|
Saturación nos xulgados |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
martes, 19 de mayo de 2009 |
FSP- UGT esixe a creación de novos xulgados e un aumento na plantilla como medidas contra a saturación.
A Federación de Servizos Públicos de UGT ven esixindo nos últimos meses a creación de novos xulgados e a contratación de traballadores para solucionar os problemas de saturación dos xulgados, un problema que aumenta como consecuencia do traslado da crise económica aos tribunais. A conflitividade laboral conleva unha maior carga de traballo nos xulgados... |
|
Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
O TXUE garante o dereito dos traballadores ás vacacións |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
lunes, 06 de abril de 2009 |
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ampara aos traballadores e garante o dereito ás vacacións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea, en Sentenza ditada o 20-1-2009, estableceu o seguinte:
Un traballador que non puidese gozar de toda ou parte das súas Vacacións Anuais Retribuídas por estar de baixa por Enfermidade ou Maternidade: 1º. Conserva o dereito a gozar as Vacacións Anuais Retribuídas aínda despois de finalizar o ano natural e este dereito non pode suprimirse nin sequera mediante Leis dos Estados da Unión Europea. 2º. Se finalizada a baixa por enfermidade ou maternidade, fose imposible gozar as Vacacións, por finalizar a relación laboral, o traballador ten dereito a Compensación Económica equivalente ás súas retribucións ordinarias... |
|
Modificado o ( lunes, 06 de abril de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
Prestación económica por fillo/a |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
lunes, 06 de abril de 2009 |
Prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de 3 anos para o ano 2009. No D.O.G. de 03/04/2009, sae publicada a orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a Concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2009. PRAZO PARA SOLICITAR: 40 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do D.O.G. |
|
Modificado o ( lunes, 06 de abril de 2009 )
|
|
Regulación prestacións maternidade |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
lunes, 06 de abril de 2009 |
Regulación da prestacións de “risco durante o embarazo”, “maternidade”, “risco durante a lactación natural” e “paternidade". No BOE de 21-3-2009 publicouse o Real Decreto 295/2009, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación. É do máximo interese para todos os traballadores, xa que estas prestacións son, nalgúns casos, novidosas e dan lugar a múltiples situacións que afectan a miles de traballadores. Neste Real Decreto regúlanse as condicións para ter dereito a estas condicións, así como os informes médicos que é preciso presentar nalgúns casos, así como os trámites exactos que é preciso realizar para ter dereito a percibir estas prestacións. |
|
Modificado o ( lunes, 06 de abril de 2009 )
|
|
Conflicto sindical en Betanzos |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
miércoles, 01 de abril de 2009 |
UGT nega a politización da acción sindical no concello de Betanzos. Ante as acusacións da Alcaldesa de Betanzos de que a actividade sindical de UGT está motivada pola cor política do Goberno de Betanzos, a Federación de Servizos Públicos de UGT manifesta que isto é unha total mentira e que co anterior Goberno Municipal tamén tivo a UGT fortes enfrontamentos ao defender os dereitos dos traballadores. Segundo a FSP-UGT durante o mandato do anterior Goberno de Betanzos mesmo demandaron o Concello e gañaron unha Sentenza que condena ao Concello a implantar un Plan de Pensións. Dende a Federación Provincial manifestan que non nos importa a cor política do Equipo de Goberno de ningún Concello; limitámonos a defender os dereitos dos traballadores e afiliados coa mesma forza" "con independencia de quen goberne". UGT afirma que é vergonzosa a forma en que a Alcaldesa se estivo a burlar dos traballadores e os seus representantes, tomándolles o pelo con promesas que logo non cumpriu e desprezando os traballadores cos salarios máis baixos. Segundo UGT os salarios dos empregados do Concello de Betanzos son os máis baixos de toda a bisbarra e algúns servizos están moi deficientemente cubertos xa que non se cobren as vacacións nin as baixas por enfermidade, polo que se sobrecarga de traballo aos demais traballadores. Dende UGT témense que isto sexa unha estratexia para acabar privatizando o servizo. A Executiva Provincial de FSP-UGT manifesta o seu total apoio ao mantemento duns Servizos Públicos de calidade prestados por traballadores cuns salarios dignos. |
|
Modificado o ( miércoles, 01 de abril de 2009 )
|
|
Acoso laboral no concello de MIño |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
lunes, 30 de marzo de 2009 |
UGT Denuncia acoso laboral do alcalde de Miño aos policías locais do Concello.
A Federación de Servizos Públicos de UGT denuncia que o Alcalde do Concello de Miño iniciou unha "persecución laboral" contra os Policías Locais do Concello, como represalia polas reivindicacións que este colectivo de traballadores manteñen ante o Concello.
Segundo UGT, nos últimos días o Alcalde está a interferir na forma que teñen de cumprir as súas funcións os Policías, por exemplo ordenándolles a obriga de permanecer 12 horas seguidas de piei nun cruzamento de estradas, mesmo en horarios nos que o tráfico é practicamente nulo e tamén diante do Concello. Tamén se lles deron ordes cuxo cumprimento implican o abandono doutras obrigas que lles corresponden aos Policías Locais e que son moito máis importantes.
Segundo UGT, esta situación está a xerar un clima laboral inaceptable, que prexudicará gravemente ao servizo que a Policía Local presta aos cidadáns. O Alcalde abriu nos últimos días expedientes disciplinarios contra dous Policías Locais, con acusacións tan ridículas como " non saudar axeitadamente ao Alcalde e non levar o pelo suficientemente curto". Segundo UGT "este Alcalde debe de crer que é un Señor Feudal ao que hai que rendelo obediencia, non respecta os dereitos que as leis recoñecen os traballadores e pretende gobernar o Concello igual que na Ditadura".
UGT manifesta o seu total apoio aos Policías Locais e anuncia que interpoñerá denuncias ante a Inspección de Traballo e ante os organismos competentes para denunciar estas actuacións do Alcalde de Miño. |
|
Modificado o ( lunes, 30 de marzo de 2009 )
|
|
Conflito laboral no concello de Betanzos |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
miércoles, 11 de marzo de 2009 |
UGT denuncia que o Concello de Betanzos prohibiu exercer o dereito ao voto en horario laboral aos policías locais.
A Federación de Servizos Públicos de UGT decidiu interpoñer unha Denuncia por vía Penal contra o Xefe da Policía Local, o Secretario e a Alcaldesa do Concello, ao haber estes prohibido que os Policías Locais do Concello puidesen exercer o seu dereito ao voto, o pasado 1 de marzo, en horario laboral.
Segundo UGT, a lexislación vixente establece un tempo para que os traballadores que ese día estivesen a traballar puidesen acudir a votar en horario laboral, sendo obrigatorio que as Empresas lles facilitasen o exercicio do seu dereito ao voto. Segundo o Sindicato, a prohibición ditada polo Concello puidese ser constitutiva de delito contra os dereitos dos traballadores, polo que acudirán á vía Penal. UGT entende que o Concello debería prever este dereito e organizado as Quendas dos Policías Locais do Concello para que estes puidesen exercer os seus dereitos. |
|
Modificado o ( miércoles, 11 de marzo de 2009 )
|
|
Dereitos eleccións 1 de Marzo |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
viernes, 20 de febrero de 2009 |
|
Orde do 27 de xaneiro de 2009 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia, nas eleccións ao Parlamento de Galicia do día 1 de marzo de 2009
Convocadas eleccións ao Parlamento de Galicia polo Decreto 1/2009, do 5 de xaneiro, da Presidencia da Xunta de Galicia, que terán lugar o vindeiro día 1 de marzo de 2009, é preciso adoptar as medidas oportunas para facilitar o exercicio dos dereitos e deberes do persoal ao servizo desta Administración autonómica. DISPÓN: Primeiro. 1. O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que o día das eleccións non desfrute do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo, o día 1 de marzo de 2009, coincida, polo menos en catro horas, co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso. 2. Para o voto por correo disporá, no seu horario laboral de ata catro horas libres para que poida realizar os tramites necesarios... |
|
Modificado o ( viernes, 20 de febrero de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
Cursos formacion FSP Coruña |
|
|
|
Escrito por FSP
|
|
lunes, 16 de febrero de 2009 |
|
|
Modificado o ( sábado, 13 de junio de 2009 )
|
|