Espinosa Jiménez UGT quere render unha homenaxe á nosa compañeira Concha Espinosa Jiménez, Secretaria de Ensino Universitario de FETE-UGT, que faleceu a pasada semana e a vida da cal é un exemplo para todos de compromiso sindical e social. Destacamos a súa forte aposta por un modelo de educación progresista, defensor da igualdade de dereitos e oportunidades no acceso á educación, unha educación de calidade.
Convencida da importancia da formación para o desenvolvemento deste país, a súa aposta traduciuse, no día a día, nunha defensa tenaz e constante dos dereitos dos traballadores.
Dende UGT recoñecemos a grande achega profesional, sindical e social de Concha a esta organización. |
|
Modificado o ( miércoles, 01 de octubre de 2008 )
|
|
Curso de formación do profesorado |
|
|
|
Escrito por CMADS
|
|
miércoles, 24 de septiembre de 2008 |
|
CLIMÁNTICA NA MATERIA DAS CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORANEO DESDE A SOSTIBILIDADE E AS TIC (CURSO UNIVERSITARIO DE FORMACIÓN CONTINUA DO PROFESORADO). http://climantica.org/climanticaFront/resource/Triptico_CCMC.pdf Contido: Este curso universitario de posgrao consta de 110 horas (11 créditos) das cales 33 son presenciais e as restantes compútanse pola investigación. O curso estrutúrase en 5 módulos presenciais: I.- Sostibilidade e cambio climático nos blogues e foros de Climántica para as Ciencias do Mundo Contemporáneo (CCMC). II.- Materiais e sostibilidade: do cosmos á nanotecnoloxía. III.- Do Big Bang ao problema ecolóxico: aproximación do cosmos á problemática ambiental. IV.- Os compromisos para a sostibilidade derivados dos riscos naturais e da sobreexplotación de recursos. V.- Riscos para a saúde dun desenvolvemento non sostible. A biotecnoloxía e a evolución desde unha perspectiva da sostibilidade. Lugar: Facultade de Físicas no campus Sur da USC Organizador: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Climántica, USC e o ICE Data de inscrición: As prazas do curso cubriranse segundo a orde de inscripción en http://climantica.org/ Data de inicio: 04/10/2008 Data de fin: 29/11/2008 |
|
Modificado o ( miércoles, 24 de septiembre de 2008 )
|
|
Decreto de competencia profesional |
|
|
|
Escrito por FETE
|
|
lunes, 22 de septiembre de 2008 |
Educación e Traballo ultiman o decreto que permitirá acreditar a competencia profesional adquirida na experiencia laboral
Os Ministerios de Educación e Traballo están a ultimar un proxecto de real decreto sobre a avaliación e acreditación das competencias profesionais a través de vías non formais e de experiencia profesional, en consonancia coas reclamacións formuladas por FETE-UGT no seo do Consello Xeral da Formación Profesional. A unidade mínima que poderá acreditarse é a unidade de competencia, formada por unha ou varias competencias profesionais, que, á súa vez, forman unha cualificación das recollidas no Catálogo Nacional de Cualificaciones.
Para FETE-UGT, o establecemento deste procedemento único de avaliación e acreditación, que vén realizándose dende hai algún tempo nalgunhas Comunidades Autónomas, contribuirá á consecución dos obxectivos do Cumio de Lisboa do ano 2000 e posteriores, entre os que destaca o fenómeno do recoñecemento das competencias profesionais, co fin de facilitar a empleabilidad dos cidadáns e a mobilidade, en especial de aqueles que carecen dunha cualificación recoñecida... |
|
Leer más...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 106 - 120 de 156 |