Inicio arrow Metal; Construc; Afíns (MCA)
 
     
Actualidade
Metal; Construc; Afíns (MCA)
Concentración Imprimir E-Mail
Escrito por MCA   
lunes, 22 de junio de 2009

Segundo ERE en MOLDURAS NOROESTE

O pasado venres 19 de xuño os compañeiros de MOLDURAS DEL NOROESTE, acompañados pola executiva de MCA-UGT CORUÑA concentráronse diante da Delegación de Traballo da Coruña en mostra de rexeitamento e disconformidade polo segundo ERE presentando pola empresa.

Este segundo expediente non está xustificado, denuncia UGT, xa que a empresa nestes últimos meses ven aumentando a producción. O Comité de Empresa está elaborando un calendario de movilizacións en función de cal sexa a contestación por parte da Delegación da Xunta.

Modificado o ( sábado, 27 de junio de 2009 )
 
Xornada TPC en Carballo Imprimir E-Mail
Escrito por MCA   
jueves, 11 de junio de 2009

tarxetaCampaña Informativa sobre a Tarxeta TPC

O Sindicato Intercomarcal de MCA-UGT A Coruña levará a cabo unha campaña informativa para  a tramitación da TARXETA PROFESIONAL PARA A CONSTRUCIÓN en Carballo. 

Dita xornada terá lugar os días 3 e 4 de xullo, nos locais de UGT en Carballo (R/ Vázquez de Parga, 4, 1º). 

O horario de información será o seguinte:

- Venres 3 de xullo: de 16:00 a 20:00 horas. 

- Sábado 4 de xullo: de 10:30 a 14:00 horas.

A documentación que debedes aportar para a tramitación de dita tarxeta é a seguinte: 

- Formulario de solicitude (facilitarasevos o dia de tramitación)

- Foto tamaño carnet

- Informe de vida laboral (o máis recente posible)

- Certificados ou diplomas en Prevención de Riscos Laborais

- Fotocopia do contrato de traballo, certificado de emprsa ou última nómina.

Toda a documentación debe ser orixinal. Nós encargámonos de fotocopiala e compulsala.

Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
 
VI Jornada Formación jóvenes delegados MCA Imprimir E-Mail
Escrito por MCA   
jueves, 04 de junio de 2009

MCA-UGT celebra la sexta jornada del Ciclo Formativo de Jóvenes Delegados y Delegadas de MCA-UGT Galicia 

Tendrá lugar en Santiago de Compostela los días 9 y 10 de junio de 2009


Desde MCA-UGT Galicia venimos celebrando un Ciclo Formativo - Foro de Debate de Jóvenes representantes de nuestra Federación desde el año pasado, contando con una participación media de 60 delegados y delegadas y miembros de Comités de Empresa de los sectores que representamos (Metal, Construcción, Madera, etfc) y del ámbito territorial de Galicia.

 

Los próximos días 9 y 10 de junio tendrá lugar la sexta jornada de este ciclo, en el Salón de Actos de la sede de UGT en Santiago de Compostela.


En este Encuentro se van a tratar los siguientes temas:

- Ley Concursal y Reforma.

- Inspección de Trabajo y Seguridad Social.

- Responsabilidad Social de las Empresas.

- Diálogo Social.

 

Se puede descargar el programa en el enlace que hay al final de esta noticia.

 

    PROGRAMA 6ª JORNADA JOVENES 9 y 10 JUNIO 2009

Modificado o ( jueves, 04 de junio de 2009 )
 
Malestar de MCA-UGT pola falta de compromiso do Presidente da Xunta Imprimir E-Mail
Escrito por MCA Galicia   
lunes, 18 de mayo de 2009

MCA-UGT Galicia pon de manifesto o seu malestar pola falta de compromiso do actual Presidente da Xunta.

A Federación Galega de Metal, Construción e Afíns da Unión Xeral de Traballadores (MCA-UGT Galicia), ante o anuncio do Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, das axudas directas para a compra de automóbiles, pon de manifesto o seu malestar pola falta de compromiso do actual Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cos traballadores galegos, ao non se implicar nestas axudas.

A Federación Galega de Metal, Construción e Afíns da Unión Xeral de Traballadores (MCA-UGT Galicia), ante o anuncio do Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, das axudas directas para a compra de automóbiles, pon de manifesto o seu malestar pola falta de compromiso do actual Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cos traballadores galegos, ao non se implicar nestas axudas.

O próximo luns, día 18, entrará en vigor unha nova axuda directa para a compra de automóbiles, que consistirá en descontar 2.000 € do prezo final do vehículo sempre e cando os consumidores substitúan un coche con máis de dez anos de antigüidade (ou con 250.000 quilómetros), o custo do novo non supere os 30.000 € e non emita máis de 140 gramos de dióxido de carbono...

Modificado o ( lunes, 18 de mayo de 2009 )
Leer más...
 
El mito del absentismo laboral Imprimir E-Mail
Escrito por MCA   
viernes, 15 de mayo de 2009

El mito del absentismo laboral.

El Secretario de Política Sindical de MCA-UGT reflexiona sobre el manido pero falso argumento y recuerda en nuestro blog que esgrimirlo como hacen algunos sectores –en lugar de afrontarlo con espíritu científico– no contribuye en absoluto al futuro de nuestra industria 

El Secretario de Política Sindical de MCA-UGT recuerda que nuestras patronales, y especialmente, la del sector del automóvil, utilizan permanentemente el argumento del elevado nivel de absentismo laboral como un arma arrojadiza con la que trata de culpabilizar al trabajador de buena parte de los males que padece nuestra economía.

Este argumento, que ya se tiene como un argumento "irrefutable" en muchos foros, es sin embargo falso. Lo es, en primer lugar, porque los parámetros utilizados para definir el absentismo no son los mismos entre nuestro país y el resto de la UE. 

Carlos Romero desmonta en este artículo el argumento patronal y critica la frivolidad temeraria de quien lo utiliza porque su uso perjudica gravemente al futuro de nuestras inversiones industriales.Si quieres leer el articulo y dejar tu opinión sobre el contenido del mismo, entra en la página del blog y participa con un sólo clik.

 http://www.elblogdemcaugt.com

Modificado o ( viernes, 15 de mayo de 2009 )
 
Fábrica de Santa Bárbara Imprimir E-Mail
Escrito por MCA Coruña   
miércoles, 29 de abril de 2009

roberto teijidoNova Carta de Intencións de Santa Bárbara

 A fábrica de Santa Barbara conta cunha nova Carta de Intencións, secundada pola dirección da Compañía, o Concello coruñés e o Comité de Empresa (onde UGT ostenta a maioría), e que supón a renovación da asinada en xaneiro polos representantes dos traballadores e a dirección da empresa, e que xa vencera.

O obxectivo deste documento é o de concretar unha nova situación da factoría «para garantir a súa viabilidade e os postos de traballo, tal e como o comité de empresa vén reivindicado dende fai xa bastante tempo ante as institucións públicas», explicou o Presidente do Comité, Roberto Teijido.

Así mesmo, o Concello (representado pola tenente de alcalde Obdulia Taboadela) súmase á dita carta, non só polo seu compromiso coa Fábrica de Armas e o mantemento do equipo, senón sobre a base das xestións realizadas ante os ministerios de Defensa e Fomento e ante a Xunta para lograr unha nova factoría nun polígono industrial.

Rexuvenecemento

Tal e como se recolle no «plan de transformación, General Dynamics-Santa Bárbara comprométese a manter e ampliar as liñas de produto na nova factoría, pois existe unha boa perspectiva de carga de traballo en calidade e cantidade abondo para manter, rexuvenecer e ampliar o equipo a medio e longo prazo.

O presidente do comité de empresa, Roberto Teijido; o vicepresidente José Carrillo, e o secretario, Andrés López Lafuente, comprometéronse non só á mellora na capacidade produtiva da Fábrica de Armas, senón que insistiron en que o traslado se produza preferentemente dentro do termo municipal da Coruña e non supoña unha mingua nos dereitos dos 215 traballadores que integran o equipo actual.

Modificado o ( viernes, 15 de mayo de 2009 )
 
Curso de prevención de Riscos Imprimir E-Mail
Escrito por MCA   
miércoles, 22 de abril de 2009

O Sindicato Intercomarcal de MCA-UGT A Coruña organiza un curso de Prevención de Riscos Laborais en Cee


Levarase a cabo o próximo día 25 de abril

Os pasados días 6 e 7 de marzo o Sindicato Intercomarcal de MCA-UGT A Coruña levou a cabo unha campaña informativa sobre a tramitación da Tarxeta Profesional da Construción (TPC), para o que o tramitador da TPC neste ámbito visitou a Unión Comarcal de Cee.


En vista de que moitos compañeiros e compañeiras non puideron solicitar a tarxeta por non ter a formación en Prevención de Riscos Laborais obrigatoria, fixéronse xestións coa Fundación Laboral da Construción para solicitar un curso, que se levará a cabo o próximo día 25 de abril.
 

Poden participar neste curso todos os traballadores que o soliciten nos locais de UGT da Unión Comarcal de Cee.

Modificado o ( miércoles, 22 de abril de 2009 )
 
TARXETA TPC Imprimir E-Mail
Escrito por MCA   
jueves, 05 de marzo de 2009

tarxetaCAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE A TARXETA TPC

         Dende comezos do mes de Marzo, o Sindicato Intercomarcal de MCA-UGT A Coruña levará a cabo unha campaña informativa para  TRAMITACIÓN DA TARXETA PROFESIONAL PARA A CONSTRUCIÓN, visitando as Unións Comarcais de Cee, Betanzos y Carballo.         

Ditas visitas realizaranse os días 6 e 7 de Marzo, e recolleranse as solicitudes e documentación dos compañeiros/as interesados/as en solicitar a mesma.

Modificado o ( jueves, 05 de marzo de 2009 )
 
Ratificación do Convenio Xeral da Construción Imprimir E-Mail
Escrito por MCA   
viernes, 20 de febrero de 2009

tarxetaA Audiencia Nacional desestima integramente unha demanda de ELA-STV e CIG contra o convenio xeral da construción e a tarxeta profesional do sector.


A Sala do Social da Audiencia Nacional ditou unha sentenza que desestima integramente a demanda interposta por ELA-STV e CIG contra o IV Convenio Xeral da Construción e máis concretamente, fronte á Tarxeta Profesional da Construción (TPC), tal e como se establece no IV Convenio da Construción. A sentenza ditada con data do pasado día 13 de febreiro desestima integramente as pretensións dos sindicatos demandantes e estima totalmente axustado á legalidade os preceptos do Convenio que foran impugnados...

Modificado o ( viernes, 20 de febrero de 2009 )
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Siguiente > Final >>

Resultados 77 - 95 de 119
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE