Inicio arrow Servizos Públicos (FeSP)
 
     
Actualidade
Servizos Públicos (FeSP)
Concentración diante do CHUAC en apoio á Teresa Romero, a enfermeira contaxiada por Ébola Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT Coruña   
lunes, 13 de octubre de 2014

Concentración na Coruña en apoio á Teresa Romero, a enfermeira contaxiada por Ébola

 Traballadoras/es do CHUAC e representantes sindicais concentráronse esta mañá diante do Complexo Hospitalario da Coruña- CHUAC para amosar o seu apoio á Teresa Romero, a auxiliar de enfermería que resultou contaxiada polo virus ébola, despois de presentarse voluntaria para prestar tratamento sanitario a un enfermo nun Hospital da Comunidade de Madrid.

Dadas as últimas declaracións realizadas por diferentes representantes públicos, como o propio conselleiro de sanidade do goberno de Madrid, que chegaron a cuestionar a profesionalidade de Teresa Romero, UGT quere manifestar o seu apoio á Teresa Romero así coma a todo o personal sanitario que está a atender – poñendo en risco a súa saúde- a crise do ébola en España.

UGT remitiu a pasada semana unha carta á Ministra de Sanidade, Ana Mato, para que informe convenientemente sobre a xestión dos casos de infección por virus de Ébola importados a España, a xestión que se está a realizar coa profesional sanitaria do Hospital Carlos III afectada,e as actuacións en saúde pública que se están a desenvolver. 

É de suma importancia que se aborden, tanto os aspectos relacionados coa prevención de riscos laborais para o persoal dos servizos esenciais, sanitario e non sanitario que puidesen expoñerse ao virus, coma as medidas de saúde pública que deben adoptarse co conxunto da poboación.

Non abonda con colgar na páxina web do MSSSI información dirixida aos cidadáns/viaxeiros, información adicional para profesionais e enlaces de páxinas oficiais de interese; a información debe estar dispoñible en español e en todos as linguas oficiais do Estado e facela chegar aos profesionais a través dos representantes sindicais dos traballadores e das canles organizativas establecidas no sistema sanitario.

Outro aspecto fundamental nunha crise destas características é a vixilancia, adecuación, control e verificación do cumprimento dos protocolos, así como a formación do persoal que ten que actuar nestas situacións, tanto nos centros sanitarios, como nas empresas contratadas para a subministración de servizos ao sistema sanitario. Por último, esta crise do virus Ébola pon en evidencia as políticas de recortes que deterioran os sistemas sanitarios públicos e poñen en risco a saúde dos traballadores e os cidadáns....

Modificado o ( jueves, 16 de octubre de 2014 )
Leer más...
 
Charla informativa- incapacidad temporal y mutuas Imprimir E-Mail
Escrito por FSP   
miércoles, 01 de octubre de 2014
Enlace permanente de imagen incrustada
Modificado o ( lunes, 13 de octubre de 2014 )
 
Concentración en defensa dos servizos públicos na Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT   
martes, 15 de julio de 2014

Concentración en defensa dos servizos públicos na Coruña

 

 

Representantes sindicais dos traballadores e traballadoras públicas concentráronse esta mañá na  Coruña, diante da Delegación do Goberno, para defender os servizos públicos, ante as políticas de recortes de dereitos que está a desenvolver o Goberno de España e o goberno da Xunta. 

Modificado o ( lunes, 13 de octubre de 2014 )
 
Mércores 21 "concentración deitada" por unha sanidade pública e universal Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT   
lunes, 19 de mayo de 2014
Modificado o ( viernes, 23 de mayo de 2014 )
 
Nueva victoria de los sindicatos Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT   
lunes, 19 de mayo de 2014
Modificado o ( lunes, 19 de mayo de 2014 )
 
Xornada Técnica de formación de UGT e FSP Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT   
martes, 13 de mayo de 2014
Modificado o ( domingo, 01 de junio de 2014 )
 
Plan de formación 2014 traballadores públicos Imprimir E-Mail
Escrito por FETE-UGT   
martes, 25 de marzo de 2014
Modificado o ( martes, 25 de marzo de 2014 )
 
FSP-A CORUÑA Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT   
miércoles, 05 de febrero de 2014
PODES ATOPARNOS EN:

 R/ Fernández Latorre, nº 27,3º. 15.006 - A Coruña

Telf. 981 24 84 71

Fax: 981 24 90 41

Email: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla


COMISIÓN EXECUTIVA PROVINCIAL DA FSP – UGT A CORUÑA

CONGRESO 16/NOVEMBRO/2013

Sº Xeral: Yago de Ron Fdez-Mosquera

Sº de Organización e Formación: Xosé Amancio Facal Turnes

Sº Administración: Alfredo Amor Sánchez

Sª Política Sindical: Fina Martínez Bao

Sª Comunicación: Pilar Rey Varela

Sª Muller e Igualdade: Ana Mª Varela-Portas García

Sª Saúde Laboral: Mónica Ramos Gende

Sª AXE: Teresa Aira Pérez

Sº Admón. Autonómica: José Carlos Rocha Arrúe

Sº Admón Local: José Ángel Varela Moure

Sº Saúde e Servicios Sociosanitarios:  Antonio Golpe Díaz

Sº Sector Postal: Antonio Manso Bouza

Modificado o ( miércoles, 05 de febrero de 2014 )
 
Calendario de concentracións en defensa do sector público para o mes de decembro Imprimir E-Mail
Escrito por FSP-UGT   
viernes, 13 de diciembre de 2013


 

Calendario de concentracións en defensa do sector público para o mes de decembro

 

  • Martes 17 frente o Parlamento Galego contra a aprobación da Lei de Orzamentos Xerais para Galicia.


  • Xoves 19 decembro: concentración na delegación do Goberno, na Coruña, contra a Lei de reforma das administracións locais.

Modificado o ( lunes, 13 de octubre de 2014 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 20 - 38 de 178
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE