Inicio arrow Transp; Comunic; Mar (TCM)
 
     
Actualidade
Transp; Comunic; Mar (TCM)
Documentos de interese Imprimir E-Mail
Escrito por Administrator   
viernes, 22 de junio de 2007

Documentos de interese para os traballadores/as do sector:

 

- Libro Branco de Prevención do Transporte Ferroviario

 - Transporte por Estrada: A vida NON é unha carga 

- Real decreto 640-2007 excepcións á condución e descansos.

 

- Real decreto 1561-1995 xornadas especias de traballo.  

- Regulamento (CE) nº 561-2006. 

- Regulamento (CE) nº 3821- 85. 

- Real decreto 902-2007 xornadas especiais de traballo no relativo ao transporte de mercadorías por estrada.

Modificado o ( lunes, 20 de octubre de 2008 )
 
SECTORES DA FTCM Imprimir E-Mail
Escrito por FTCM   
lunes, 21 de mayo de 2007

Sectores da Federación de Transportes, Comunicación e Mar da UGT

  

Co fin de atender convenientemente á diferente problemática de acción sindical dos diversos e diferentes Sectores que se encadran na Federación Estatal, ésta establecerá no seu seo unha coordinación sectorial en base aos seguintes principios (en castelán) ...

 

Modificado o ( lunes, 20 de octubre de 2008 )
Leer más...
 
UGT rompe as negociacións en Autoestradas de Galicia Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
lunes, 21 de mayo de 2007

UGT ROMPE AS NEGOCIACIÓNS EN AUTOESTRADAS.


A representación de UGT na empresa AUTOESTRADAS DE GALICIA (AG-55 e AG-57) denuncia a situación na que se encontran os traballadore de Autoestradas de Galicia ante a rutura do proceso negociador do convenio colectivo.

Neste sentido, UGT considera que os actuais representantes da dirección da empresa, así como os representantes do sindicato independente SITA, non son axentes interlocutores válidos para representar os intereses dos traballadores.

Por outro lado, UGT denuncia unha situación laboral subrrealista, nunha empresa na que existen “traballadores de segunda”, en comparación cos compañeiros da empresa matriz, AUDASA, existindo diferenzas salariais superiores aos 600 euros mensuais.

Ademáis, os traballadores de Autoestradas - así como os seus representantes- vense sometidos a unha situación de presión por parte da empresa, polo que “solicitamos á titular da concesión, Sacyr y Vallermoso, e á Xunta de Galicia (concesionaria), a asumir as suas responsabilidades, aínda que non descartamos outras medidas de presión en defensa dos traballadores de Autoestradas”.

Dende UGT queremos recordar á opinión pública a diferenciación das autoestradas de peaxe que existen en Galicia, e que pertencen ao grupo Sacyr y Vallermoso, pero que en moitos casos se confunden:

 

  • AUDASA-AUTOPISTAS DEL ATLÁNTICO AP-9

  • AUTOESTRADAS DE GALICIA AG-55 e AG-57

Queremos, por último lembrar que en ambos casos as subidas de tarifas nas respectivas autoestradas, así como o incremento do tráfico nas mesmas, supoñen grandes beneficios para SyV, pero que en ningún caso repercuten na mellora do poder adquisitivo dos traballadores de Autoestradas de Galicia.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Siguiente > Final >>

Resultados 39 - 41 de 41
 
Destacados