|
Portos do Estado |
|
|
|
Escrito por TCM
|
|
miércoles, 01 de julio de 2009 |
TCM de UGT- Galicia considera que a condición de “interese xeral” dos portos de Marín-Pontevedra e Vilagarcía é irrenunciable A Federación de Transportes Comunicacións e Mar (TCM) de UGT- Galicia, a través do Sector de Portos, rexeita as declaracións realizadas por José Blanco, Ministro de Fomento, nas cales dá coma posible o traspaso dos portos de interese xeral de Marín- Pontevedra e Vilagarcía á Xunta de Galicia... |
|
Modificado o ( miércoles, 01 de julio de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
Desconvocada Folga RENFE |
|
|
|
Escrito por TCM
|
|
miércoles, 10 de junio de 2009 |
El Comité General de Empresa de RENFE Operadora, del que UGT forma parte, desconvoca la huelga prevista para los días 9 y 10 de junio. l Las organizaciones sindicales que componen el Comité General de Empresa de Renfe Operadora, por unanimidad, han alcanzado un acuerdo con el Ministerio de Fomento que garantiza que Renfe Operadora continuará prestando el servicio de transporte de viajeros por ferrocarril de Cercanías de Barcelona... | | |
|
Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
Entrevista Demetrio Chorén |
|
|
|
Escrito por UGT Coruña
|
|
sábado, 06 de junio de 2009 |
|
Demetrio Chorén: "Estamos a falar dun antes e dun despois na Compañía de Tranvías". Entrevistamos a Demetrio Chorén, Secretario Nacional de Transportes por Estrada e Urbanos de TCM-UGT, un dos compañeiros directamente implicados na negociación do convenio da Compañía de Tranvías da Coruña... |
|
Modificado o ( sábado, 13 de junio de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
Folga Bus Urbano |
|
|
|
Escrito por TCM
|
|
miércoles, 20 de mayo de 2009 |
Chorén: “A Compañía de Tranvías, en vez de chegar a un acordo, intenta enfrentar aos viaxeros cos traballadores” O Secretario de Estradas e Urbanos da Federación de Transportes de UGT Galicia respondeu no día de onte ás últimas manifestacións realizadas pola empresa (que vencella as posibles melloras salariais cun incremento das tarifas):“Parécenos moi grave que dalgunha maneira se queira involucrar aos usuarios e posicionalos en contra dos propios traballadores que xa a diario son os que recollen as queixas polo servizo», sinalou Demetrio Chorén. Ao noso xuízo «non é lóxico que se intente crear máis crispación, ¿ou é que agora os culpables de que suba o billete van ser os traballadores?. Sen embargo, cando baixou o prezo do gasoil e non se lles baixou o billete aos usuarios». Chorén acusou de «vergonzosa» a postura manifestada pola compañía, xa que, atribúe aos empregados uns soldos medios máis altos do que en realidade perciben. «A empresa fai as contas con salarios brutos, non fala do que ou empregado leva para á casa, e inclúe pagas extras, e ás medias de antigüidade, cando boa parte dous condutores non cobran por este concepto porque non levan tempo abondo na empresa». O responsable de TCM-UGT asegurou tamén que «non sabemos que pretensións ten a patronal, pero parécenos moi serio que trate de beneficiarse dunha crise económica que non teñen por que pagar os traballadores, aínda que supoñemos que os organismos competentes tomarán boa nota de todo isto». |
|
Modificado o ( miércoles, 20 de mayo de 2009 )
|
|
Conflicto Compañía de Tranvías |
|
|
|
Escrito por TCM
|
|
martes, 19 de mayo de 2009 |
A folga dos autobuses urbanos será indefinida a partir do día 15 A folga dos autobuses urbanos será indefinida a partir do día 15. Os traballadores esixen melloras salariais e opoñense a un incremento dos horarios, anuncian paros para os luns e venres das dúas semanas iniciais do próximo mes. Só un dos 147 traballadores da Compañía de Tranvías que onte asistiron ás asembleas programadas para decidir medidas de presión non apoiou cun si a convocatoria de folga. A súa abstención foi a única excepción nas votacións, nas que tomou parte o 58% do equipo. O comité de empresa considérase amplamente avalado para levar a cabo unha folga que se iniciará o 1 de xuño con paros os luns e os venres e que, de non lograr un acordo antes, se converterá nun cesamento completo da actividade a partir do día 15. «Sabiamos que había insatisfacción e descontento, pero non pensamos que fose tan patente», comentaba onte Miguel Campos, presidente do comité de empresa, tras sumar 63 apoios de 64 posibles na asemblea da mañá e 83 de 83 na da quenda de tarde. Nas reunións, os representantes laborais recolleron o malestar do equipo con respecto ao cariz que foron tomando as negociacións, iniciadas en xaneiro e que, tras oito reunións, se estancaron nun punto que, non obstante, o comité espera teña retorno. «Quedan dúas semanas para a folga e nós nunca nos negamos a dialogar», indicou Campos, quen sinalou que a pelota, agora, está no tellado da patronal... |
|
Modificado o ( martes, 19 de mayo de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
Preaviso de Folga na Cia. de Tranvías de La Coruña |
|
|
|
Escrito por TCM
|
|
viernes, 15 de mayo de 2009 |
Preaviso de Folga na Cia. de Tranvías de La Coruña
A Cia de Tranvías propón un retroceso nos dereitos salariais e sociais O Comité de Empresa da CIA. de Tranvías de la Coruña, S.A., ante a negativa da empresa a atender ás reivindicacións dos traballadores durante a negociación do convenio colectivo, proporalle á asamblea de traballadores/as a convocatoria dunha Folga como medida de presión. UGT quere denunciar a actitude completamente intransixente da Compañía de Tranvías na mesa de negociación do Convenio. Así, está a rexeitar todas as reivindicacións – de carácter salarial e social- que dende o Comité estamos a plantexar. Chegouse incluso a propoñer un retroceso nos dereitos acadados en anteriores convenios colectivos. Como consecuencia, o Comité de Empresa da Compañía de Tranvías proporá na Asamblea de Traballadores- convocada para o luns 18 de maio- que se exerza o dereito de Folga como medida de presión á empresa, co obxecto de que esta poda adoptar unha postura negociadora que atenda ás reivindicacións da parte social. O Comité de Empresa móstrase aberto en todo momento ao diálogo, máis rexeita calquera imposición que pretenda a empresa. Os traballadores entendemos que a estas alturas debe estar claro que unha negociación colectiva pasa por chegar a acordos, atendendo á boa fe das partes. Unha boa fé que, nesta ocasión, parece que non existe dende a parte empresarial. En consecuencia, o Comité de Empresa vese obrigado a abocar aos traballadores a exercer o lexítimo dereito de folga, por terse esgotado xa todas as vías de negociación e outras medidas posibles, sen ningún resultado satisfactorio. |
|
Modificado o ( viernes, 15 de mayo de 2009 )
|
|
Enxuizamento da catástrofe do Prestige |
|
|
|
Escrito por TCM
|
|
lunes, 06 de abril de 2009 |
UGT teme que a catástrofe do Prestige se salde, xudicialmente, cun chibo expiatorio na figura do capitán do petroleiro.
Ante a publicación do auto xudicial que exculpa os responsables políticos que, durante o Goberno de Aznar, xestionaron a crise que provocou o afundimento do petroleiro Prestige, UGT non entendería que tan colosal catástrofe se saldase co capitán do buque como único culpable, quen se limitou a seguir as instrucións do persoal que coordinou as ordes do Ministerio de Fomento. Aqueles que xestionaron o desastre non deben quedar exonerados de toda culpa. O auto xudicial que exculpou os responsables políticos e técnicos que xestionaron a catástrofe ambiental provocada polo afundimento do petroleiro Prestige, no ano 2002, e que actuaron baixo mando do Ministerio de Fomento, entón dirixido polo ministro Francisco Álvarez Cascos durante a segunda lexislatura do Goberno Aznar, pon no punto de mira o capitán do buque, Apostolos Mangouras -xunto ao seu xefe de máquinas e ao primeiro oficial-, como único responsable dun desastre que tivo consecuencias nefastas para o ámbito natural da costa galega con perniciosos efectos sobre o sector pesqueiro da zona... |
|
Modificado o ( lunes, 06 de abril de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
Tablas Salariales Ttes. Mercancias por Carretera |
|
|
|
Escrito por TCM
|
|
martes, 31 de marzo de 2009 |
TABLAS SALARIALES DEL CONVENIO PROVINCIAL DE MERCANCIAS PARA 2.009

|
|
Modificado o ( miércoles, 01 de abril de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|